Content-Length: 293234 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Constantino_I

Constantino I o Grande - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Constantino I o Grande

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Constantino I»)

Modelo:BiografíaConstantino I o Grande

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Valerius Aurelius Constantinus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Flavius Constantinus Editar o valor en Wikidata
c. 27 de febreiro de 272 Editar o valor en Wikidata
Niš (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 337 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Nicomedia (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
25 de xullo de 306 (Gregoriano) – 22 de maio de 337 (Gregoriano)
Pontífice máximo
25 de xullo de 306 – 22 de maio de 337
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo e relixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, monarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa21 de maio (Igrexa ortodoxa)
6 de abril (Igrexa ortodoxa copta) Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoRei Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloAugusto (título)
César (título) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia constantiniana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMinervina
Fausta Editar o valor en Wikidata
FillosFlavio Xulio Crispo
 () Minervina
Constantina
 () Fausta
Constantino II
 () Fausta
Constancio II
 () Fausta
Helena
 () Fausta
Constante
 () Fausta Editar o valor en Wikidata
PaisConstancio I Cloro Editar o valor en Wikidata  e Helena de Constantinopla Editar o valor en Wikidata
IrmánsFlávia Júlia Constância
Eutrópia
Anastácia
Júlio Constâncio
Flávio Dalmácio
Flavius Hannibalianus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Constantine the Great)
Enciclopedia militar Sytin
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX821765 WikiTree: Rome-195
Mosaico de Constantino I en Santa Sofía; Istambul.

Constantino I o Grande (en latín: Flavius Valerius Aurelius Constantinus), nado en Naissus (actual Niš, en Serbia; daquela pertencente á provincia da Moesia Superior), o 27 de febreiro de 272 e finado en Nicomedia o 22 de maio do 337, foi un gobernador do Imperio Romano.

Fillo dun oficial romano coñecido como Constancio, e que máis tarde pasaría a historia como Constancio I Cloro, e mais Helena, e que máis tarde sería santificada co nome de Santa Helena. A súa nai, de orixe humilde, conviviu co seu pai como concubina, ata que conseguiron casar. O seu pai foi Tribuno, Gobernador Provincial e seguramente Prefecto Pretoriano. Alcanza o grao de César na primeira tetrarquía organizada por Diocleciano o 1 de marzo de 293, polo que se viu obrigado a repudiar a Helena, e casar con Teodora, a irmá do emperador Maximiano. Acada o título de Augustus o 1 de maio do 305, co retiro de Diocleciano e Maximiano como Augustus.

Acceso ó poder

[editar | editar a fonte]
Sólido de Constantino I cuñado na ceca de Tesalónica

Constantino servira entrementres a carón dos emperadores Diocleciano e Galerio. Mantense na corte de Galerio, o emperador da parte Oriental do Imperio, como garantía da conduta do seu pai. Máis tarde trasládase a [[Britania]] para asistilo na campaña contra os pictos. Cando Constancio morre nesa campaña, o 25 de xullo do 306, en Eboracum (a actual cidade de York) o seu fillo esta ó seu carón. As tropas noméano Augustus, e el remata a campaña do seu pai, deixando pacificada a Britania, trasládase ó Continente, á cidade de Augusta Treverorum, que vai ser a súa principal residencia para os vindeiros seis anos. Alí, no 307 casa con Fausta, unha filla de Maximiano, e repudia a súa amante Minervina, quen lle dera o seu primeiro fillo, Crispo.Mentres tanto, en Roma, o senado e máis a Garda Pretoriana chegan a un acordo de nomear a Maxencio, o fillo de Maximiano como emperador, no seu máis baixo estamento, como Princeps, aínda que pouco despois é nomeado Augustus. Era un 28 de Outono do 306. Aínda que Maxencio e Constantino non se tiñan confianza, a situación mantense sen cambios ata o 310, no que morre Maximiano. Este feito abre as hostilidades entre os cuñados e no 312 ten lugar a famosa batalla da Ponte Milvio, onde vence Constantino, quedando como único emperador do Imperio Romano do Occidente.

A Conversión de Constantino

[editar | editar a fonte]

Cando Maximiano e Diocleciano anuncian o seu retiro, no 305, o problema cristián estaba irresolto e as persecucións eran constantes. Xa dende a súa chegada ó poder, Constantino dá por rematadas as persecucións e toma medidas para lle devolver as propiedades ós cristiáns. Pero as súas persoais devocións eran para o deus Marte e Apolo, reverenciado como Sol Invictus.

O siguinte feito na vida relixiosa de Constantino ocorre a noite antes da batalla na Ponte Milvio. Segundo Lactancio, que era o mentor e mestre do fillo de Constantino, Crispo, o emperador tivo un soño no que lle pedían que puxese o sinal da cruz no escudo dos soldados. Vinte e cinco anos despois, no libro de Eusebio sobre a vida de Constantino, hai outra versión moito máis elaborada e menos crible. Camiño de Roma, nun lugar non especificado, Constantino fita no ceo un estraño fenómeno, no que na luz do Sol aparece o sinal da cruz e as verbas "hoc signun victor eris". Durante a seguinte noite, Cristo aparéceselle a Constantino no seu soño e pídelle que o signo que vira no ceo o coloque nas súas insignias de batalla. O novo estandarte da batalla coñécese como "labarum". Hoxe en día ese signo coñécese como lábaro ou crismón.

Sexa ou non certo, Constantino quixo ver que a súa vitoria foi grazas ao apoio da fe no Deus dos cristiáns, e que a súa comprensión desa fe non deixa de ser moi superficial. Pero ademais, o emperador toma estas decisións como político non como unha convicción relixiosa. Tal é así que a súa propia relixiosidade non o levou a tomar o bautismo ata poucos intres antes de morrer, aínda que este costume estaba moi arraigado entre os cristiáns daquela época, que non se bautizaban máis que nos seus derradeiros días.

En febreiro do 313, Constantino e Licinio xúntanse en Milán cara a conseguir unha política relixiosa común. Uns meses despois desa xuntanza, Licinio dá a coñecer un edicto, que é coñecido como Edicto de Milán, non que se expón os acordos desta xuntanza, que non son outros que a liberdade relixiosa no Imperio e a devolución das posesións dos cristiáns. Licinio non esta moi preto desa política, e ademais as persecucións no Oriente continuaron a pesar do Edicto. Tampouco aquí hai que ollar esta política como unha unión de Constantino coa Igrexa, senón máis ben como un instrumento da política imperial.

Nesta política, pronto descobre que a Igrexa non estaba unida. O primeiro problema desta falta de unidade co que se atopa está en África. Alí había os seguidores de Donato Magno, chamados donatistas, e que elixen o seu propio bispo. Estes, en abril do 313 presentan unha queixa contra Cecilio, o bispo de Cartago. Constantino convoca un sínodo en Roma para aclarar estes problemas. O Sínodo de Roma dálle a razón a Cecilio, pero os donatistas presentan unha queixa diante de Constantino. Este, xa para rematar coa controversia, convoca outro gran Sínodo en Arlés coa presenza de 33 bispos, que se celebra en agosto do 314. De novo, chegan a conclusión de ir en contra das teses dos donatistas. Constantino tenta entón de acabar con eles, xa que non aceptan os resultados do Sínodo, pero non o consegue e os donatistas terán unha gran presenza no Norte de África durante os dous séculos seguintes.

Nese tempo remata a construción do Arco de Constantino en Roma a tempo para celebrar o décimo aniversario da súa subida ó trono imperial. Pero nas celebracións, omítense por vez primeira os sacrificios ós deuses pagáns, que eran tradicionais. Ademais, Constantino quixo deixar a súa marca na cidade de Roma, especialmente nas súas construcións, tanto relixiosas como seculares. No Forum Romanun, completou a basílica que non rematara Maxencio. No outeiro do Quirinal, onde hoxe en día residen os presidentes da República Italiana, constrúe uns baños públicos. A Basílica de San Xoán de Letrán, a Basílica de San Pedro e a Basílica de San Sebastián na Via Appia, son construcións de Constantino. É de especial interese a Basílica de San Marcelino e Pedro, na antiga Via Labicana, porque comeza por ser o mausoleo de Constantino e maila súa familia, pero co tempo só recibe o corpo da súa nai, Santa Helena, e hoxe en día é coñecida como a Torre Pignattara.

O Conflito con Licinio

[editar | editar a fonte]

Os acordos do 313 entre os dous emperadores nacera máis por necesidade. Constancia, a medio irmán de Constantino e esposa de Licinio tiña a súa influencia, pero con todo as hostilidades rachan no 316. No curso da primeira guerra teñen lugar dúas batallas. A primeira delas en Cibalae, na Pannonia, onde os exércitos de Licinio perden unha gran cantidade de homes e armas. A segunda batalla coñecida como Campus Ardiensis, a vitoria non esta clara para ningún dos dous bandos. Esta guerra é coñecida polo nome de bellum Cibalense. Esta guerra deixa a Licinio como Augustus, pero ten que ceder tódalas provincias europeas ata a Tracia en mans de Constantino.

O 1 de marzal do 317, en Serdica (a moderna Sofia), Constantino nomea tres césares. Son os seus fillos, Crispo, de sete anos de idade, Constantino, de menos de sete meses e máis Licinio, de vinte meses e fillo de Licinio. Pero a Concordia Augustorum e fráxil e as tensións chegan de novo, en parte pola política relixiosa e en parte porque as vellas sospeitas voltan a saír a superficie. E volve a guerra no 324. Constantino desfai o exército de Licinio, primeiro en Adrianópolis na Tracia e despois en Crisopóle, no Bosforo. Escoitando as pregarias de Constancia, perdoa a vida o seu cuñado, pero algúns meses máis tarde, ordena a súa morte, rachando co seu xuramento, xa que as manobras de Licinio para volver ó poder nunca remataran. Queda entón como único emperador do Imperio Romano. Totius Orbis Imperator é a lenda gravada nos edificios públicos e nas cuñaxes de moedas.

O Concilio de Nicea e a Controversia Ariana

[editar | editar a fonte]

Moi pronto, no século IV as controversias no seo da Igrexa sobre a natureza do fillo de Deus estalan. Arrio, un sacerdote de Alexandría, predica que Cristo non tiña natureza de Deus, senón que o Pai, O Fillo e mailo Espírito Santo non eran tres persoas distintas, senón hipostasias diferentes, e máis concretamente que o fillo era unha criatura de Deus, e polo tanto o seu subordinado. Pero estas ensinanzas son condenadas e Arrio é excomungado por un Concilio dirixido por Alexandre, bispo de Alexandría no 318. Pero isto non remata co problema, e Osio de Córdoba falla no seu intento de atopar unha conciliación.

Constantino vese na obriga de facer o primeiro Concilio Ecuménico da Igrexa. A primeira sesión celebrase nos salóns do Pazo de Nicea o 20 de maio do 325. Constantino preside e abre coas primeiras verbas do Concilio. Nel formúlase por vez primeira o Credo, que foi posteriormente revisado polo Concilio de Constantinopla no 382, pero é coñecido como Credo de Nicea. Afirma a homomisión e a consubstancialidade. A maior importancia acada no concilio a persoa de Atanasio, prior do bispo de Alexandría e sucesor de Alexandre. Arrio foi condenado, pero a doutrina ariana convive longamente coas teses oficiais da igrexa. Tal é así que Constantino chama ó seu carón a Eusebio de Nicomedia, un bispo ariano que estaba exiliado dende o 325. Cando volta como asesor espiritual do emperador no 327, Atanasio protesta pola política do emperador, pero no 335 el tamén foi a exilio en Tréveris.

A Crise da Familia Imperial

[editar | editar a fonte]

No ano 326, Constantino ordena a morte do seu fillo máis vello Crispo, que fora nomeado César no 317, fora cónsul por dúas veces e participara na guerra contra Licinio. No mesmo ano, Constantino parece que tamén ter que ver coa morte da emperatriz Fausta, a nai de tres dos seus fillos. A conexión entre as dúas mortes é probable, tal que Zósimo conta que Crispo estaba baixo sospeita de estar envolto nas intrigas de Fausta, e que esta morre pouco despois de que Helena, a nai de Constantino o reprenda publicamente da morte do seu fillo. O certo é que ós dous se lles aplica a damnatio memoriae e que esta nunca se volveu a rehabilitar. Tampouco pode ser excluída algún tipo de participación de Santa Helena nos acontecementos, pero esta demostrada a de Constantino. Pouco despois destes acontecementos, Santa Helena fai unha peregrinación a Terra Santa. Quíxose ver nesta peregrinación un acto de expiación dos seus pecados o dos de seu fillo. Durante a peregrinación ela impresionou a Eusebio de Cesarea pola súa piedade, caridade e humildade. Participa dalgún xeito na construción da Igrexa da Natividade en Belén, a Igrexa de Santa Helena no Monte das Oliveiras e sobre todo na do Santo Sepulcro. Unha tradición fai de Santa Helena a que atopou ou inventou a Vera Cruz, onde foi crucificado Xesús Cristo.

A Nova Roma

[editar | editar a fonte]

Durante a primeira tetrarquía Tréveris, Milán, Tesalónica e Nicomedia serviran como residencias imperiais, e a importancia de Roma fora reducida considerablemente. Constantino non quere ir máis lonxe e busca unha nova sede imperial, refundando unha antiga cidade grega, Bizancio, á que chama Nova Roma. Esta cidade pasará á historia co nome do seu fundador, Constantinopla o cidade de Constantino. Hoxe en día coñecida como Istambul.

Fai dela a capital do Imperio, e a súa elección terá grandes consecuencias. Pero non é unha elección ó azar, senón pola súa situación xeográfica, xa que esta rente dos Balcáns e poder chegar rapidamente ás fronteiras do Imperio. Ademais controlaba o paso do Bósforo e estaba moi ben situada para o seu desenvolvemento económico, xa que era o cruzamento de tódolos camiños e do comercio europeo e asiático cara aos dous continentes.

O 8 de novembro do 324, só dous meses despois da súa vitoria sobre Licinio en Crisópole, Constantino fixa os límites da cidade, cuadriplicando o seu territorio. No 328, as murallas da cidade xa están listas e o 11 de maio do 330 recibe o nome de Nova Roma. A cidade, tanto nas institucións como no físico parécese á antiga Roma. Tamén esta construída sobre sete outeiros, ten o senado e os seus habitantes reciben subvencións de gran. Constantino completa e alarga o hipódromo da cidade, deica a columna das serpes de Delfos. O Pazo Imperial ten acceso directo á cadra e palco imperial do hipódromo. Un monumento bastante controvertido é a columna de Constantino, en pleno foro de Constantino, que está feita de fósforo, de 25 m de altura e coroada por unha estatua de Helios, aínda que se di que é o propio Constantino.

Constantino inicia a construción das dúas máis grandes igrexas de Constantinopla, a de Santa Sofia e de Santa Irene. A terceira delas, a Igrexa dos Santos Apóstolos, tamén pode serlle atribuída. Só Roma pode comparárselle en monumentos, pero esencialmente pagáns, e a Nova Roma nace como unha cidade cristiá.

O Goberno de Constantino

[editar | editar a fonte]

A ideoloxía de Constantino era o seu exacerbado conservadorismo. O seu apoio ó cristianismo non leva a unha reordenación da sociedade nin a trocar o sistema legal. Refractario ós cambios, mantén e completa o sistema de cambios feito por Diocleciano, especialmente na administración provincial e na organización do exército.

Un dos máis notables cambios refírese ós prefectos pretorianos, que se constituíran en auténticos ministros asesores dos augustus ou césares, pero que el elimina e disolve, creando as Schola Palatinae, unhas unidades de elite da cabalaría composta na súa meirande parte por xinetes de orixe xermánica. Ademais, os mandos do exército nas fronteiras deixan de ter o poder que mantiveran ata entón, xa que o exército pasa a ser unha gran reserva central con gran mobilidade para se achegar ós puntos onde xurdira o conflito, en detrimento dos exércitos establecidos nas fronteiras e raias do Imperio, o que daba pé a un gran poder para os gobernadores e militares que estaban ó seu mando. Esta reforma limita o poder dos Gobernadores ó ámbito civil. Esta reforma comezada por Diocleciano e rematada por Constantino, mantense practicamente inalterada ata o fin do Imperio.

Artigo principal: Moeda constantiniana.

Na súa reforma económica, impón unha nova moeda, o solidus de ouro, que se manterá durante centurias como moeda oficial. Outras moedas introducidas no tempo de Constantino foron: o semissis, que tiña o valor de medio solidus, ou o scripulum, que valía uns 3/8 de solidus. Tamén se variaron as moedas de prata, xa que aparecen o miliarense e a scripula. Nas cuñaxes de moeda pode seguirse a evolución de Constantino, xa nun primeiro intre, no reverso estaba o deus Marte, e máis tarde foi Apolo o elixido. Pero, a partir do 312, este reverso cambia e o crismón aparece sobre a coiraza de Constantino.

Campañas militares

[editar | editar a fonte]

Dende a súa vitoria sobre Maxencio no 312 na Ponte Milvio, Constantino non fixo máis que afianzar o seu poder sobre o Imperio Occidental. O Edicto de Milán no 313 con Licinio era unha consecuencia política, pero Licinio non a aplicou no Imperio Oriental, a e a súa loita e guerra civil no 324 pode ollarse como unha loita relixiosa. A súa vitoria fíxoo emperador dun Imperio unido de novo, pero non remataron aí os seus problemas militares, ós que lle tivo que facer fronte.

Xa entre os anos 306 e 308, formando parte da tetrarquía, tivo que loitar contra dos francos e alamáns, para repetir esta guerra contra os francos no 314-315. Na fronteira xermana tamén ten que rexeitar os visigodos no 332. Contra os sármatas no 334, para volver no 336 a loitar na fronteira danubiana.

O problema da sucesión

[editar | editar a fonte]

Unha das cousas que Constantino non deixou ben arranxado foi o problema da súa sucesión. Xa nomeara césares os seus fillos Constantino II no 317, Constancio II no 324 e Constante no 333. Pero nos seus dous derradeiros anos sumara un cuarto césar, Flavio Dalmacio, que era o seu sobriño. A idea de Constantino era a dun só gobernante e os outros césares tiñan tarefas administrativas e controladoras, pero a historia demostrou que a súa sucesión foi sanguenta e moi afastada da súa intención de manter o Imperio unido e forte.

Anos finais. Morte e enterro

[editar | editar a fonte]

Entre os anos 325 e 337 Constantino continúa a ser un forte apoio para a Igrexa, con doazóns de cartos e lexislación específica. A prohibición de sacrificios pagáns así como que os templos non se poidan arranxar, amén das confiscacións dos tesouros destes templos, que pasan ao tesouro imperial. Funda numerosas igrexas pero son coñecidas as do Santo Sepulcro en Xerusalén ou o Octógono Dourado en Antioquía.

Pouco despois da Pascua do 337, Constantino empeza a se sentir enfermo. Viaxa cara a Drepanum, para rezar diante da tumba do mártir favorito da súa nai, Luciano. De volta deste viaxe, chega a Nicomedia, onde se fai bautizar, ó parecer polo bispo ariano Eusebio de Nicomedia.

Constantino falece poucos días despois, o día de Pentecoste, o 22 de maio do 337, vestindo as roupas brancas dos cristiáns neófitos en Nicomedia. O seu corpo foi embalsamado en Constantinopla e exposto no Pazo Imperial . O seu cadaleito instálase na Igrexa dos Santos Apóstolos, debaixo das súas esculturas.

Os seus fillos toman posesión o 9 de setembro, pero non así os seus sobriños, que xa foran asasinados. As loitas polo poder empezan dende entón, así como comezan a aflorar as tensións entre os pagáns, cristiáns e arianos dentro da corte.

O Emperador Constantino foi chamado como o máis importante emperador da Antigüidade tardía. A súa personalidade puxo os fundamentos da civilización posclásica europea. O seu reinado foi axitado e cheo de acontecementos dramáticos. A súa vitoria na Ponte Milvio viuse frecuentemente como un dos intres máis decisivos na historia mundial. O seu apoio ó Cristianismo e a fundación dunha "Nova Roma" en Bizancio fixo desa decisión unha das máis importantes polas súas consecuencias na historia posterior de Europa. O certo é que o feito de que os dez emperadores seguintes levaran o seu nome dá unha idea da importancia e estima acadada por Constantino e a súa obra.

As súas leis protexendo o cristianismo, a lexislación sobre os escravos e presos para a súa protección, aínda que moi febles, puxo en camiño unha maior sensibilidade para eles, a pena de morte para os abusos dos recadadores de impostos e o descanso dominical nos labores diarios, son algunhas das leis que quedaron para a posteridade.

A Igrexa ortodoxa fíxoo santo, celebrándose o seu día o 21 de maio, data do seu pasamento, en conxunto coa súa nai, Santa Helena, sendo o día 3 de setembro cando se celebra o seu propio día santo San Constantino I.

Doazón de Constantino

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Doazón de Constantino.

Nos ritos católicos non foi considerado apropiado que Constantino só fose bautizado pouco antes da súa morte por un bispo ortodoxo, xa que ía en contra da autoridade papal. Por isto, apareceu, a comezos do século IV, unha lenda que dicía que o papa Silvestre I (314–335) curara ao emperador da lepra. Segundo esta, Constantino fora bautizado moito tempo antes da súa morte e comezara a constituír unha igrexa no Palacio de Letrán.[1] No século VIII, probablemente durante o pontificado de Estevo III (752–757), apareceu por primeira vez un documento chamado Doazón de Constantino, nel o emperador recoñecía ao papa como soberano e doáballe "a cidade de Roma e todas as provincia, distritos e cidades de Italia, así como o resto do Imperio Romano de Occidente a Silvestre e os seus sucesores."[2] Na Alta Idade Media, este documento foi aceptado e utilizado como base do poder temporal papal, a pesar de que o emperador Otón III o denuncio como falso.[3][4] Finalmente, isto confirmouse no século XV, cando o filósofo italiano Lorenzo Valla probou que se trataba dunha falsificación.[5]

  1. Lieu, "Constantine in Legendary Literature" (CC), 298–301.
  2. Constitutum Constantini 17, qtd. in Lieu, "Constantine in Legendary Literature" (CC), 301–3.
  3. Henry Charles Lea, "The 'Donation of Constantine'". The English Historical Review 10: 37 (1895), 86–7.
  4. Inferno 19.115; Paradisio 20.55; cf. De Monarchia 3.10.
  5. Fubini, 79–86; Lenski, "Introduction" (CC), 6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alföldi, Andrew. The Conversion of Constantine and Pagan Rome. Tradución de Harold Mattingly. Oxford: Clarendon Press, 1948.
  • Anderson, Perry. Passages from Antiquity to Feudalism. Londres: Verso, 1981 [1974]. ISBN 0-86091-709-6
  • Arjava, Antii. Women and Law in Late Antiquity. Oxford: Oxford University Press, 1996. ISBN 0-19-815233-7
  • Armstrong, Gregory T. "Church and State Relations: The Changes Wrought by Constantine." Journal of Bible and Religion 32 (1964): 1–7.
  • Armstrong, Gregory T. "Constantine's Churches: Symbol and Structure." The Journal of the Society of Architectural Historians 33 (1974): 5–16.
  • Barnes, Timothy D. "Lactantius and Constantine." The Journal of Roman Studies 63 (1973): 29–46.
  • Barnes, Timothy D. Constantine and Eusebius. Cambridge, MA: Harvard University Press, 1981. ISBN 978-0-674-16531-1
  • Barnes, Timothy D. The New Empire of Diocletian and Constantine. Cambridge, MA: Harvard University Press, 1982. ISBN 0-7837-2221-4
  • Barnes, Timothy D. "Constantine and the Christians of Persia." The Journal of Roman Studies 75 (1985): 126–136.
  • Baynes, Norman H. (1930). Constantine the Great and the Christian Church. Londres: Milford. 
  • Bowman, Alan K. "Diocletian and the First Tetrarchy." In The Cambridge Ancient History, Volume XII: The Crisis of Empire, editado por Alan Bowman, Averil Cameron, e Peter Garnsey, 67–89. Cambridge University Press, 2005. ISBN 0-521-30199-8
  • Burckhardt, Jacob (1949). The Age of Constantine the Great. London: Routledge. 
  • Cameron, Averil (1993). The later Roman empire : AD 284–430. Londres: Fontana Press. ISBN 0-00-686172-5. 
  • Cameron, Averil. "The Reign of Constantine, A.D. 306–337." In The Cambridge Ancient History, Volume XII: The Crisis of Empire, editado por Alan Bowman, Averil Cameron, e Peter Garnsey, 90–109. Cambridge University Press, 2005. ISBN 0-521-30199-8
  • Cameron, Averil e Stuart G. Hall. Life of Constantine. Oxford: Clarendon Press, 1999. ISBN 0-19-814917-4.
  • Curran, John. Pagan City and Christian Capital. Oxford: Clarendon Press, 2000. Hardcover ISBN 0-19-815278-7 Paperback ISBN 0-19-925420-6
  • Dagron, Gilbert. Naissance d'une Capitale: Constantinople et ses instititutions de 330 a 451. París: Presses Universitaires de France, 1984. ISBN 2-13-038902-3
  • Digeser, Elizabeth DePalma. The Making of A Christian Empire: Lactantius and Rome. Londres: Cornell University Press, 2000. ISBN 0-8014-3594-3
  • Eadie, John W., ed. (1971). The conversion of Constantine. Nova York: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-03-083645-X. 
  • Pelikán, Jaroslav (1987). The excellent empire : the fall of Rome and the triumph of the church. San Francisco: Harper & Row. ISBN 0-06-254636-8. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Constantino_I

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy