Ecdótica
Ecdótica en filoloxía é a crítica do texto cuxa finalidade é a de aproximar de novo un texto o máis posíbel á súa forma orixinaria, é dicir, á que quixo o autor. Deriva do grego ἔκδοτος ékdotos editado: ecdótica é o termo usado polo filólogo francés Dom Henri Quentin (1872-1935).
A crítica textual abrangue todo tipo de texto, do literario ao musical.
Tal crítica necesita o coñecemento doutros campos do saber, entre os cales están a historia, a literatura, a lingua e a filosofía subxacentes ao texto. No caso dun texto literario, a finalidade da ecdótica é establecer a edición do texto mesmo, posibelmente unha edición crítica.
Historia
[editar | editar a fonte]Nada no período helenístico co obxectivo da restauración dos textos, a crítica textual adornouse durante o humanismo coa contribución de varias disciplinas, das históricas ás xurídicas.
A finais do século XVIII, grazas aos progresos da filoloxía, da técnica formal e da elaboración de referencias e modelos racionais, asumiu, aínda máis conscientemente, a función de historiador da tradición do libro que se estaba a examinar.[1]
Fases
[editar | editar a fonte]Habitualmente, a ecdótica segue as fases seguintes:[1]
- Recoñecemento da tradición, ou sexa, a recuperación de todos os materiais aptos para a reconstrución do texto. a tradición subdivídese en directa, no caso de textos impresos, manuscritos, esbozos, e no tipo indirecto, en presenza de comentarios, citacións, imitacións e traducións.
- Colocación da tradición directa.
- Eliminación das copias das que dispoñamos do orixinal.
- Definición do chamado stemma codicum ou árbore xenealóxica, é dicir, a representación dos varos estadios de modificación do texto sucedidos durante a transmisión.
- Conxectura. Onde intervén a tradición indirecta, por medio de operacións de tipo intuitivo e interpretativo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giorgio Pasquali, Storia della tradizione e critica del testo, Firenze, 1954. (en italiano)
- Gianfranco Contini, Breviario di ecdotica [1986], Torino, Einaudi, 1990. (en italiano)
- Cesare Segre, Due lezioni di ecdotica, Pisa, Scuola normale superiore, 1991. (en italiano)
- Giorgio Inglese, Come si legge un'edizione critica. Elementi di filologia italiana, Roma, Carocci, 2003. (en italiano)