Content-Length: 77952 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Pirofosfato_de_xeranilxeranilo

Xeranilxeranil pirofosfato - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xeranilxeranil pirofosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pirofosfato de xeranilxeranilo»)
Xeranilxeranil pirofosfato
Identificadores
Número CAS 6699-20-3
PubChem 447277
ChemSpider 394418
MeSH geranylgeranyl+pyrophosphate
ChEBI CHEBI:48861
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C20H36O7P2
Masa molar 450,44 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O xeranilxeranil pirofosfato ou pirofosfato de xeranilxeranilo é un intermediario na vía da HMG-CoA redutase ou do mevalonato utilizada por moitos organismos na biosíntese de terpenos e terpenoides.[1] Nas plantas é tamén o precursor dos carotenoides, xiberelinas, tocoferois, e clorofilas.

É tamén un precursor utilizado na xeranilxeranilación de proteínas (un tipo de prenilación).

Na mosca Drosophila, o xeranilxeranil pirofosfato é sntetizado polo encima HMG-CoA codificado no xene Columbus. O xeranilxeranil pirofosfato é utilizado como un quimioatractor para a migración de células xerminais que atravesaron o epitelio do intestino medio do insecto. O sinal atractor é producido nos precursores gonadais, e dirixe as células xerminais a eses sitios, onde se diferencian en ovos e espermatozoides.

Compostos relacionados

[editar | editar a fonte]
  1. Cholesterol Synthesis Arquivado 04 de xullo de 2017 en Wayback Machine., Rensselaer Polytechnic Institute]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Pirofosfato_de_xeranilxeranilo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy