Código binario
O código binario o/u sistema binario é un sistema de numeración posicional no que todas as cantidades se representan utilizando como base o número dous, co que se dispón de dúas cifras: cero e mais un (0 e 1).
Os computadores dixitais traballan internamente con dous niveis de voltaxe/carga, polo que o seu sistema de numeración natural é o sistema binario (aceso/ apagado). Con efecto, nun sistema simple coma este é posible simplificar o cálculo, co auxilio da lóxica booleana. En computación, chámaselle bit a un díxito binario (0 ou 1).
Ademais, este sistema de numeración permite a transmisión de datos cun risco nulo de interferencias.[Cómpre referencia]
Un número binario é un número expresado no sistema numérico de base 2.[1]
Contar en binario
[editar | editar a fonte] Número decimal | Número binario |
---|---|
0 | 0 |
1 | 1 |
2 | 10 |
3 | 11 |
4 | 100 |
5 | 101 |
6 | 110 |
7 | 111 |
8 | 1000 |
9 | 1001 |
10 | 1010 |
11 | 1011 |
12 | 1100 |
13 | 1101 |
14 | 1110 |
15 | 1111 |
Contar é como ir sumando 1 por tanto o seguinte número dun número acabado en 0 é o mesmo acabado en 1 e se acaba en cero hai que ter en conta o carrexo e poñer a cero todos os 1 á esquerda ata o seguinte 0 que ficará a 1.
Operacións con binarios
[editar | editar a fonte]Conversión binario a decimal
[editar | editar a fonte]Dado un número N, binario, unha forma de convertelo en decimal é aplicar o teorema xeral da numeración posicional, e así escribir cada número que o compón (bit), multiplicado pola base do sistema (base = 2), elevado á posición que ocupa. Exemplo:
1001(binario)
1 × 23 + 0 × 22 + 0 × 21 + 1 × 20 = 9
Polo tanto, 10012 é 9 en decimal.
Decimal a binarios
[editar | editar a fonte]Dado un número decimal, para convertelo en binario, basta dividilo sucesivamente por 2, anotando o resto da división enteira:
12(decimal)
12 / 2 = 6 + 0
6 / 2 = 3 + 0
3 / 2 = 1 + 1
1 / 2 = 0 + 1
Observe que é só ler os números de baixo para riba, ou sexa 1100 é 12 en binario
Suma de números binarios
[editar | editar a fonte]Recordando as seguintes sumas básicas:
- 0+0=0
- 0+1=1
- 1+1=10
Así, ao se sumar 100110101 con 11010101, tense:
100110101 + 11010101 ----------- 1000001010
Opérase como en decimal: comezase a sumar desde a esquerda, no exemplo, 1+1=10, entón escríbese 0 e "levase" 1. Somase este 1 á columna seguinte: 1+0+0=1, e séguese ata terminar todas as columnas (exactamente como en decimal).
Resta de números binarios
[editar | editar a fonte]No sistema numeral orixinal, faise exactamente igual que en decimal:
100110101 - 11010101 ----------- 1100000
Nas computadores, faise un método especial de suma por complemento a dous.
Produto de números binarios
[editar | editar a fonte]O produto de números binarios é especialmente simple, xa que o 0 multiplicado por calquera cousa resulta 0, e o 1 é o elemento neutro do produto.
Por exemplo, a multiplicación de 10110 por 1001:
10110 × 1001 --------- 10110 00000 00000 10110 --------- 11000110
División de números binarios
[editar | editar a fonte]Esta é unha operación un tanto complexa en binario, cuxo desenvolvemento non imos tratar.
exemplo: 21/2 01 10/2 21 = 10101 0 5/2 'º 2 1 2/2 0 1
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "3.3. Binary and Its Advantages — CS160 Reader". computerscience.chemeketa.edu. Consultado o 22 May 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]