Content-Length: 188161 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Vesuvio

Monte Vesuvio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Monte Vesuvio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vesuvio»)
Modelo:Xeografía físicaMonte Vesuvio
(it) Vesuvio
(en) Monte Vesuvio Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe
Tipoactive volcano (en) Traducir
Estratovolcán
atracción turística
montaña Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaVesuvius National Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaCidade metropolitana de Nápoles, Italia e Provincia de Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°49′17″N 14°25′32″L / 40.8214, 14.4256
CordilleiraQ3618573 Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.281 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.232 m Editar o valor en Wikidata
Material usadoTefrito (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
24 de agosto de 79 Erupción do Vesuvio no ano 79
1631 15 de decembro de 1631 (Xuliano)-19 de decembro de 1631 (Xuliano)Mount Vesuvius eruption of 1631 (en) Traducir
1861 eruption of Mount Vesuvius in 1861 (en) Traducir
1872 Erupción volcánica
1906 Vesuvius eruption of 1906 (en) Traducir
1944 eruption of Mount Vesuvius in 1944 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Monte Vesuvio[1] italiano: Monte Vesuvio, é un somma-estratovolcán situado na baía de Nápoles na Campania, Italia, preto da cidade de Nápoles e a unha curta distancia da costa. É un de varios volcáns que forman o arco volcánico da Campania. O Vesuvio consiste nun gran cono volcánico, parcialmente circundado polo bordo escarpado dun cume causado polo colapso dunha estrutura anterior e orixinalmente moito máis alta.

É un volcán de tipo vesuviano, aos que dá nome. Caracterízase por alternar erupcións de piroclastos con erupcións de coadas lávicas, dando lugar a unha superposición en estratos que fai que este tipo de volcáns alcance grandes dimensións. Outros volcáns de tipo vesuviano son o Teide ou o Fuji.

É famoso pola erupción que no ano 79 sepultou as cidades romanas de Pompeia e Herculano, así como varios outros asentamentos, permitindo conservalas intactas até que se redescubriron no século XVII. Hoxe son localizacións arqueolóxicas que permiten investigar a cultura romana e a vida dunhas cidades que permaneceron sen alterar desde a Idade Antiga.

A erupción expulsou unha nube de pedras, cinzas e gas volcánico a unha altura de 33 km., guindou rocha fundida e pulverizada pedra pómez a razón de 6×105 por segundo,[2] liberando en última instancia cen mil veces a enerxía térmica lanzada polos bombardeos de Hiroshima-Nagasaki. Máis de 1.000 persoas morreron na erupción, pero os números exactos descoñécense. O único relato dunha testemuña ocular supervivente do evento consiste en dúas cartas de Plinio o Novo ao historiador Tácito.

O Vesuvio estalou moitas veces desde entón e é o único volcán no continente europeo que estalou nos últimos cen anos. Hoxe en día, é considerado como un dos volcáns máis perigosos do mundo debido á poboación de 3.000.000 de persoas que viven preto e a súa tendencia a erupcións violentas e explosivas do tipo pliniano, facéndoa a rexión volcánica máis densamente poboada do mundo.[3]

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

O Vesuvio ten unha longa tradición histórica e literaria. Foi considerado como unha divindade do tipo Genius no momento da erupción do ano 79 DC: aparece baixo o nome Vesuvio como unha serpe nos frescos decorativo de moitas lararia, ou santuarios domésticos, que sobreviviron en Pompeia. Unha inscrición en Capua[4] IOVI VESVVIO indica que se adorou como un poder de Xúpiter; e dicir, Jupiter Vesuvius.[5]

O historiador Diodoro Sículo relata unha lenda na que Hércules, no desempeño dos seus traballos, pasou polo país preto de Cumas no seu camiño a Sicilia e atopou alí un lugar chamado "Campos Flégreos", (phlegraion pedion, "campos de lume"), "dun outeiro que antiguamente vomitou lume ... agora chamado Vesuvio".[6] Habitada por bandidos, "os fillos da Terra", que eran xigantes. Coa axuda dos deuses pacificou a rexión e continuou. Os feitos detrás da tradición, se os hai, seguen sendo descoñecidos, do mesmo xeito que se Herculano se chamou así por iso. Un epigrama do poeta Marcial no ano 88 DC suxire que tanto Venus, patroa de Pompeia, como Hércules foron adorados na rexión devastada pola erupción do 79.[7] O Monte Vesuvio considerábase polos romanos como dedicado ao heroe e semideus Hércules.[8]


Cidade de Nápoles co Monte Vesuvio

Cidade de Nápoles co Monte Vesuvio


Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

Vesuvius era o nome do volcán usado frecuentemente polos autores no fin da República Romana e no inicio do Imperio Romano. As súas formas colaterais eran: Vesaevus, Vesevus, Vesbius e Vesvius.[9] Os escritores en grego antigo chamábano Οὐεσούιον ou Οὐεσούιος. Moitos eruditos desde entón ofrecen unha etimoloxía. Como diversos pobos, etnias e linguas ocuparon a Campania desde a idade de ferro, a etimoloxía depende en gran parte de que lingua falada entón. Nápoles foi colonizada polos gregos, co nome Nea-polis, "Nova Cidade". Os oscanos, un pobo itálico, vivían no campo. O Latín tamén competiu na ocupación de Campania. Os asentamentos etruscos tamén estaban na veciñanza. Varios autores antigos tamén falan doutros pobos de procedencia descoñecida que estiveron alí nalgún momento.

Algunhas teorías sobre a súa orixe son:

  • Do grego οὔ = "non" prefixado a unha raíz de ou relacionado coa palabra grega σβέννυμι = "eu apago", no sentido de "inextinguible".[9][10]
  • De grego ἕω = "lanzo" e βίη "violencia", "lanzado violentamente", *vesbia, aproveitando a forma colateral.[11]
  • Dunha raíz indoeuropea, * eus- <* ewes- <* (a) wes-, "brila" no sentido "o que ilumina", a través do Latín ou Osco.[12]
  • Dunha raíz indoeuropea raíz wes = "cheminea" (compare por exemplo Vesta)
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lácrima_Christi.
  2. Woods, Andrew W. (2013). "Sustained explosive activity: volcanic eruption columns and hawaiian fountains". En Fagents, Sarah A.; Gregg, Tracy K. P.; Lopes, Rosaly M. C.(editors). Modeling Volcanic Processes: The Physics and Mathematics of Volcanism. Cambridge: Cambridge University Press. p. 158. ISBN 978-0521895439. 
  3. McGuire, Bill (16 de outubro de 2003). "In the shadow of the volcano". The Guardian. Consultado o 8 de maio de 2010. 
  4. CIL x.1, 3806.
  5. Waldstein 1908, p. 97
  6. Book IV, Chapter 21.
  7. Waldstein 1908, p. 108 re Epigram IV line 44.
  8. Kozák, Jan; Cermák, Vladimir (2010). Vesuvius-Somma Volcano, Bay of Naples, Italy. The Illustrated History of Natural Disasters. pp. 45–54. ISBN 978-90-481-3325-3. 
  9. 9,0 9,1 Lewis, Charlton T.; Short, Charles (2010) [1879]. "Vesuvius". A Latin Dictionary. Medford, MA: The Perseus Project, Tufts University. 
  10. Phillips, John (1869). Vesuvius. Oxford: Clarendon Press. pp. 7–9. 
  11. Charnock, Richard Stephen (1859). Local etymology, a derivative dictionary of geographical names. London: Houlston and Wright. p. 289. 
  12. Pokorny, Julius (1998–2003) [1959]. "eus, awes". En Lubotsky, A.; Starostin, G. Indogermanisches etymologisches Woerterbuch (en German). Leiden: Leiden University. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Vesuvio

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy