Aeroporto Internacional John F. Kennedy
Aeroporto Internacional John F. Kennedy John F. Kennedy International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | Cidade de Nova York | ||
Operador | Autoridade Portuaria de Nova York e Nova Jersey | ||
Cidade/Illa | Nova York | ||
Localización | Queens, Nova York | ||
Elevación (msnm) | 4 metros / 13 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
pés | metros | ||
4L/22R | 11.351 | 3.460 | Cemento e Asfalto |
4R/22L | 8.400 | 2.560 | Asfalto |
13L/31R | 10.000 | 3.048 | Asfalto |
13R/31L | 14.572 | 4.442 | Cemento e Asfalto |
Heliporto(s) | |||
Número | Longo | Superficie | |
pés | metros | ||
H1 | 18 | 60 | Asfalto |
H2 | 60 | 18 | Asfalto |
H3 | 60 | 18 | Asfalto |
H4 | 60 | 18 | Asfalto |
Estatísticas (2011 [1]) | |||
Operacións Aéreas | 408,913 | ||
Pasaxeiros | 47,683,529 |
O Aeroporto Internacional John F. Kennedy (IATA: JFK, OACI: KJFK, FAA LID: JFK) orixinalmente coñecido como o Aeroporto Idlewild, é un aeroporto internacional localizado en Queens ao sueste da cidade de Nova York, Estados Unidos, a uns 20 km de Manhattan.
O aeroporto está operado pola Port Authority of New York and New Jersey (Autoridade Portuaria de Nova York e Nova Jersey), que tamén opera tres aeroportos na área metropolitana da cidade de Nova York (o Newark Airport, o LaGuardia e o Teterboro), mais o John F. Kennedy é o máis grande de todos. É a base de operacións de JetBlue Airways e o aeroporto de entrada principal internacional para Delta Air Lines e American Airlines.
O JFK é o aeroporto con maior cantidade de entradas de pasaxeiros internacionais nos Estados Unidos e tamén en cargo. As saídas internacionais de JFK representaron o 17 % de todos os pasaxeiros que viaxaron transoceánicamente no 2004, a porcentaxe máis grande nos Estados Unidos. No 2000, dirixiu por termo medio 50 000 pasaxeiros internacionais ao día. A ruta que conecta este aeroporto co de Heathrow en Londres é a ruta máis transitada en voos internacionais dos Estados Unidos con máis de 2,9 millóns de pasaxeiros no ano 2000.
Aínda que é coñecido como o aeroporto con maior número de pasaxeiros internacionais, tamén dirixe voos nacionais, a maior parte á costa oeste. No 2005 o aeroporto dirixiu máis de 41 millóns de pasaxeiros, que sumados aos 33 millóns de Newark Liberty e os 26 de LaGuardia suman aproximadamente 100 millóns de pasaxeiros, facendo sito que o espazo aéreo de Nova York sobrepase ao de Chicago como o máis ocupado dos Estados Unidos.
Terminais
[editar | editar a fonte]JFK ten oito terminais que forman unha «U», arredor hai estacionamentos, hoteis, unha planta eléctrica, e outras facilidades do aeroporto. As terminais están conectadas polo sistema de metros AirTrain e outros camiños de acceso. Unha enquisa realizada por J.D. Power and Associates xunto a Aviation Week revelou que JFK é o segundo aeroporto con máis satisfacción por parte dos viaxeiros nos Estados Unidos, en primeiro lugar esta o Aeropuerto Internacional McCarran que da servizo ao área metropolitana de Las Vegas.
- Terminal 1: Ten 11 salas. A orixinal Terminal 1 foi a terminal principal para Eastern Airlines, foi demolida e unha nova Terminal 1 abriuse no 1998, 50 anos despois da inauguración do aeroporto, ten 11 portas: 1-11
- Terminal 2: Aberta en 1962 é fogar de Northwest Airlines. Ten 11 salas. Delta espera que nun futuro se xunten as dúas terminais (Terminal 2 e Terminal 3) para ser unha terminal moderna, conta con 7 portas equipadas con pasarelas de acceso: 20-22, 26-29 e 17 que son para Delta Connection: 23A-H, 23J, 25K-N, 25P-S.
- Terminal 3: Construída como o Worldport para Pan American no 1960 expandiuse para a introdución dos Boeing 747 no ano 1970. Conta con 16 portas equipadas con pasarelas de acceso: 1-10, 12, 14-18 con dúas portas (Porta 11) e un heliporto na rúa de rodaxe 'KK'. A terminal foi pechada en maio de 2013 debido á apertura dunha extensión da Terminal 4 que engadiu dez portas internacionais para Delta. O terminal 3 será demolido en 2015.
- Terminal 4: A terminal internacional é capaz de recibir o Airbus 380 é está manexada por Schiphol Group. É a primeira terminal estadounidense que está manexada por un operador de aeroportos estranxeiro. É a entrada principal das chegadas internacionais no JFK. É a máis nova do aeroporto que non incorpora un edificio existente. Aberta no 2001, o novo edificio custou 1.400 millóns de dólares. A terminal ten 17 salas e dous salóns de pasaxeiros.
- A extensión da Terminal 4 abriuse en maio de 2013. A extensión engadiu dez portas internacionais ao salón B (B32 a B41).
- Terminal 5: Tamén coñecida como o Centro de voos de TWA está en reconstrución para facer a nova terminal de JetBlue Airways, contaba con 26 portas: 1-12, 14-27
- A terminal vai expandirse cunha nova expansión de portas tras a demolición da terminal 6.
- Terminal 6: Pechada. Ten 14 portas e foi a antiga terminal de JetBlue Airways.[2] A terminal foi demolida en 2012.
- Terminal 7: Foi construída por BOAC e Air Canada nos anos 70. En 1997 a Autoridade Portuaria chegou a un acordo con British Airways para expandir a terminal. A terminal renovada ten 12 portas: 1-12
- Terminal 8: Será desmantelada agora que o edificio da Terminal 9 é operacional, conta con 29 portas: 12 portas na sala B (1-8, 10, 12, 14, 16) e 17 portas na sala C (31-47)[3]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Infraestrutura e servizos
[editar | editar a fonte]Tráfico e estatísticas
[editar | editar a fonte]Por pasaxeiros transportados, as cinco aeroliñas máis grandes do JFK son:[39]
- JetBlue Airways (25,5%)
- Delta Air Lines (incluínendo Delta Connection) (21,9%)
- American Airlines (incluíndo American Eagle) (16,7%)
- British Airways (2,8%)
- Air France (1,9%)
Número | Cidade | Pasaxeiros | Principais Aeroliñas |
---|---|---|---|
1 | Os Ánxeles | 1 898 020 | Air New Zealand, Alaska Airlines, American Airlines, Avianca, China Eastern , Delta Air Lines, El Al Israel, Japan Airlines, JetBlue, MALEV Hungarian Airlines, Qantas, SouthAfrican, TAM Linhas Aeras, United Airlines, US Airways, Virgin America |
2 | San Francisco, California | 1 551 630 | Air China, Air New Zealand, Alaska Airlines, American, Delta, El Al Israel, EVA Airways, Federal, Japan Airlines, JetBlue, MALEV Hungarian Airlines, Qantas, SouthAfrican, TAM Linhas Aeras, United, US Airways, Virgin America, Mexicana |
3 | Orlando, Florida | 1 183 270 | American, Delta, JetBlue, Korean |
4 | Las Vegas, Nevada | 1 066 390 | Delta, JetBlue, KLM Royal Dutch, Korean, US Airways, Virgin America |
5 | San Xoán, Porto Rico | 1 033 010 | American, Delta, JetBlue |
6 | Fort Lauderdale, Florida | 1 009 000 | Delta, JetBlue |
7 | Miami, Florida | 927.640 | American, Delta, El Al Israel |
8 | Tampa, Florida | 665.750 | American, Delta, JetBlue |
9 | Búfalo, Nova York | 624.820 | JetBlue, Delta, KLM Royal Dutch |
10 | Boston, Massachusetts | 573.530 | Delta, JetBlue, American, Alaska Airlines, Avianca, El Al Israel, LAN-Chile, Qantas |
11 | West Palm Beach, Florida | 536.640 | JetBlue |
12 | Washington-Dulles, Distrito de Columbia | 471.730 | Air France, All Nippon, American, Avianca, British Airways, BritishMidland, Delta, El Al Israel, Gulf Air, Japan Airlines, JetBlue, KLM Royal Dutch, MALEV Hungarian Airlines, SouthAfrican, Taca, United, US Airways |
13 | San Diego | 462.360 | Air France, Alitalia, American, Delta, JetBlue |
14 | Seattle-Tacoma, Washington | 459.150 | Alaska Airlines, American, Delta, JetBlue |
15 | Phoenix, Arizona | 447.600 | Delta, JetBlue, US Airways |
16 | Chicago, Illinois | 439.470 | Air China, Avianca, American, Delta, JetBlue, KLM Royal Dutch |
17 | Atlanta, Xeorxia | 386.100 | Delta, Korean |
18 | Long Beach (California) | 360.300 | JetBlue |
19 | Minneapolis-Saint Paul, Minnesota | 360.180 | Avianca, Delta Air Lines, KLM Royal Dutch, Northwest |
20 | Fort Myers, Florida | 337.390 | Delta, JetBlue |
21 | Burbank, California | 334.030 | JetBlue |
22 | Salt Lake City, Utah | 326.500 | Alaska Airlines, Delta, KLM Royal Dutch, JetBlue |
23 | Raleigh-Durham, Carolina do Norte | 307.720 | American, British Airways, El Al Israel, Jet Airways, JetBlue, Delta, MALEV Hungarian Airlines, Qantas |
24 | Houston-Intercontinental, Texas | 296.140 | Delta Connection operated by Comair, JetBlue |
25 | Rochester, Nova York | 275.540 | JetBlue, Delta |
26 | Oakland, California | 257.580 | JetBlue |
27 | Charlotte, Carolina del Norte | 235.540 | Air France, Delta Air Lines, JetBlue, KLM Royal Dutch, Us Airways |
28 | Denver, Colorado | 224.990 | Delta, JetBlue |
29 | Nova Orleans, Luisiana | 214.630 | Delta, JetBlue, Lufthansa |
30 | Pittsburgh, Pensilvania | 209.910 | JetBlue, American, Delta, El Al Israel, Gulf Air , KLM Royal Dutch, Lufthansa, Qantas |
Transporte terrestre
[editar | editar a fonte]Ferrocarril
[editar | editar a fonte]O JFK está conectado ao sistema de metro de Nova York e a outros sistemas de trens usando o AirTrain JFK. AirTrain para en todas as terminais, nos estacionamientos de vehículos de alugueiro e en dúas estacións de metro. O AirTrain JFK é gratis dentro do aeroporto pero para chegar ás estacións do metro e saír do aeroporto o prezo é de 5 dólares. A viaxe de JFK a Manhattan dura aproximadamente 45 minutos usando AirTrain e o ferrocarril da estación.
Taxi
[editar | editar a fonte]Os taxis amarelos da Cidade de Nova York, operados pola Comisión de Taxis e Limosinas da Cidade de Nova York, ofrecen un prezo de 52 dólares (setembro 2013) de JFK a Manhattan, excluíndo propinas e peaxes. Desde o 30 de novembro de 2006 este prezo tamén aplicouse para viaxes de Manhattan a JFK. Dependendo no tempo do día unha viaxe de JFK a Manhattan faise en aproximadamente 25 minutos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.aci-na.org/
- ↑ Puertas temporales serán demolidas (en inglés).
- ↑ "JFK Map". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2009. Consultado o 03 de novembro de 2013.
- ↑ "TimeTable.pdf" (PDF). Air India. Consultado o 14 July 2017.
- ↑ "Alaska Airlines to begin non-stop service between Portland and New York, Detroit". OregonLive.com. 2017-04-05. Consultado o 2017-07-02.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "American adds New York JFK – Denver route from June 2018".
- ↑ "American Airlines to begin nonstop flights from PHL to Budapest, Prague and restore a daily nonstop flight to Zurich". philly.com. Consultado o 16 August 2017.
- ↑ "AMERICAN AIRLINES BETS BIG ON PHILADELPHIA WHILE MAKING CUTS TO JFK". Airways Magazine. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 16 August 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Avianca Brasil files preliminary New York schedule from Dec 2017".
- ↑ "Flight Schedules". Delta Air Lines. Consultado o 23 July 2017.
- ↑ "Delta adds New York – Lagos service from March 2018". Consultado o 20 August 2017.
- ↑ "Delta Plans New Daily Nonstop Service between New York–JFK and Rio de Janeiro, Brazil". Prnewswire.com. 2017-03-23. Consultado o 2017-07-02.
- ↑ "Delta's trans-Atlantic schedule brings customers more flights and more destinations". news.delta.com. 2017-09-20. Consultado o 2017-09-21.
- ↑ "Delta adds New York – St. Kitts service from Dec 2017". Routesonline. Consultado o 2017-07-02.
- ↑ "Hainan Airlines plans Chengdu – New York launch in Oct 2017". Routesonline. Consultado o 7 August 2017.
- ↑ "Hainan plans Chongqing – New York Oct 2017 launch". Routesonline. Consultado o 12 June 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "JetBlue expands Atlanta service from March 2018".
- ↑ "Latin American Wings will fly to Miami and New York since January - AviatioNews.net". September 23, 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ Piotrowski, Mariusz (7 July 2017). "LOT narodowym przewoźnikiem Węgier! Poleci z Budapesztu do Chicago i NYC!" [LOT national carrier of Hungary! Travels from Budapest to Chicago and NYC!] (en Polish). Consultado o 7 July 2017.
- ↑ Reuters (September 27, 2017). "Lufthansa Adds More Long-Haul Routes After Air Berlin Insolvency". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2017 – vía www.nytimes.com.
- ↑ "Air China Cargo Routes". Air China Cargo. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2013. Consultado o June 26, 2013.
- ↑ "Asiana Cargo Schedule". Asiana Cargo. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o June 26, 2018.
- ↑ "TNT Flights to JFK". Flight Mapper. July 6, 2013. Consultado o July 6, 2013.
- ↑ "Cargolux Schedule: JFK-LUX". Cargolux. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o July 6, 2013.
- ↑ "Cathay Pacific cargo schedule". Cathay Pacific Cargo. Consultado o May 1, 2013.
- ↑ "China Airlines cargo schedule" (PDF). China Airlines Cargo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2013. Consultado o May 1, 2013.
- ↑ "Kalitta Air Schedule". Kalitta Air. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o June 28, 2013.
- ↑ "El Al Cargo Schedule". El AL. Consultado o July 6, 2013.
- ↑ "Emirates SkyCargo Global Network". Emirates SkyCargo. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o June 28, 2013.
- ↑ "Emirates SkyCargo Freighter Operations get ready for DWC move" (Nota de prensa). Emirates SkyCargo. April 2, 2014. Consultado o August 30, 2015.
- ↑ "FedEx Express". FedEx Express. Consultado o June 28, 2013.
- ↑ "Korean Air cargo schedule". Korean Air. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011. Consultado o May 1, 2013.
- ↑ "Lufthansa cargo schedule (CSV)". Lufthansa Cargo. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2013. Consultado o May 1, 2013.
- ↑ "NCA Flight Schedule" (PDF). Nippon Cargo Airlines. June 28, 2013. Consultado o June 28, 2013.
- ↑ "Qantas Freight: flight information". Qantas. May 1, 2013. Consultado o May 1, 2013.
- ↑ O'Sullivan, Matt (March 7, 2013). "Qantas Mulls Buying 747 Freighters". Sydney Morning Herald. Consultado o March 7, 2013.
- ↑ "Qatar Airways Cargo Adds Halifax Service from July 2016". June 3, 2016. Consultado o June 4, 2016.
- ↑ "Saudia Cargo Resumes New York Service from Sep 2015". Airlineroute.net. 23 September 2015. Consultado o 23 September 2015.
- ↑ 39,0 39,1 39,2 Port Authority of New York and New Jersey (2008). "2008 Airport Traffic Report" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xuño de 2018. Consultado o 2009-07-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeroporto Internacional John F. Kennedy |