Content-Length: 95126 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Am%C3%A1lgama_(gram%C3%A1tica)

Amálgama (gramática) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Amálgama (gramática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A aglutinación[1] ou amálgama[2][3] (raramente emprégase tamén o galicismo mot-valise),[4] é un termo en lingüística que se refire a unha palabra ou morfema resultante da fusión de dúas palabras, normalmente unha perdendo a parte final e o outros perdendo a parte inicial (composición por aglutinación).

Por exemplo, é unha palabra formada por amálgama "augardente" que amalgama auga + ardente. Moitas veces estas palabras son neoloxismos.

  • A amálgama é o xeito de formar as formas conxugadas dos verbos.
Artigo principal: amálgama (conxugación).
  • A aglutinación difire da composición, outro proceso de formación de palabras, na medida en que a composición combina palabras completas sen modificar as súas formas, mentres que a aglutinación implica a perda de partes das palabras que se combinan. Confróntese tamén acrónimo.

Noutras linguas

[editar | editar a fonte]

Noutras linguas, a aglutinación é moito máis común. Por exemplo, no alemán, é frecuente a formación de palabras longas a través da aglutinación, como "Donaudampfschiffahrtsgesellschaft", que combina varias palabras para referirse unha "compañía de navegación de vapores do Danubio".

Llanfair Pwllgwyngyll unha vila da illa de Anglesey, en Gales, foi chamada por motivos publicitarios Llanfair­pwllgwyngyll­gogery­chwyrn­drobwll­llan­tysilio­gogo­goch, facendo uso da amálgama.

Do mesmo xeito,Taumatawhakatangihangakoauauotamateaturipukakapikimaungahoronukupokaiwhenuakitanatahu é o topónimo maorí dun outeiro de Nova Zelandia, normalmente abreviado "Taumata". A tradución é: O cumio do outeiro, onde Tamatea, o home cos xeonllos grandes, coñecido como o comedor de terra, baixou, subiu e enguliu as montañas, mentres tocaba a frauta para a súa amada.

En galego hai amálgamas provenientes do inglés e doutras linguas, como bit - (binary + digit) ou Spanglish.

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2023-07-31. 
  2. "amálgama". Dicionario Real Academia Galega. Consultado o 2023-07-31. 
  3. "amálgama". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2023-07-31. 
  4. C.R. (15/05/2006). "Os conceitos de siglonimização e “mot-valise”". Consultado o 10/05/2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Am%C3%A1lgama_(gram%C3%A1tica)

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy