Content-Length: 109052 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Arianismo

Arianismo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Arianismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constantino queimando libros arianistas, ilistración dun compendium de dereito canónico, c. 825.

O arianismo[1] foi unha doutrina cristolóxica desenvolvida por Ario de Alexandria no século IV, negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza e vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, a primeira das criaturas vindas ao mundo pola vontade de Deus, pero inferior a el. Negaba, polo tanto, a "consustancialidade" do Pai e do Fillo. O Primeiro Concilio de Nicea (325) condeouno como unha herexía, despois de moitas discusións, pero sobreviviu entre os xermanos ata o século VIII.

O arianismo estendeuse rapidamente por Alexandría e foi condenado en principio polo sínodo alexandrino de 321. Ario non o aceptou e pasou a Palestina, onde gañou a Eusebio de Nicomedia e Eusebio de Cesarea. No Primeiro Concilio de Nicea condenouse o arianismo e desterrouse a Ario, se ben en 328 o emperador Constantino, que o convocara, foi convencido por Eusebio de Cesarea de revogar o desterro.

En 335 os arianos celebraron un sínodo en Tiro que depuxo ao bispo Atanasio de Alexandría e reformulou, suavizándoas, algunhas das súas posicións. O sucesor de Constantino, Constancio, apoiou o arianismo e permitiu o acceso ao patriarcado de Constantinopla de Eusebio de Constantinopla. Porén, o Concilio de Sárdica (343), presidido por Osio, retornou ao Credo de Nicea e o arianismo declinou. Se, no entanto, en Occidente, o arianismo foi combatido por Constante, entre 351 e 355 celebráronse tres sínodos favorábeis (Sirmio, Arles e Milán), baixo a protección de Constancio. Este chegou a desterrar ao papa Liberio entre 356 e 358, onde asinou unha fórmula doutrinal ambigua. Algo semellante aconteceu nos sínodos de Rímini (occidente) e Seleucia (oriente) de 359. Coa morte de Constancio en 361 os arianos fragmentáronse e prevaleceu a ortodoxia de Nicea. O emperador Teodosio I perseguiu duramente os arianos a partir da publicación do seu edicto en 380.

O bispo capadocio Ulfilas evanxelizara aos godos cun arianismo moderado. Coas invasións bárbaras, o arianismo foi reintroducido no Imperio Romano. Os visigodos conservárono en Hispania até o século VI (Terceiro Concilio de Toledo), os burgundios, os vándalos e os ostrogodos até o século VI e os longobardos até o VII.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arianismo.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Arianismo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy