Content-Length: 98650 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Astrolabio

Astrolabio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Astrolabio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astrolabio persa do século XVIII.

Un astrolabio é un instrumento antigo usado con fins astrolóxicos e astronómicos coma medir a altura dos astros por riba do horizonte. Foi inventado por Hipatia de Alexandría, e máis tarde foi simplificado e substituído polo sextante.

Tamén era utilizado para resolver problemas xeométricos, como calcular a altura dun edificio ou a profundidade dun pozo. Formábao un disco de latón graduado no seu bordo, un anel de suspensión e unha mediclina (especie de punteiro). O astrolabio náutico era unha versión simplificada do tradicional e tiña a posibilidade de medir a altura dos astros para axudar na localización mar a fóra.

A vantaxe do astrolabio en relación ao cuadrante é o feito de que é máis doado para traballar á luz do día e tamén porque a Estrela Polar non era visible no hemisferio sur. Era tan pesado que era capaz de permanecer pendurado verticalmente a pesar do abaneo do navío

O astrolabio moderno de metal inventouno Abraham Zacuto en Lisboa, a partir de versións árabes pouco precisas.

Facer un astrolabio

[editar | editar a fonte]

Na actualidade existen numerosos programas de software para facer astrolabios. O Observatorio austral europeo facilita de xeito gratuíto un programa para elaborar astrolabios adaptados a latitude e lonxitude do observador.[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Astrolabio

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy