Content-Length: 68382 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Aviazione_Legionaria

Aviazione Legionaria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Aviazione Legionaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bombardeo da Aviazione Legionaria sobre Barcelona en marzo de 1938

A Aviazione Legionaria foi un corpo expedicionario da Regia Aeronautica. Foi creada en 1936 e enviada para proporcionar apoio loxístico e táctico á forzas nacionais de Francisco Franco durante a Guerra Civil española, xunto coa súa equivalente alemá, a Lexión Cóndor, e as tropas de terra italianas do Corpo Truppe Volontarie. Serviron dende agosto de 1936 ata o fin do conflito en marzo de 1939. A súa principal base de operacións estaba na illa de Mallorca.

12 biplanos Fiat CR.32 chegaron a Melilla en barcos de transporte o 14 de agosto de 1936 (serían enviados 405 durante a guerra) e cara finais dese mes o escuadrón "Cucaracha" formouse en Cáceres con avións dese tipo. Os envíos iniciais foron seguidos por outros máis numerosos. En marzo de 1939 once unidades do novo caza monoplano Fiat G.50 foron enviadas e baseadas na base de Ascalona, aínda que nunca chegaron a combater.

Foron enviados 55 bombardeiros trimotores S.M.81 "Pipistrello", 99 trimotores Savoia-Marchetti SM.79 "Sparviero" e 16 Fiat BR.20 "Cicogna". As unidades formaron parte do 21 Stormo da Bombardamento Pesante e das 251 e 252 Squadriglia Pipistrelli delle Baleari. Os "Cicogne" serviron na 230 Squadriglia da bombardamento veloce no verán de 1937, antes de ser trasladados á 231 escuadrilla en 1938.

Foron enviados un total de 758 avións:

Círculo negro colocado nas ás dos avións

Os 276 destes avións superviventes ao final da guerra foron transferidos á nova Forza Aérea de Franco.

Os símbolos de recoñecemento da unidade eran círculos situados nos lados das ás e na cola do temón. O símbolo das ás era completamente negro; posteriormente personalizado con símbolos brancos que ían dunha sinxela cruz ata deseños referidos a mandoa da Lexión Cóndor e da Aviación Nacional. O símbolo da cola era unha cruz negra sinxela nun campo branco, que lembraba ao distintivo de cola do posterior Exército do Aire español.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Aviazione_Legionaria

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy