Content-Length: 259407 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Axuda:Erros_nas_referencias

Axuda:Erros nas referencias - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Axuda:Erros nas referencias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelos de citas
{{Cita arXiv}}pre-impresións de arXiv
{{Cita audiovisual}}medios audiovisuais
{{Cita audiovisual notas}}notas e libretos de medios audiovisuais
{{Cita conferencia}}conferencias publicadas
{{Cita DVD notas}}notas e libretos de DVDs/BRs
{{Cita enciclopedia}}coleccións editadas
{{Cita entrevista}}entrevistas
{{Cita episodio}}episodios de televisión ou radio
{{Cita discurso}}discursos
{{Cita grupo novas}}grupos de novas online
{{Cita informe}}informes
{{Cita informe técnico}}informes técnicos
{{Cita libro}}libros
{{Cita lista correo}}listas de distribución correo electrónico públicas
{{Cita mapa}}mapas
{{Cita nota de prensa}}notas de prensa
{{Cita novas}}artigos de noticias
{{Cita podcast}}podcast de son ou video
{{Cita publicación periódica}}revistas, xornais, papeis académicos
{{Cita serie}}series de son ou video
{{Cita sinal}}sinais, placas, carteis
{{Cita tese}}teses
{{Cita tweet}}chíos
{{Cita videoxogo}}videoxogos
{{Cita web}}fontes web
Citas en formato curto

Esta páxina describe os erros máis frecuentes que poden aparecer nos modelos de referencias de tipo "Cita". Módulo:Citas controla estes modelos de referencias e detecta os erros no seu uso. As páxinas que conteñan algún erro nas referencias incluíranse automaticamente na sub-categoría correspondente de Wikipedia:Mantemento de referencias.

A referencia emprega o parámetro obsoleto |parámetro=

[editar | editar a fonte]

A referencia emprega o parámetro obsoleto |parámetro=

Algúns dos parámetros definidos en Módulo:Citas poden estar definidos coma obsoletos. Os valores dos mesmos amosaránse na referencia, pero débense corrixir estes parámetros na medida do posible, empregando outros equivalentes.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con parámetros obsoletos.

Carácter <char> en |parámetro= na posición n

[editar | editar a fonte]

Carácter <char> en |parámetro= na posición n

Este erro amósase nas citas nos que existen parámetros que conteñen caracteres invisibles. O Módulo:Citas detecta os seguintes caracteres como incorrectos:

carácter de substitución, U+FFFD
espazo de tamaño nulo, U+200B
guión suave, U+00AD
tabulación horizontal, U+0009 (HT)
salto de liña, U+0010 (LF)
retorno de carro, U+0013 (CR)
carácter de control C0, U+0000–U+001F (NULL–US)
carácter de control C1, U+0080–U+009F (XXX–APC)
Especiais, U+FFF9-U+FFFF
Carácter de área de uso privado, U+E000–U+F8FF
Carácter suplementario de área de uso privado-A, U+F0000–U+FFFFD
Carácter suplementario de área de uso privado-B, U+100000–U+10FFFD

Para solucionar este erro, elimina ou substitúe o carácter inválido. Habitualmente estes caracteres son invisibles, polo que a mensaxe de erro indica a posición do carácter dentro do valor do parámetro, comenzando a contar pola esquerda. Os espazos en branco entre o operador "=" e o valor do parámetro non se contan.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con caracteres invisibles.

Comprobe o valor de |ligazónautor=

[editar | editar a fonte]

Comprobe o valor de |ligazónautor=

|ligazónautor= liga ao artigo correspondente do autor na propia Wikipedia. Debe conter unicamente o nome do artigo, xa que o módulo de Citas valida que |ligazónautor= non se corresponda a unha ligazón externa da forma http://..., https://... etc.

Para resolver o erro, comproba que o valor de |ligazónautor= é o nome exacto do artigo da Wikipedia (sen corchetes) e non unha ligazón a un sitio externo.

As páxinas que amosen este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con ligazón ó autor incorrecta.

Comprobe o valor de |ligazón-parámetro=

[editar | editar a fonte]

Comprobe o valor de |ligazón-parámetro=

Este erro amósase cando algún destes parámetros conteñen unha ligazón wiki ou enderezo URL:

|ligazón-autor=
|ligazón-contribuidor=
|ligazón-editor=
|ligazón-episodio=
|ligazón-serie=
|ligazón-título=
|ligazón-tradutor=

O valor destes parámetros debe conter só o título do artigo correspondente na Wikipedia, sen marcas de ligazón interna ou externa.

Para resolver este erro, comproba que o valor do parámetro sexa o título completo do artigo correspondente na Wikipedia, e que non conteña unha ligazón externa.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con valores incorrectos en parámetros de ligazón.

Erro no estilo Vancouver

[editar | editar a fonte]

Erro no estilo Vancouver

Este erro amósase naquelas citas que usan |formato-lista-nomes=vanc. O estilo Vancouver restrinxe os nomes de autores ou editores ó alfabeto latino. Módulo:Citas define o alfabeto latino como as letras dos conxuntos de caracteres latinos Unicode:

Controis C0 e Latín Básico[1] (0041–005A, 0061–007A)
Controis C1 e Latín-1 Suplementario[2] (00C0–00D6, 00D8–00F6, 00F8–00FF)
Latín Estendido-A[3] (0100–017F)
Latín Estendido-B[4] (0180–01BF, 01C4–024F)

Tamén se amosa un erro cando se lista un autor corporativo ou institucional no parámetro |vauthors= sen os delimitadores axeitados. Os autores corporativos deben listarse da forma:

|vauthors=Apelido1 FM, Apelido2 AB, ((Autor corporativo ou institucional)), ApelidoFinal XY

Para resolver este erro, romaniza os nomes dos autores e editores.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con erros no estilo Vancouver.

Extra |páxinas= ou |en=

[editar | editar a fonte]

Extra |páxinas= ou |en=

Este erro ocorre cando nos modelos de referencias se inclúen máis dun destes parámetros: |páxina=, |páxinas= ou |en=.

Cada un destes parámetros está deseñado para diferentes maneiras de indicar a localización da referencia dentro dunha obra maior, isto é, a páxina ou páxinas específicas ou o lugar dentro da fonte citada onde se atopa a información que verifica ao texto do artigo.

Só un destes parámetros se amosa en calquera dos modelos de referencias. Seguindo o seu propósito, |páxina= debe empregarse para especificar unha soa páxina que sexa relevante ao contido citado, |páxinas= debe empregarse para especificar un rango ou lista de páxinas (ex: 37–42) que señan relevantes, e |en= debe empregarse para indicar a localización dentro da obra maior que non seña unha páxina numerada (ex:. "contraportada").

É frecuente que os editores empregen de forma incorrecta o parámetro |páxinas= para indicar o número total de páxinas do recurso referenciado.

Cando se emprega |páxina= xunto a |páxinas= ou |en=, só se amosa o valor de |páxina=. Da mesma forma, cando se emprega |páxinas= xunto a |en=, só se amosa o valor de |páxinas=.

Para resolver este erro, elimina o parámetro incorrecto que sobre en cada caso.

As páxinas que amosen este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias que teñen conflitos nas especificacións de páxinas.

Falta a |url=

[editar | editar a fonte]

Falta a |url= (Mensaxe oculta por defecto)

Este erro ocorre ao se usa o modelo {{cita web}} e os parámetros |url= e |urlarquivo= non están especificados ou teñen valores en branco.

Para resolver este erro, comproba que exista un valor para |url= ou cambia o modelo a outro máis axeitado coma {{cita libro}}, {{cita publicación periódica}}, {{cita novas}} etc.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias web sen URL.

Faltan os |apelidos= na lista de autores ou editores

[editar | editar a fonte]

Faltan os |apelidos= na lista de autores ou editores

Cando se indican múltiples editores e autores, a lista de parámetros |apelidos#= / |autor#= debe ir en incrementos de 1 en 1 seguidos. Este erro ocorre cando hai un parámetro faltante da lista. Exemplo: Unha lista que conteña |apelidos1= e |apelidos3= pero non teña |apelidos2=.

Para resolver este erro, comproba que a numeración dos parámetros |apelidos#= / |autor#= estea especificada de forma axeitada.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias sen autor ou editor.

Ligazón externa en |<parámetro>=

[editar | editar a fonte]

Ligazón externa en |<parámetro>=

Este erro amósase cando calquera dos parámetros de títulos, como por exemplo |título=, |capítulo=, |obra= ou calquera dos seus alias, conteñen un enderezo url externo. As ligazóns externas nestes parámetros provocan problemas para os metadatos.

Para resolver este erro, elimina as ligazóns externas destes parámetros e inclúeas nos parámetros correspondentes (|url=, |url-capítulo= etc.).

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con ligazóns externas incorrectas en parámetros.

Ligazón wiki dentro do título da URL

[editar | editar a fonte]

Ligazón wiki dentro do título da URL

As ligazóns externas dos modelos de citas xéranse combinando un enderezo url, indicado en |url=, |url-capítulo= etc., xunto co título da mesma, indicado en |título=, |capítulo= etc. Os parámetros de título non poden empregar ligazóns wiki cando se indican valores nos parámetros de enderezo url correspondentes.

Para resolver este erro, elimina as ligazóns wiki nos parámetros de títulos que se empregen en conxunto con urls ou elimina os valores de ditas urls para deixar a ligazón interna.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con ligazóns wiki dentro do título da URL.

O valor |$1=$2 é incorrecto

[editar | editar a fonte]

O valor |<parametro>=<valor> é incorrecto

Algúns dos parámetros só aceptan un determinado conxunto de valores. Este erro indica que un destes parámetros contén un valor que non é parte deste conxunto de valores aceptados.

Os parámetros con valores limitados son:

Parámetro Valores aceptados
|url-morta= no, true, y, yes, unfit, usurped, si, s
|ignore-isbn-error= true, y, yes, si, s
|último-amp=
|modo= cs1, cs2
|formato-lista-nomes= vanc
|nopp= true, y, yes, si, s
|nocat=
|rexistro=
|subscrición=

Para resolver este erro usa un dos valores contidos no grupo de valores aceptados.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con valores incorrectos.

Parámetros non válidos no arXiv

[editar | editar a fonte]

Parámetros non válidos no arXiv

{{cita arxiv}} usa un conxunto limitado de parámetros. Este erro amósase cando se atopa un parámetro non incluído nun subconxunto válido para {{cita arxiv}}.

Para resolver este erro, elimina os parámetros non válidos. Vexa Modelo:Cita arxiv para a lista completa de parámetros válidos.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con erros no arXiv.

Parámetro descoñecido |xxxx= ignorado

[editar | editar a fonte]

Parámetro descoñecido |xxxx= ignorado
Parámetro descoñecido |xxxx= ignorado (suxírese |yyyy=)

Estes erros amósanse cando o nome dun parámetro da forma |nome=valor non se recoñece coma válido, sendo a causa máis habitual erros ortográficos que se poden cometer ao introducir o parámetro manualmente.

Os modelos antigos de referencias permitían incluír información no modelo que podía ser ignorada como parámetros non válidos. O novo sistema de referencias mediante o Módulo:Citas baseado en Lua non permite ignorar os parámeetros non válidos, asegurando que o propósito da referencia sexa a correcta identificación da fonte, e non soamente un repositorio de notas e información non actualizada.

A maioría dos parámetros empregados nos modelos de referencias están en minúsculas. Este erro amosaráse cando os parámetros conteñan letras maiúsculas nunha posición incorrecta do nome do parámetro (|XXXX=, |Xxxx= ou |xxXx=) pero o nome válido do parámetro estea definido en minúsculas (|xxxx=).

Algúns parámetros coma |isbn= poden incluírse tanto en maiúsculas coma minúsculas, pero nunca mesturados (|isbn= ou |ISBN= pero non |Isbn=). Para algúns erros ortográficos comúns, coma |edicion= no canto de |edición=, o mensaxe de erro engadirá unha suxestión có nome válido do parámetro.

Para resolver este erro, substitúe o nome erróneo do parámetro co nome correcto, posiblemente empregando o nome suxerido na mensaxe de erro. O nome do parámetro debe estar correctamente especificado, sen máis caracteres que espazos en branco entre o nome e a barra vertical (|) ou o símbolo de igualdade (=). Para unha lista de parámetros válidos podes consultar a documentación do Módulo:Citas ou do modelo que estea a empregar, {{cita libro}}, {{cita web}}, {{cita novas}} etc.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con parámetros descoñecidos ou na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con parámetros suxeridos

Referencias sen |título=

[editar | editar a fonte]

Hai dúas condicións diferentes de erro cando os modelos de citas non conteñen os títulos apropiados, que necesitarán resolución segundo a causa do erro.

Parámetro de tipo URL sen título asociado

[editar | editar a fonte]

|xxxx= sen título

Os modelos de referencias reportarán este erro cando algún dos parámetros que conteñen unha URL non teñan un parámetro de título asociado. Isto pode ocorrer tamén cando |título= non se pode ligar con |url= porque o modelo tamén conteña un parámetro |ligazóntítulo= que cause un conflito.

Parámetros que conteñen URLs e parámetros de título asociados
Parámetros URL Parámetros de Título
|urlarquivo= |título=
|urlcapítulo= |capítulo=, |contribución=, |entrada=, |artigo=
|urlconferencia= |conferencia=
|urlcontribución= |capítulo=, |contribución=, |entrada=, |artigo=
|urltranscrición= |transcrición=
|url= |título=

Existe un caso único: se |pmc= ten un valor e |url= non se atopa ou está baleiro, entón |título= ligarase coa mesma URL definida no PMC.

As URLs adoitan ser pouco informativas e pouco estéticas, polo que se espera que leven asociadas un título significativo en cada caso.

Para resolver este erro, comproba que exista un valor apropiado de título para o parámetro URL correspondente. No caso de que |url= e |ligazóntítulo= teñan conflito para o uso de |título=, debes escoller cal deles deixar e cal eliminar. Considera trocar |url= ou |ligazóntítulo= cara outro parámetro máis axeitado.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias sen título e con URL.

Referencia sen ningún tipo de título

[editar | editar a fonte]

Falta o |título=

Este erro amósase cando tódolos parámetros de título son omitidos ou están en branco. Dependendo do modelo de referencia empregado ({{cita web}}, {{cita libro}}, {{cita publicación periódica}} etc.), o parámetro de título correspondente pode ser |título=, |capítulo=, |artigo=, |publicación= etc. Alo menos un destes parámetros de título debe estar indicado en cada un dos modelos.

{{cita episodio}} amosará este erro se |serie= está en branco (aínda que exista un valor para |title=).

Para resolver este erro, comproba que exista un valor para |título= ou cambia o modelo empregado por outro máis axeitado.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias sen título.

Referencia baleira

[editar | editar a fonte]

Referencia baleira

Este erro ocorre cando o modelo de referencias empregado non contén ningún identificador de parámetro recoñecible. Neste tipo de casos, a referencia empregada pode que teña algúns valores indicados (por exemplo: {{Cita web | http://www.foobar.com | The Foobar Bar}}), pero considerase "baleira" xa que non contén ningún identificador de parámetro asociado (neste exemplo: |url= e |título=).

Tamén pode darse o caso no que a intención do editor fose empregar outro tipo de modelo distinto, coma por exemplo {{cita}}.

Para resolver este erro, engade os identificadores axeitados a cada valor ou cambia o modelo por outro que corresponda.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias baleiras.

Térmos traducidos sen o orixinal

[editar | editar a fonte]

|capítulo-trad= require |capítulo=

[editar | editar a fonte]

|capítulo-trad= require |capítulo=

Este erro ocorre cando existe unha tradución do título do capítulo referenciado no parámetro |capítulo-trad= pero non se inclúe o título na lingua orixinal do título do capítulo referenciado no parámetro |capítulo=.

Para resolver este erro, engade o valor correspondente para |capítulo=. Considera engadir o parámetro |lingua= se non é parte xa do modelo para indicar a lingua de orixe.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con térmos traducidos sen o orixinal.

|título-trad= require |título=

[editar | editar a fonte]

|título-trad= require |título=

Este erro ocorre cando existe unha tradución do título referenciado no parámetro |título-trad= pero non se inclúe o título na lingua orixinal do título referenciado no parámetro |título=.

Para resolver este erro, engade o valor correspondente para |título=. Considera engadir o parámetro |lingua= se non é parte xa do modelo para indicar a lingua de orixe.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con térmos traducidos sen o orixinal.

Texto "????" ignorado

[editar | editar a fonte]

Texto "????" ignorado

Ao contrario que outros modelos empregados na Galipedia, os modelos de referencias non empregan parámetros sen nome ou posicionais. Cando o modelo contén algún texto despois dunha barra vertical (|) e dito texto non contén o signo de igualdade (=), os modelos ignoran o texto e reportan este erro.

Este erro pode darse tamén cando os valores dos títulos ou URLs conteñan barras verticais. Nas URLs, as barras verticais deben substituírse por %7c. Noutros parámetros que non conteñan URLs, deben substituírse por &#124;.

Para resolver este erro, elimina o texto non recoñecido, engade os signos '=' segundo corresponda, engade o nome de parámetro axeitado ou corrixe calquera barra vertical que poida aparecer nas URLs ou títulos.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con parámetros sen nome.

|arxiv= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|arxiv= incorrecto

Cando se inclúe o parámetro |arxiv=, faise unha comprobación para ver se o identificador arXiv confórmase có esquema de identificadores arXiv.[5]

Para resolver este erro, comproba que o valor de |arxiv= sexa correcto.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con erros no arXiv.

|arxiv= requirido

[editar | editar a fonte]

|arxiv= requirido

{{cita arXiv}} require un só identificador para |arxiv= ou |eprint=.

Para resolver este erro, comproba que so haxa un identificador |arxiv= ou |eprint= e que conteñan valores de construción válida.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con erros no arXiv.

|asin= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|asin= incorrecto

Cando se inclúe o parámetro |asin=, faise unha comprobación para asegurar que o identificador ASIN conteña dez caracteres alfanuméricos en maiúsculas sen signos de puntuación ou espazos en branco, que o primeiro carácter seña numérico e que o ASIN siga as normas dos ISBN de dez díxitos.

Para resolver este erro, comproba que o valor de |asin= sexa correcto.

Se o valor de |asin= é correcto e só contén números, cambia o parámetro e use |isbn=, eliminando calquera aparición de |asin-tld=.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con ASIN incorrectos‎.

|capítulo= ignorado

[editar | editar a fonte]

|capítulo= ignorado

Os modelos {{cita web}}, {{cita novas}}, {{cita publicación periódica}}, {{cita nota de prensa}}, {{cita podcast}} e {{cita grupo novas}} non aceptan o uso do parámetro |capítulo= ou os seus equivalentes |contribución=, |entrada=, |artigo= ou |sección=.

Para resolver este erro, use un modelo de cita máis axeitado ou engada o contido indicado en |capítulo= no parámetro |título=.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con capítulos ignorados.

|coautores= require |autor=

[editar | editar a fonte]

|coautores= require|autor=

Se non se especifícan os parámetros |autor= ou |autores=, o contido de |coautor= ou |coautores= non se amosará na referencia.

Para resolver este erro, podes empregar os parámetros |autor1=, |autor2= etc. para listar individualmente a cada un dos autores, ou indicar o primeiro autor en |autor= e os seguintes en |coautores=.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias sen autor e con coautores

|contribuidor= ignorado

[editar | editar a fonte]

|contribuidor= ignorado

Usado só nas citas de libros, |contribuidor= identifica o autor dunha contribución, habitualmente o limiar, prólogo, introdución etc., nunha obra doutro autor primario. Este erro dáse cando |contribuidor= se usa nun modelo que non é {{cita libro}}, ou cando se usa neste modelo e tamén se define algún dos alias do parámetro |obra=.

Para resolver este erro, escolle un modelo máis axeitado para a citación ou elimina o parámetro |contribuidor=.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con erros nos contribuidores.


|dataacceso= require |url=

[editar | editar a fonte]

|dataacceso= require |url= (Mensaxe oculta por defecto)

O parámetro |dataacceso= é a data que se indica na referencia para certificar cando foi a última vez que se comprobou a |url= correspondente. Esta condición de erro dáse cando se inclúe |dataacceso= sen un parámetro |url= que a acompañe. Cando non se usa unha ligazón web, habitualmente considérase que |dataacceso= é redundante e debe retirarse.

Cando o recurso referenciado ten unha data de publicación ou semellante asociado, |dataacceso= ten un valor límitado, aínda que poida ser útil para identificar unha determinada versión arquivada do recurrso. Sen |url=, na maioría dos casos considérase que |dataacceso= é redundante e debe retirarse.

Para resolver este erro, débese engadir un valor para |url= ou eliminar o parámetro |dataacceso= segundo conveña en cada caso.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias sen URL e con data de acceso

|doi= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|doi= incorrecto

Véxase tamén: Digital object identifier.

Cando o modelo inclúe o |doi=, faise unha comprobación para asegurar que teña o prefixo 10. no identificador do rexistro. Tamén se fai unha comprobación para asegurar que non conteña espazos ou guións e que non termine nun signo de puntuación.

Use un DOI correxido cando sexa posible.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con DOI incorrectos.

|formato= require |url=

[editar | editar a fonte]

|formato= require |url= (Mensaxe oculta por defecto)

Este erro amósase cando se usa o parámetro |formato= sen que se especifíque un valor no parámetro correspondente |url=. O parámetro |formato= emprégase para especificar o formato de ficheiro do recurso web referenciado (ex.: PDF, DOC, XLS etc.).

Para resolver este erro, elimina |formato= ou engada o valor correspondente de |url=.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias sen URL e con formato.

|hdl= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|hdl= incorrecto

Cando os modelos de citas conteñen o parámetro |hdl=, realízase unha comprobación para ver se o valor do hdl está ben definido. O valor de |hdl= compróbase para asegurar que non contén espazos en branco ou guións e que non remata nun signo de puntuación.

Para resolver o erro, comproba que o valor de |hdl= sexa correcto.

As páxinas que amosen este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con HDL incorrectos‎.

|isbn= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|isbn= incorrecto

Véxase tamén: ISBN.

Para os modelos de referencias que conteñen |isbn= valídase que o ISBN teña a lonxitude correcta (dez ou trece díxitos), que o ISBN use os separadores opcionais correctos (espazos ou guións), e que o último díxito de control sexa correcto seguindo a especificación do ISBN. Só se permite un ISBN neste campo xa que o valor completo do |isbn= inclúese nos metadatos COinS. Máis dun ISBN, ou caracteres que non formen parte do ISBN, farán que non funcionen correctamente os metadatos COinS así coma a ligazón á Especial:Fontes bibliográficas.

Para resolver este erro, confirme que o valor de |isbn= é correcto, que só se está a introducir un ISBN, que os separadores opcionais sexan os correctos e que non haxa ningún outro texto no campo. Recoméndase o uso do ISBN de 13 díxitos cando estea dispoñible. De non ser así, non converta un ISBN de 10 díxitos nun de 13 engadindo 978 xa que os díxitos de control serán distintos e dará un error.

Ao empregar un ISBN de 10 díxitos, se o díxito de control é unha 'x' minúscula, cómpre cambialo á unha 'X' maiúscula.

En contadas ocasións pode darse o caso de que unha editorial teña publicado libros con ISBNs incorrectos. De estar seguro de que o |isbn= corresponde verdadeiramente á obra publicada, podes engadir |ignore-isbn-error= true á chamada ao modelo para suprimir a mensaxe de erro. Teña en conta que en moitos casos os libros poden estar reeditados cun ISBN correxido, polo que nestes casos cómpre utilizar dito ISBN correxido sempre que sexa posible.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con ISBN incorrectos.

|ismn= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|ismn= incorrecto

Os modelos de citas que conteñen o parámetro |ismn= compróbanse para asegurar que o ISMN ten unha lonxitude correcta (trece díxitos), que emprega os separadores opcionais correctos (espazo simple ou guión), e que o díxito de control final é correcto segundo as especificacións dos ISMN. Só se permite un ISMN neste campo xa que o valor completo de |ismn= se inclúe nos metadatos COinS, e ter máis dun valor ou caracteres incorrectos neste parámetro causan problemas nestes metadatos.

Para resolver este erro, comproba que o valor de |ismn= sexa correcto, que só inclúa un ISMN, que os separadores opcionais sexan os correctos e que non haxa ningún outro texto no valor do parámetro. Comproba que o valor do ISMN teña exactamente 13 díxitos.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con ISMN incorrectos.

|issn= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|issn= incorrecto

Véxase tamén: ISSN.

Os modelos de referencias que conteñan o parámetro |issn= compróbanse para asegurar que o ISSN ten a lonxitude axeitada (oito díxitos) e que o díxito de control final é válido segundo as especificacións do ISSN. Só se permite un valor de ISSN neste campo, xa que o valor completo de |issn= inclúese nos metadatos COinS. Os ISSN sempre se amosan como dous números de catro díxitos separados por un guión.

Para resolver este erro comprobe que o valor asignado a |issn= é correcto, que só está a empregar un ISSN, e que non se inclúa ningún outro texto (permíte caracteres 0-9, X, e -). Se o díxito de control está en minúscula'x', cámbieo á maíuscula 'X'.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con ISSN incorrectos.

|lccn= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|lccn= incorrecto

O parámetro |lccn= corresponde ao identificador do Library of Congress Control Number (LCCN). Compróbase para asegurarse que o identificador contén unha lonxitude e díxitos iniciais correctos.

O identificador LCCN é unha cadea de 8 a 12 caracteres. A lonxitude total determina o tipo dos primeiros 3 caracteres, mentres que os últimos 8 sempre son díxitos.[6]

Descrición do formato LCCN
Lonxitude Descrición
8 tódolos caracteres son díxitos
9 o primeiro carácter é unha letra en minúscula
10 ámbolos dous primeiros caracteres son ou ben díxitos ou ben letras en minúsculas
11 o primeiro carácter é unha letra en minúscula, o segundo e terceiro son ámbolos dous ou ben díxitos ou ben letras en minúsculas
12 ámbolos dous primeiros caracteres son letras en minúsculas

Non se fai ningunha validación a maiores.

Para resolver este erro, comproba que o valor do parámetro |lccn= é correcto e que non conteña outras letras, signos de puntuación ou demais caracteres non esperados.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con LCCN incorrectos.

|mensaxe-id= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|mensaxe-id= incorrecto

O parámetro |mensaxe-id= contén un identificador único asociado a un mensaxe electrónico de novas de Netnews.[7] O valor indicado neste parámetro compróbase para asegurar que conteña @ entre os identificadores esquerdo e dereito. Tamén se comproba que o primeiro carácter non seña < e que o último carácter non seña >. A uri news: engádese automaticamente ao valor en |mensaxe-id=. Non se fai ningunha comprobación a maiores.

Para resolver este erro, comproba que o valor do parámetro |mensaxe-id= sexa correcto, que conteña @ e non inclúa <...> ao comezo e final.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con mensaxe-id incorrectos.

|nome#= sen |apelidos#= en lista de autores ou editores

[editar | editar a fonte]

|nome#= sen |apelidos#= en lista de autores ou editores

Os modelos de citas requiren un valor de |apelidos#= para cada |nome#=. As listas de autores i editores compróbanse para asegurar que existan as correspondencias requiridas, amosando o erro en caso de que exista algún parámetro faltante. A mensaxe de erro só amosará a primeira ocorrencia deste problema.

Este erro non se amosará no caso de que exista |apelidos#= sen o correspondente |nome#=, caso no que se empregará |apelidos#= coma equivalente de |autor#=.

Para resolver este erro, comproba que exista un valor de |apelidos#= para cada |nome#=.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias sen autor ou editor.

|oclc= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|oclc= incorrecto

O parámetro |oclc= é o identificador OCLC. So se permite un identificador OCLC no parámetro, nunha das seguintes formas:

  1. prefixo ocm seguido de 8 díxitos
  2. prefixo ocn seguido de 9 díxitos
  3. prefixo on seguido de 10 díxitos
  4. prefixo (OCoLC) seguido dun número variable de díxitos sen comezar por ceros
  5. De 1 a 10 díxitos sen prefixo

Para resolver este erro, comproba que o valor de |oclc= sexa correcto segundo as especificacións.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con OCLC incorrectos.

|ol= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|ol= incorrecto

O parámetro |ol= emprégase para o identificador de Open Library[8]. O identificador debe constar dun ou máis díxitos seguidos dun último carácter que debe ser A (autores), M (libros), ou W (obras). Non se fai ningunha validación a maiores.

Para resolver este erro, comproba que o valor do parámetro |ol= é correcto. Non inclúa "OL" no valor.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con OL incorrectos.

|pmc= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|pmc= incorrecto

O |pmc= fai referencia ó identificador PubMed Central. Os identificadores PMC son números secuenciais comezando do 1 en adiante. O módulo comproba que o valor indicado para |pmc= seña un número maior que cero e menor que 5000000, e que só conteña díxitos. Non se fai ningunha validación a maiores.

Para resolver este erro, comproba que o valor de |pmc= é correcto, e que non haxa letras, signos de puntuación ou calquera outro carácter. Non inclúa "PMC" no valor.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con PMC incorrectos.

|pmid= incorrecto

[editar | editar a fonte]

|pmid= incorrecto

O parámetro |pmid= designa ó identificador PubMed. Os PMID compróbanse para asegurar que o identificador é un número simple sen signos de puntuación ou espazos en branco, cun valor igual ou maior a 1 e menor ou igual a 30000000. Non se fai ningunha validación a maiores.

Para resolver este erro, comproba que o valor de |pmid= é correcto. Se o valor semella un PMID e comeza con "PMC", use |pmc= no canto de |pmid=.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con PMID incorrectos.

|url= incorrecta

[editar | editar a fonte]

|url= incorrecta

As ligazóns externas nos modelos de referencias constan de dúas partes: o título (|título=, |capítulo= etc.) e a URL (|url=, |urlarquivo=, |urlcapítulo= etc.). O parámetro |url= e outros parámetros semellantes deben comezar cun esquema URI válido. Os esquemas URI http://, https:// e o esquema de protocolo // son os máis empregados usualmente; irc://, ircs://, ftp://, news:, mailto: e gopher:// tamén son válidos.

O valor do campo URL compróbase para asegurar que inclúa os dous puntos (:) ou a doble barra (//). Non se fai ningunha validación a maiores.

Para resolver este erro, comproba que o valor de |url= e outros parámetros URL conteñan valores de direccións URL válidas.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con URL incorrectas.

|urlarquivo= require |dataarquivo=

[editar | editar a fonte]

|urlarquivo= require |dataarquivo=

O parámetro |dataarquivo= identifica a data na que un recurso web foi arquivado, e debe acompañar á propia url do arquivo que se especifique en |urlarquivo=.

Para resolver este erro, engada o valor correspondente á |dataarquivo=. Para recursos web arquivados en archive.org,[9] a data pode atoparse no valor do parámetro |urlarquivo=; para recursos arquivados en webcitation.org,[10] a data da caché inclúese na cabeceira da web arquivo.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias sen dataarquivo e con urlarquivo

|urlarquivo= require |url=

[editar | editar a fonte]

|urlarquivo= require |url=

Unha referencia que inclúa |urlarquivo= e |dataarquivo= require tamén un valor para o parámetro |url=.

Para resolver este erro, engada o valor correspondente ao parámetro |url=. Para recursos web arquivados en archive.org,[9] a url orixinal atópase incluída no valor de |archive-url=; para recursos web arquivados en webcitation.org,[10] a url orixinal inclúese na cabeceira do arquivo web.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias sen URL e con urlarquivo.

|xxxx=, |yyyy=, e |zzzz= redundantes

[editar | editar a fonte]

|xxxx=, |yyyy=, e |zzzz= redundantes
|xxxx= e |yyyy= redundantes

Este erro ocorre cando se inclúen máis dun parámetro que fai referencia ao mesmo significado. Por exemplo |autor=, |apelidos= e |apelidos1= son sinónimos entre eles, polo que só un deles debe ser empregado no modelo.

Para resolver este erro, elimina ou modifique os parámetros redundantes.

As páxinas con este erro inclúense automaticamente na categoría Wikipedia:Páxinas con referencias con parámetros redundantes.


  1. "C0 Controls and Basic Latin" (PDF). Unicode. Consultado o 19 de abril de 2015. 
  2. "C1 Controls and Latin-1 Supplement" (PDF). Unicode. Consultado o 19 de abril de 2015. 
  3. "Latin Extended-A" (PDF). Unicode. Consultado o 19 de abril de 2015. 
  4. "Latin Extended-B" (PDF). Unicode. Consultado o 19 de abril de 2015. 
  5. "Understanding the arXiv identifier" (en inglés). Cornell University Library. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  6. Library of Congress (ed.). "The LCCN Namespace". Network Development and MARC Standards Office (en inglés). 
  7. "Netnews Article Format" [Formato de Artigo Netnews]. Internet Engineering Task Force (en inglés). novembro de 2009. 3.1.3. rfc5536. 
  8. "Open Library" (en inglés). 
  9. 9,0 9,1 "Web de archive.org" (en inglés). 
  10. 10,0 10,1 "Web de webcitation.org" (en inglés). 

Frecha. Volver á páxina de axuda.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Axuda:Erros_nas_referencias

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy