Content-Length: 90221 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Bagler

Bagler - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Bagler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Bagler (nórdico antigo : baglarr, bokmål : Bagler, Nynorsk : Bagler) eran unha facción nada en 1196 durante as guerras civís norueguesas,[1][2] e que estaba apoiada, principalmente, pola aristocracia norueguesa, o clero e mailos comerciantes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
O neno Håkon Håkonsson está sendo transportado polos Birkebeiner a un lugar seguro a salvo dos seus inimigos: os Bagler. Episodio interpretado polo pintor Knud Bergslien (1869). Museo de esquí de Oslo.

O período de guerras civís na historia norueguesa durou de 1130 a 1217. Durante ese tempo houberon varios conflitos de diferente escala e intensidade. A causa dos conflitos foron as leis de sucesión norueguesas que eran pouco claras, as condicións sociais e a loita entre a Igrexa e os reis polo que acabaron formándose dous bandos que foron os Bagler e os Birkebeiner, arredor de pretendentes de sangue real que aspiraban á realeza.

A facción Bagler formouse en Escania, a rexión máis ao sur da actual Suecia e daquela pertencente a Dinamarca, auspiciada principalmente polo bispo Nicolas Arnesson de Oslo e o arcebispo Erik Ivarsson de Nidaros (actual Trondheim) ao redor do pretendente Inge Magnusson (chamado o primeiro rei Bagler) para depoñer o rei Sverre I de Noruega. As clases acomodadas, especialmente de Viken e de Vestlandet, foron o principal apoio dos Bagler. Os antecedentes da súa actividade están no apoio que ofreceron a Inge I de Noruega e, despois da súa morte, a Magnus V e a seu pai, o rexente Erling Skakke.

Loitaron contra os Birkebeiner, que eran esencialmente unha facción de campesiños que apoiaban ao rei Sverre I (tamén chamado Sigurdsson, por ser suposto fillo ilexítimo do rei Sigurd II)[3] nunha guerra civil a finais do século XII. A fonte máis importante sobre a vida de Sverre é a Saga de Sverre, un documento escrito en vida do monarca, considerada como unha fonte parcial pois foi escrita baixo o seu patronado. Nela, indícase como Sverre ten liñaxe real por ser fillo bastardo putativo do falecido rei Sigurd II. En xeral, a maior parte dos historiadores están de acordo coa opinión na época na que se sostiña que era un impostor.[4]

Dende unha perspectiva sociohistórica, os Bagler pode ser interpretado como conservadores fronte ao resultado dos cambios como o rápido aumento dos homes fronteirizos sen terras (markamenn), que foran instalados ao longo da fronteira sueca e vivían do saqueo dos antigos asentamentos ricos. Esa poboación anárquica converteuse na base principal dos Birkebeiner. Os Bagler tamén favoreceron á Igrexa e ós seus privilexios e posesións.

A pesar dos curtos reinados dos seus monarcas a partir de Sverre, os Birkebeiner conseguiron ter un certo poder polo que, no 1209, asinouse un tratado entre os Bagler e os Birkebeiner, que recoñeceu ao pretendente bagler, Fillipus Simonsson, como gobernador de Oppland e Viken (en Østlandet, Noruega Oriental), pero sen o título de Rei e ao pretendente birkebainer, Inge Bårdsson, como o rei Inge II de Noruega. Ámbolos dous morreron en 1217, e Haakon Haakonson (birkebeiner de nacemento, e fillo ilexítimo de Hakon III Sverreson)[5] ascendeu ao trono coa denominación de Haakon IV sen apenas oposición, baixo a regencia do duque Skule Bårdsson.[6]

Máis tarde, en 1240, Haakon IV rematou coas guerras civís e limitou o papel da aristocracia en Noruega.

Pretendentes Bagler

[editar | editar a fonte]
  1. Holmboe, Haakon; Salvesen, Helge (22-05-2018). "baglere". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 09-03-2019. 
  2. Gjerset (1915), p. 397
  3. Genealogisk-historiske tabeller over de nordiske rigers kongeslægter. Königsfeldt: JPF. 1856. 
  4. Gjerset (1915), p. 377
  5. Norseng, Per G. (08-05-2018). "Håkon 3 Sverresson". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 09-03-2019. 
  6. Norseng, Per G. (16-08-2018). "Håkon 4 Håkonsson – den gamle". Store Norske Leksikon (en noruegués). Consultado o 09-03-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Bagler

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy