Content-Length: 129400 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Bas%C3%ADlica_de_San_Francisco_de_As%C3%ADs

Basílica de San Francisco de Asís - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Basílica de San Francisco de Asís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBasílica de San Francisco de Asís
(it) La Basilica di San Francesco d'Assisi Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoBasílica papal (pt) Traducir
atracción turística
basílica menor
igreja monástica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoFrancisco de Asís Editar o valor en Wikidata
Parte dePropriedades da Santa Sé (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAsís, Italia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPiazza San Francesco, - Assisi Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°04′29″N 12°36′21″L / 43.07484, 12.60581
Composto por
Características
Dimensións50 (ancho) × 80 (lonxitude) m
Superficie14.563 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2000 (24ª Sesión)
Ben cultural de Italia
Historia
Data de creación ou fundación1228 Editar o valor en Wikidata

Sitio websanfrancescoassisi.org Editar o valor en Wikidata

A Basílica Papal de San Francisco (en italiano: Basilica Papale di San Francesco, en latín: Basilica Sancti Francisci Assisiensis) atópase en Asís, na rexión italiana de Umbría, e é Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000.[1][2] Lugar da glorificación de San Francisco de Asís, distínguense nela dúas partes fundamentais: a Basílica inferior, baixa e escura, e a Basílica superior, espazosa e luminosa. Esta distribución interpretouse de xeito simbólico: a primeira representaría a vida de penitencia, mentres que a segunda simbolizaría a gloria.[3]

A basílica forma parte de todo un complexo monumental franciscano. En fronte do atrio que precede o ingreso da basílica inferior atópase o ex Oratorio de San Bernardino, construído para a Terceira orde de San Francisco por oficiais longobardos arredor da metade do século XV. Tralo portal, éntrase no Sacro Convento que, ademais da comunidade de Freires Menores Conventuais, encargados da custodia da basílica, actualmente aloxa o Instituto Teolóxico de Asís (ITA), o Instituto de Ciencias Relixiosas (ISSRA), un Centro de documentación e un importante fondo de documentos e libros especializados en temas franciscanos.

A basílica ten grande importancia dende o punto de vista relixioso, xa que é a sede da Orde Franciscana e trátase dunha parada obrigada para moitos peregrinos durante a súa viaxe a Roma, e dende o punto de vista artístico, por contar con obras como A vida de San Francisco nos frescos de Giotto.

  1. Breve historia de Asís. Patrimonio da Humanidade fratefrancesco.org (Ver "Centro de peregrinaxe e de arte, e Patrimonio da Humanidade")
  2. "Assisi, the Basilica of San Francesco and Other Franciscan Sites" (en inglés). UNESCO Culture Sector. Consultado o 29 de abril de 2015. 
  3. Basílica e tumba de San Francisco Fernando Uribe (Ver "Actualización")

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Bas%C3%ADlica_de_San_Francisco_de_As%C3%ADs

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy