Beatriz de la Fuente
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1929 Cidade de México |
Morte | 20 de xuño de 2005 (76 anos) Cidade de México |
Actividade | |
Ocupación | historiador da arte, profesora universitaria |
Empregador | Universidade Nacional Autónoma de México |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Ramón de la Fuente Muñiz |
Premios | |
| |
Beatriz Ramírez de la Fuente, nada na Cidade de México o 6 de febreiro de 1929 e finada ibídem o 20 de xuño de 2005, foi unha académica, investigadora e historiadora mexicana, esposa do doutor Ramón de la Fuente e nai do tamén médico e ex-reitor da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) Juan Ramón de la Fuente.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou, con mención honorífica, estudos de licenciatura, mestría e doutoramento en historia, no Colexio de Historia da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM).
En 1959, comezou a impartir cursos de posgrao de Historia da arte na Universidade Iberoamericana (UIA) na cal chegou a ser profesora titular até 1970. Deu cursos de Estudos Mesoamericanos na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM.
Foi directora da Escola de Historia da arte da Universidade Iberoamericana de 1963 a 1970. Foi directora do Instituto de Investigacións Estéticas da UNAM de 1980 a 1986.[2]
Académica
[editar | editar a fonte]Membro de número da Academia de Artes de México, foi a primeira muller en pertencer como membro ó Colexio Nacional, ingresando o 7 de maio de 1985.[3] Membro do Buró Directivo do Comité Internacional d'Histoire de l'Art de 1979 a 1996, foi membro da Academia Mexicana da Historia de 1999 a 2005, e ocupou a cadeira 12.[4] Tamén foi investigadora emérita do Instituto de Investigacións Estéticas da UNAM.
Eidos de investigación
[editar | editar a fonte]As súas investigacións tiveron como eixo principal o estudo das manifestacións artísticas da época prehispánica sendo especialista na cultura olmeca e nos murais da época prehispánica, interese que a levou a fundar e dirixir desde 1990 o proxecto «A pintura mural prehispánica» en México, por mor do cal, publicou varios libros como coordinadora e diversos artigos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Jornada UNAM (ed.). "Murió Beatriz de la Fuente; dio luz sobre el estudio de Mesoamérica". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ Academia Mexicana de la Historia (ed.). "Beatriz Ramírez de la Fuente; curriculm breve" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de febreiro de 2012. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ El Colegio Nacional (ed.). "Miembros Historia del arte, Beatriz Ramírez de la Fuente". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ Academia Mexicana de la Historia (ed.). "Miembros anteriores de la Academia". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ Anales de la UNAM (ed.). "In memoriam Beatriz de la Fuente (1929-2005)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2018.