Bengo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Angola | ||||
Capital | Caxito (pt) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 351.579 (2014) (11,21 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua sama (pt) Lingua umbundu | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 31.371 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AO-BGO | ||||
Sitio web | bengo.gov.ao |
Bengo é unha das 18 provincias de Angola, localizada no norte. Ten unha área de 33.016 km² e unha poboación de aproximadamente 450.000 habitantes. A cidade de Caxito, no municipio de Dande, é a capital provincial.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase rodeando Luanda, situada a setenta quilómetros de Caxito. Limita coas provincias de Zaire polo norte, Uige polo nordeste, Cuanza Norte polo leste e Cuanza Sul polo sur.
Nesta provincia sitúase o Parque Nacional de Kissama e a reserva do bosque de Kibinda, rodeado por dous grandes ríos, o Longa e o Kwanza. Este último é navegable ao longo de todo o seu paso polo parque, e até a desembocadura no océano Atlántico. A provincia tamén ten un número de lagos, a maior parte nos municipios de Dande e Icolo e Bengo. É unha provincia costeira, e dispón de praias naturais, como a de Pambala e Libongos, de 7 km de lonxitude.
O clima é de tipo tropical seco, cunha temperatura media de 25 °C, sendo o mes de marzo o máis cálido (33 °C) e xullo o máis fresco (17 °C).
As cidades máis importantes son: Cabo Ledo, Lagoa de Panguila, Porto Kipiri e Funda.
Demografía
[editar | editar a fonte]A provincia contaba con 166.000 habitantes en 1991, estimándose para o 2006 de 460.508 persoas.[1]
Municipios
[editar | editar a fonte]Posúe cinco concellos.
Municipio | Capital | Área (km²) | Pop. (2006 est) |
---|---|---|---|
Ambriz | Ambriz | 4,204 | 16,611 |
Dande | Caxito | 6,529 | 82,992 |
Ícolo e Bengo | Catete | 3,819 | 58,830 |
Nambuangongo | Muxaluando | 5,604 | 110,831 |
Quiçama | Muxima | 12,046 | 29,905 |
Algunhas fontes tamén inclúen os seguintes municipios na provincia de Bengo: Bula-Atumba, Dembos, e Pango-Aluquém.[2]
Comunas
[editar | editar a fonte]Componse das seguintes comunas:[3]
Economía
[editar | editar a fonte]A principal actividade económica é a agricultura, centrándose no cultivo de café, algodón, iuca, palmeiras, cítricos, bananas e hortalizas. Tamén traballan a madeira, e realizan labores de pesca. Hai artesáns que fan cousas tradicionais do lugar con bambú, madeira, pau preto, bordados.
Tamén hai minería que extrae xofre, xemas, fosfatos, calcarios e cuarzo.
Outro importante motor é a pesca deportiva e a caza.
Linguas
[editar | editar a fonte]Ademais do portugués, nesta provincia fálase o congo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola. [1] Arquivado 30 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Info-Angola (ed.). "Bengo: Municipios". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Info-Angola (ed.). "Bengo: Comunas". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Info-AngolaArquivado 22 de decembro de 2009 en Wayback Machine.