Content-Length: 107455 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Boston_(grupo_musical)

Boston (grupo musical) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Boston (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boston
OrixeBoston, Massachusetts,
Período1976 - Actualidade
Xénero(s)rock, hard rock
Selo(s) discográfico(s)Epic, MCA, Artemis
MembrosTom Scholz
Gary Pihl
Kimberly Dahme
Jeff Neal
Antigos membrosBrad Delp (deceased)
Jim Masdea
Barry Goudreau
Sib Hashian
Fran Sheehan
David Sikes
Doug Huffman
Curly Smith
Fran Cosmo
Anthony Cosmo
Ron Patti
Na rede
bandboston.com
IMDB: nm2307562 Facebook: bandboston MySpace: officialboston Souncloud: boston-official Spotify: 29kkCKKGXheHuoO829FxWK iTunes: 60960 Last fm: Boston Musicbrainz: 0d8b0d50-e4cf-4da4-965d-f24c58ec3268 Songkick: 230747 Discogs: 113020 Allmusic: mn0000079960 Deezer: 3339 Genius: Boston Editar o valor en Wikidata

Boston é un grupo de rock de Estados Unidos formado nos anos setenta e que é liderado polo talentoso músico Tom Scholz.

O grupo Boston créase a mediados por aí de 1969 polo enxeñeiro graduado do MIT(Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts) Tom Scholz como guitarrista e principal compositor, ademais do vocalista Brad Delp, o guitarrista Barry Goudreau e o batería Jim Masdea. Tras un inicio algo incerto, no cal presentaron varios demos, o batería Jim Masdea deixa o grupo e é substituído por Sib Hashian, ademais o baixista Fran Sheehan incorpórase ás filas do grupo. É así, como en 1976 e grazas ás composicións enxeñosas do Scholz, o grupo lanza en 1976 o seu primeiro álbum titulado simplemente "Boston" e colocando inmediatamente éxtios nas listas de popularidade coa clásica "More than a Feeling" e con "Peace Of Mind". O traballo de Scholz pódese ver, así mesmo, na enigmática "Hitch a Ride", unha das pezas máis completas do disco. A voz de Delp é, ademais, un total acerto e nótase certa innovación no son do grupo a comparación doutras bandas da época.

Para 1978, o grupo lanza o seu segundo álbum titulado "Don´t Look Back", o cal é de notable menor calidade que o seu antecesor e non deixa moi satisfeito a Scholz, que acusa á discográfica de presionalo para este material; a pesar disto, o disco alcanza vendas que lle levan ao disco de platino e a canción que dá título ao disco convértese nun éxito comercial. Logo disto, comeza un litixio legal entre discográfica e grupo que durará anos e que obrigará a esperar o seguinte álbum de Boston oito anos. O guitarrista Gary Phil substitúe a Guodreau e Fran Sheehan deixa tamén ao grupo. Scholz financia as súas gravacións vendendo equipo, debido ao asunto entre CBS e Boston. En 1982 o batería Sib Hashian deixa ao grupo.

En 1986 lánzase, por fin, "Third Stage" e a canción "Amanda" chega inmediatamente ás listas de popularidade; esta canción é dun son moi distinto ás anteriores, unha balada moi dos anos oitenta acertada por Scholz e a gran voz de Delp. O álbum alcanza disco de platino. Delp deixa Boston en 1990 e é substituído por Fran Cosmo.

O seguinte álbum de Boston aparece ata 1994, titulado "Walk On" e que retoma certos sons de Hard Rock dos inicios do grupo. Os arranxos da canción que titula ao disco (dividida en tres segmentos) son considerados excesivos por algúns, pero a canción é unha das mellores pezas compostas e arranxadas polo enxeñoso Scholz. Delp regresa ao grupo en 1994.

O seguinte traballo do grupo é "Corporate America" lanzado en 2002, xa con algunhas tendencias pop e outras boas cancións. É curioso que participen Fran Cosmo e o seu fillo Anthony, ademais de que entra Kimberley Dahme no baixo e na voz algunhas veces. Jeff Neal (batería) completa unha aliñación extensa neste álbum.

Fran Cosmo e o seu fillo deixaron ao grupo a principios de 2006 para formar a súa propia banda, deixando nese momento a Brad Delp como única voz do grupo. Especulouse sobre unha posible reunión con Barry Goudreau durante este período.

Unha das achegas de Tom Scholz é a tecnoloxía "Rockman", que foi utilizada por Def Leppard no seu álbum "Hysteria".

O 9 de marzo de 2007, unha das mellores voces na historia do rock, Brad Delp, faleceu en Nova Hampshire, nos Estados Unidos, aos 55 anos de idade.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Boston 1976 Epic Records
Don't Look Back 1978 Epic Records
Third Stage 1986 MCA Records
Walk On 1994 MCA Records
Corporate America 2002 Artemis Records
Life, Love & Hope 2013 Frontiers Records

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Boston_(grupo_musical)

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy