Bradford Robotic Telescope
Bradford Robotic Telescope | |
---|---|
O Bradford Robotic Telescope co pico do Teide detrás. | |
Organismo | Universidade de Bradford |
Localización | Tenerife,Illas Canarias, España |
Coordenadas | 28°17′54″ N 16°30′34″ O |
Altitude | 2.400 m |
Lonxitude de onda | espectro visible |
Construído no: | 2002-2004 |
Tipo de telescopio | telescopio óptico, telescopio Schmidt–Cassegrain |
Diámetro | 35,5 cm |
Montura | montura ecuatorial |
Cuberta | cúpula esférica |
Web oficial | www.telescope.org |
O Bradford Robotic Telescope (BRT polas súas siglas en inglés, en galego: Telescopio Robótico Bradford) é un telescopio astronómico autónomo localizado no Observatorio do Teide, Tenerife, Illas Canarias. É propiedade da Universidade de Bradford e foi construído entre o ano 2002 e 2004 para o seu uso remoto por parte de escolas[1] e particulares de todo o mundo. En novembro de 2009, o observatorio xa tomara máis de 70.000 imaxes e tivera máis de 23.000 usuarios.[2]
En maio do 2016, o equipo do BRT anunciou vía correo electrónico ós usuarios rexistrados que o control do Telescopio Bradford sería transferido á Open University, e rebautizado coma o Autonomous Robotic Telescope (ART).
Montaxe
[editar | editar a fonte]Todo o equipo está montado na parte superior dun pilote duns 2 metros, que se asenta sobre o leito rochoso da montaña. O pilote está feito de aceiro e está recheo de area para evitar algún futuro repisado. A montura Paramount ME é unha montura ecuatorial, o que significa que o eixe RA apunta cara ao polo celeste, permitindo así que os sistemas rastrexen obxectos sen rotación do campo.
Instrumentación
[editar | editar a fonte]O Telescopio Robótico Bradford consiste en tres sistemas ópticos que proporcionan diferentes campos de visión.[3]
Sistemas de control
[editar | editar a fonte]En marzo do 2003, instalouse unha nova cúpula para o telescopio. Esta cúpula usa o sistema Meridian Controls para controla-la cúpula de xeito totalmente remoto. Xa non se precisa intervención humana.
Sistemas meteorolóxicos
[editar | editar a fonte]O sistema meteorolóxico do BRT traballa as 24 horas do sete días da semana, pero non é moi fiable. Isto sucede por que o observatorio está situado a moita altitude. Moitas veces ocorre que hai néboa ou está cuberto, xusto até a parte inferior do observatorio. Así, o sistema meteorolóxico do observatorio depende das previsións meteorolóxicas ofrecidas pola estación meteorolóxica do Observatorio do Teide. Dá detalles tales como a velocidade e dirección do vento, a radiación solar, humidade interna e externa etc.
A principal función da estación meteorolóxica é a de proporcionar un sinal para os sistemas de control de seguridade. Xera un 'alerta' que describe que condicións meteorolóxicas hai no momento da alerta. Os sistemas de seguridade teñen un conxunto de 'regras' que determinan o mal tempo. Se calquera destas 'regras' son atendidas, a continuación, os sistemas de seguridade xeran unha alerta que manda ós sistemas de control actuar en consecuencia.
As diferentes cámaras
[editar | editar a fonte]Cámara de Galaxias
[editar | editar a fonte]Categoría | Detalles |
---|---|
Cámara | FLI MicroLine axustada cun E2V CCD47-10. 1024 x 1024 pixels, cada un deles de 13 µm cadrados. |
Filtro | FLI CFW-2 Filtro de roda de 8 posicións. |
Foco | Optec TCF-s Enfoque controlado por temperatura. |
Óptica | Tubo óptico Schmidt-Cassegrain Celestron C14. Distancia focal de 3910 mm, 355 mm de apertura a f/11. Un redutor focal Celestron outorga unha distancia focal efectiva de 1877 mm a f/5.3. |
Campo de visión | Aproximadamente 24 arcominutos cadrados. |
Cámara de Cúmulos estelares
[editar | editar a fonte]Categoría | Detalles |
---|---|
Cámara | FLI MaxCam CM2-1 axustada cun E2V CCD47-10. 1024 x 1024 pixels, cada un deles de 13 µm cadrados. |
Filtro | FLI CFW-2 Filtro de roda de 8 posicións. |
Foco | Punto de enfoque fixo. |
Óptica | Lentes Nikon de 200 mm. |
Campo de visión | Aproximadamente 3 graos cadrados. |
Cámara de Constelacións
[editar | editar a fonte]Categoría | Detalles |
---|---|
Cámara | FLI MaxCam CM2-1 axustada cun E2V CCD47-10. 1024 x 1024 pixels, cada un deles de 13 µm cadrados. |
Filtro | FLI CFW-2 Filtro de roda de 8 posicións. |
Foco | Punto de enfoque fixo. |
Óptica | Lentes Nikon de 16 mm a f/2.8 |
Campo de visión | Aproximadamente 40 graos cadrados |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hoshin Evaluation of the Bradford Robotic Telescope, Page 2 "The Bradford Robotic Telescope (BRT) website provides an excellent classroom tool for engaging young people in the practical application of science and enthusing them to consider a career in science."" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2011. Consultado o 03 de abril de 2017.
- ↑ A. Camacho, R. Holt, S. Marley, S. Roberts, (2009). "Robotic Telescopes - classroom activities at the cutting edge of science". School Science Review 90: 73–75.
- ↑ "telescope.org "Tenerife Telescope Hardware" By D. Hedges". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 03 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bradford Robotic Telescope |