Content-Length: 104887 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Damas

Damas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Damas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Damas
editar datos en Wikidata ]

Orixe do xogo

[editar | editar a fonte]

Este xogo creouse en España durante o século XV. É unha variante do alquerque xogada nun taboleiro de xadrez.

Regras do xogo

[editar | editar a fonte]

Para xogar ás damas utilízase un taboleiro cadrado de 8 filas e columnas igual ó do xadrez. Cada xogador dispón de 12 fichas dunha mesma cor distinta á do contrario. Ó comezo da partida, as fichas de cada xogador estarán nos lados opostos do taboleiro, colocadas nas 3 primeiras filas sobre as casas negras. A casa inferior dereita debe ser de cor negra.

Os movementos realizaranse por quendas. En cada quenda un xogador poderá mover unha ficha unha posición en diagonal avanzando cara o lado do opoñente, sempre que esa posición non estea ocupada por ningunha outra ficha. Para eliminar as pezas do contrario, deberá saltalas desde unha posición anterior na diagonal a unha posición libre inmediatamente posterior. Só en caso de comer unha ficha do opoñente, o mesmo xogador poderá seguir saltando coa mesma que utilizou nese primeiro movemento do seu quenda, sempre que a disposición das pezas no taboleiro llo permita.

Cando a ficha dun xogador alcance a última fila do lado contrario, esa ficha será dama (é habitual pór unha da mesma cor sobre ela para indicalo) e poderá moverse varias posicións en diagonal. Será obrigatorio comer a ficha do contrario se é posible (en caso de non facelo, a ficha será soprada - eliminada - por non comer) e, en caso de poder comer con varias fichas será sempre obrigatorio comer a maioría.

A partida finalizará cando un xogador quede sen fichas (sendo este o perdedor)ou tamén cando non hai máis movementos posibles.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Damas

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy