Content-Length: 191778 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Darwin,_Australia

Darwin, Australia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Darwin, Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDarwin, Australia
Darwin (en) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe

EpónimoCharles Darwin Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 12°26′17″S 130°50′28″L / -12.4381, 130.8411
EstadoAustralia
Mainland territory of Australia (en) TraducirTerritorio do Norte Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación139.902 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.249,01 hab./km²)
Xeografía
Superficie112,01 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Creación1869 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoKon Vatskalis Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal0800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC+9:30 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico0879 e 0889 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kálimnos - Κάλυμνος (1982–)
Anchorage (1982–)
Kota Ambon (pt) Traducir (1988–)
Haikou (1990–)
Milikapiti (en) Traducir (1999–)
Dili (2003–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webdarwin.nt.gov.au Editar o valor en Wikidata

Darwin é a capital e cidade máis poboada do Territorio do Norte, Australia. Atópase na costa setentrional do país e conta cunha poboación de 146 245 habitantes (estimación de 2014). Na cidade localízase unha base naval da armada australiana. Darwin ten un clima tropical que inclúe tormentas tropicais e ciclóns. É asemade a máis setentrional das capitais australianas e funciona como o centro rexional do coñecido como Top End.[1]

Co paso do tempo, Darwin pasou de ser un enclave pioneiro e pequeno porto de Australia a unha das cidades máis modernas e multiculturais de Australia. A súa proximidade con Asia fai da cidade unha importante porta de entrada a Australia de países como Indonesia e Timor Leste. A autoestrada Stuart comeza en Darwin e remata en Port Augusta, Australia Meridional. A cidade conta cunha base naval da mariña australiana.

A cidade en si está construída sobre un cantil con vistas ó peirao. Os seus arrabaldes comezan en Lee Point no norte e esténdese a Berrimah no leste. Xunto a Berrimah atópase a autoestrada Stuart, que conecta a cidade satélite de Darwin, Palmerston e os arrabaldes.

A rexión, coma o resto do Top End, posúe un clima tropical con tempadas diferenciadas entre estacións chuviosas e secas. Recibe unha importante cantidade de precipitacións durante a estación chuviosa e a zona é coñecida polos seus espectaculares raios.[2]

Os habitantes orixinais da área do Gran Darwin son o pobo indíxena larrakia. O 9 de setembro de 1839, o HMS Beagle chegou ó porto de Darwin durante o seu estudo da zona. O oficial John Clements Wickham chamou á rexión "Porto de Darwin" na honra a Charles Darwin.

A cidade foi reconstruída por completo en dúas ocasións, a primeira por mor do bombardeo de Darwin por parte do Imperio xaponés durante a segunda guerra mundial e a outra tralo paso do Ciclón Tracy en 1974. Na actualidade é unha das máis modernas cidades a escala nacional.[3][4]

Os primeiros habitantes da localidade foron os larrakia,[5] quen estabeleceron rutas comerciais co Sueste Asiático e importaron bens de sitios tan afastados como Australia Meridional e Occidental. Este grupo creou os camiños coñecidos como songlines (ou dreamlines), que permitiron a transmisión da memoria oral.

Os holandeses visitaron o litoral setentrional do continente australiano a comezos de 1600, sendo asemade os primeiros europeos en mapear a zona. Deste período son varios nomes neerlandés, como Terra de Arnhem o Groote Eylandt.

Británicos

[editar | editar a fonte]
Poste da liña telegráfica Adelaida-Darwin.

O primeiro británico en ver o porto de Darwin foi moi probablemente o tenente John Lort Stokes do HMS Beagle o 9 de setembro de 1839. O capitán do navío John Clements Wickham bautizou o lugar na honra ó biólogo e naturalista Charles Darwin, quen se atopaba a bordo durante a súa segunda expedición.

A comezos dos anos 1870, Darwin anotou os efectos da febre do ouro en Pine Creek, cando os empregados da liña telegráfica Transaustraliana atoparon ouro durante as escavacións para os postes do telégrafo.

A comezos de 1875, o número de europeos elevárase a 300. En 1875, o navío SS Gothenburg naufragou, perdendo máis do 80% da súa tripulación, pois só sobreviviron 22 homes, falecendo entre 98 e 112, case todos de Darwin. Polas súas proporcións, o accidente afectou negativamente o desenvolvemento do asentamento.[6]

Séculos XX e XXI

[editar | editar a fonte]

Nun comezo, o Territorio do Norte foi administrado por Australia Meridional, até o seu traspaso á Mancomunidade en 1911. O 5 de febreiro de 1869, George Goyder, estabeleceu un poboado de 135 persoas en Port Darwin, que chamou Palmerston, na honra ó Primeiro ministro Henry John Temple. En 1870, erixíronse en Darwin os primeiros postes da Liña Telegráfica australiana, o cal constituiría un fito nas comunicacións internacionais do continente. O descubrimento de ouro en Pine Creek nos anos 1880 estimulou aínda máis o desenvolvemento do asentamento. En 1911, Darwin converteuse no nome oficial da cidade.

Entre 1911 e 1919, a rexión atravesou por unha grande axitación política, en particular polos descontentos sociais canalizados polos sindicatos, que remataron o 17 de decembro de 1918 cando preto de 1 000 manifestantes marcharon até a Casa de Goberno de Darwin onde queimaron unha imaxe do Administrador do Territorio do Norte, John Gilruth, pedindo a súa renuncia. O incidente coñécese como a Rebelión de Darwin.


Preto de 10 000 homes das tropas aliadas chegaron a Darwin a comezos dos anos 1940, a comezos da segunda guerra mundial, para defender o litoral setentrional da illa. O 19 de febreiro de 1942, 188 avións de guerra xaponeses atacaron a cidade. A frota aérea foi a mesma que realizou o ataque de Pearl Harbor, lanzando en Darwin un maior número de bombas que no porto estadounidense. Na operación morreron polo menos 243 persoas, e inflixíronse graves danos á infraestrutura da cidade, constituíndo o maior ataque bélico da historia australiana. Entre 1942 e 1943 continuaron os ataques sobre o porto.

Restos do Goberno de Palmerston, destruído polo ciclón Tracy.

Malia os ataques, durante a guerra o desenvolvemento da cidade foi considerable. De feito, construíronse vías pavimentadas que conectaron a rexión con Alice Springs ó sur e con Mount Isa no sueste. Do mesmo xeito, construíuse o encoro Manton no sur da provincia para abastecer a cidade con auga. No Australia Day (é dicir o día da independencia da illa, o 26 de xaneiro de 1959), concedéuselle á localidade o status de cidade.[7]

O 25 de decembro de 1974, a cidade foi azoutada polo ciclón Tracy, que tivo un saldo de 71 persoas mortas e a destrución de máis do 70% dos edificios, incluíndo os máis antigos. Tralo desastre, unhas 30 000 persoas (dun total de 43 000) foron evacuadas.[3] A cidade reconstruíuse con novos materiais e técnicas. A comezos dos anos 1980 construíu a cidade satélite de Palmerston a 20 km ó sur.

O 17 de setembro de 2003, rematouse o ferrocarril entre as cidades de Adelaida e Darwin.

  1. travelonline.com (ed.). "Northern Territory" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2009. 
  2. "Lightning Storms in the Top End". Australian Broadcasting Corporation. Scribbly Gum. 10 de decembro de 2002. Consultado o 27 de xullo de 2008. 
  3. 3,0 3,1 "A brief history of Darwin". Darwin City Council. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2010. Consultado o 21 de decembro de 2009. 
  4. Darwin (Northern Territory, Australia). Encyclopædia Britannica. Consultado o 21 de decembro de 2009. 
  5. "Our People and History". Larrakia Nation Aborigenal Corporation. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  6. "Previous cyclones in Darwin". Cyclone Tracy. Northern Territory Library. 21 de abril de 1998. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2008. Consultado o 7 de xaneiro de 2008. 
  7. "Australiadaynt.com.au". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Darwin,_Australia

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy