Content-Length: 297956 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Denver

Denver - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Denver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDenver
Vista nocturna
(2006)
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumeMile High City Editar o valor en Wikidata
EpónimoJames W. Denver (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°44′21″N 104°59′05″O / 39.7392, -104.9847
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoColorado Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación715.522 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.782,74 hab./km²)
Número de fogares287.756 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaDenver metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:2.963.821) Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie401,359761 km² Editar o valor en Wikidata
Auga1,055 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Platte Sul (pt) Traducir e Cherry Creek (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude1.609 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación22 de novembro de 1858 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Denver, Colorado (en) Traducir Editar o valor en WikidataMike Johnston (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal80201–80212, 80214–80239, 80241, 80243–80244, 80246–80252, 80256–80266, 80271, 80273–80274, 80279–80281, 80290–80291, 80293–80295, 80299, 80123 e 80127 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
A Paz
Takayama
Axum
Ulán Bátor
Cuernavaca
Carmiel (pt) Traducir
Potenza
Brest (1959–)
Nairobi (1975–)
Chennai (1984–)
Kunming (1986–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webdenvergov.org Editar o valor en Wikidata
Facebook: CityandCountyofDenver Twitter: cityofdenver BNE: XX450907 Editar o valor en Wikidata

Denver é a cidade máis grande e capital do Estado de Colorado, Estados Unidos. Ademais, e despois de El Paso, é o condado con máis habitantes do estado. Está situada no río South Platte, no extremo occidental dos High Plains, ao leste das Montañas Rochosas (Rocky Mountains, en inglés). O distrito central de Denver sitúase inmediatamente ao leste da confluencia do afluente Cherry Creek co río South Platte, aproximadamente a 19 quilómetros ao leste do contraforte das Montañas Rochosas. Denver é coñecida como A cidade dunha milla de altura (Mile-High City) debido a que a súa altura oficial é exactamente dunha milla (aproximadamente 1,62 quilómetros) sobre o nivel do mar (nos banzos do edificio capital do estado). A poboación estimada en 2011 era de 619.968, o que facía de Denver a 23ª cidade máis poboada dos Estados Unidos. A área metropolitana de Denver-Aurora-Broomfield tiña unha poboación en 2011 duns 2 599 504 de habitantes, e por iso foi clasificada como a 21ª área metropolitana máis poboada do país. Ademais, Denver é a segunda cidade máis poboada da rexión de Moutain West e do suroeste dos Estados Unidos despois de Phoenix.

Denver City foi fundada en novembro do 1858 como unha vila fundamentalmente mineira durante a febre do ouro do pico Pikes (Pikes Peak en inglés), ao oeste de Kansas. Naquel verán, un grupo de exploradores de Lawrence (Kansas) chegaron e edificaron a cidade de Montana (Montana City) á marxe do río South Platte, aínda que rapidamente desapareceu dando lugar no verán de 1859 a Auraria, un nome que fai referencia á mina de ouro da cidade do mesmo nome pertencente ao Estado de Xeorxia. Este foi o primeiro asentamento do que despois sería a cidade de Denver. O 22 de novembro de 1858, o xeneral William Larimer, un especulador da terra do leste de Kansas, colocou troncos de álamo para poñer unha reclamación nun acantilado con vistas á confluencia do río South Platte e do seu afluente, o Cherry Creek, ao outro lado do arroio do asentamento mineiro de Auraria. Larimer denominou a cidade Denver City para gañarse o favor do gobernador territorial de Kansas, James W. Denver, pois el esperaba que poñéndolle ese nome á vila podería chegar a que o condado de Arapaho fose sede de condado, pero non o conseguiu, xa que por aquel entón o gobernador de Denver xa dimitira. As primeiras cidades asentáronse no que agora é o Confluence Park, no centro da cidade de Denver. Larimer, xunto cos socios da sociedade St. Charles City Land, vendeu parcelas da cidade aos comerciantes e mineiros coa intención de crear unha gran cidade. Denver era unha cidade fronteiriza, cunha economía baseada na industria mineira, na gandería e no comercio de mercancías. O territorio de Colorado foi creado o 28 de febreiro de 1861, mentres que o condado de Araphoe formouse o 1 de novembro do mesmo ano. Por outra parte, a cidade de Denver (chamada Denver City por aquel entón) foi incorporada a Colorado o 7 de novembro de 1861, en 1867 converteuse na capital do territorio e, ademais, foi sede do condado de Arapahoe dende a súa formación ata a súa consolidación en 1902. Unha vez que adquiriu importancia, Denver City acurtou o seu nome e pasou a chamarse Denver, tal e como se coñece hoxe.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Denver atópase no centro da rexión Front Range Urban Corridor, situada entre as Montañas Rochosas, ao oeste das chairas altas do leste. A topografía de Denver está formada polas chairas do centro da cidade e polas zonas montañosas ao oeste, sur e sueste. Segundo a oficina do censo dos Estados Unidos (United States Census Bureau), a cidade ten unha área de 154,9 quilómetros cadrados, dos cales 4,1 quilómetros cadrados son auga. O condado de Denver está rodeado só por tres condados: o de Adams ao norte e ao leste, o de Arapahoe ao sur e ao leste, e o condado de Jefferson ao oeste. A pesar de que o alcume de Denver é o de A cidade dunha milla de altura (Mile-High City) debido a que a súa altura oficial é dunha milla sobre o nivel do mar, a elevación de toda a cidade está entre os 1,5636 e os 1,7343 quilómetros.

Liña de rañaceos de Denver.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A oficina do censo dos Estados Unidos (United States Census Bureau) estima que, no ano 2008, a poboación do condado de Denver era de 600.158 persoas, o que o sitúa no 24ª condado máis poboado dos Estados Unidos. A área metropolitana de Denver-Aurora-Broomfield contaba en 2008 cun total de 2 506 626 habitantes (a 21ª máis poboada dos Estados Unidos), mentres que a área metropolitana de Denver-Aurora-Boulder contaba con arredor de 3 049 562 habitantes (a 16ª máis poboada do país).

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Denver depende parcialmente da súa posición xeográfica, pois por ela pasan numerosas vías de comunicación que conectan con outros territorios. A área metropolitana (Metropolitan Statistical Area (MSA) en inglés) de Denver tivo un produto rexional bruto (Gross Metropolitan Product (GMP) ou Gross Regional Product (GRP) en inglés) de 157,6 billóns de dólares en 2010, o que a sitúa na 18ª rexión máis rica dos Estados Unidos. Denver, por ser a cidade máis grande dentro dun raio de 800 quilómetros, converteuse nun lugar propicio para o almacenamento e distribución de bens e servizos ás rexións de Mountain States, a do Suroeste dos Estados Unidos, e tamén a do Oeste dos Estados Unidos. Outra das vantaxes da súa situación xeográfica é que Denver é case equidistante das grandes cidades da rexión do Medio Oeste, coma Chicago e St. Louis e tamén dalgunhas cidades da Costa oeste coma Os Ánxeles e San Diego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Denver

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy