Content-Length: 132611 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Desinfectante

Desinfectante - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Desinfectante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Líquido desinfectante xunto a cama de hospital.

A desinfección é un proceso físico ou químico que mata ou inactiva axentes patóxenos de bacterias, virus e protozoos evitando a proliferación de microorganismos patóxenos na fase vexetativa que se atopan nos organismos vivos. Os desinfectantes son substancias que se aplican aos obxectos para destruír os microorganismos que alí habitan.[1] A desinfección non ten necesariamente que matar todos os microorganismos, especialmente as esporas bacterianas non resistentes; é menos eficaz que a esterilización microbiolóxica, que mata todas as formas de vida. Os desinfectantes son diferentes doutros axentes antimicrobianos, como os antibióticos, que destrúen os microorganismos dentro do corpo, e os antisépticos, que destrúen os microorganismos nos tecidos biolóxicos. Os desinfectantes son un tipo de biocida que trata de eliminar especificamente os microorganismos. Os desinfectantes, lonxe de eliminar completamente a presenza de microbios, reducen os organismos nocivos a un nivel que non afecta negativamente á saúde nin á calidade dos produtos perecedoiros. Os sanitizantes[2] son substancias que ao mesmo tempo limpan e desinfectan.[3] As endósporas bacterianas son na súa maioría resistentes aos desinfectantes, pero algúns virus e bacterias teñen certa tolerancia. Os desinfectantes úsanse con frecuencia en hospitais, cirurxía dental, cociña e baños para matar organismos infecciosos.

Un desinfectante ideal debe ofrecer unha esterilización microbiolóxica completa e total, sen prexudicar outras formas de vida, ser barato e non corrosivo. Porén, non existe tal desinfectante ideal. Moitos desinfectantes son perigosos na natureza para os humanos e os animais. Nalgúns casos, as bacterias poden crear resistencia ao produto que se aplica para matalas (véxase tamén resistencia a antibióticos).

Tipos de desinfectantes

[editar | editar a fonte]

Os desinfectantes adoitan clasificarse segundo a familia química do seu axente activo. É habitual empregar axentes oxidantes que oxidan a membrana celular dos microorganismos, como os derivados do cloro e do osíxeno. Entre os que non se clasifican entre os grandes grupos están:

Os ácidos xeralmente actúan reducindo o pH:

Derivados clorados

[editar | editar a fonte]

Estes conteñen átomos de cloro unidos covalentemente.

Derivados fenólicos

[editar | editar a fonte]
  • O cloroxilenol úsase en desinfectantes domésticos.
  • O fenol é un dos desinfectantes máis antigos, é bastante corrosivo para a pel e posiblemente canceríxeno.
  • O fenilfenol a miúdo substitúe ao fenol.
  • O hexaclorofeno está prohibido actualmente.
  • O tomiño é un desinfectante ecolóxico e de amplo espectro.

Compostos de amonio cuaternario

[editar | editar a fonte]

Tamén se chaman "quats" (de quaternary ammonium cations ou catións de amonio cuaternario, ións poliatómicos cargados positivamente da estrutura [NR4]+) como o cloruro de benzalconio e outros que se consideran biocidas.

Toxicidade

[editar | editar a fonte]

Un estudo de 2014 argumentou que o uso de desinfectantes de mans (que aumenta até 100 veces a penetración dérmica das partículas lipófilas)[6] e o posterior contacto con substancias portadoras de bisfenol A (BPA), como o papel impreso de recibos, ouriños ou algúns alimentos, relacionouse cun maior risco de padecer enfermidades e anomalías de saúde.[7]

Notas

  1. "Glossary ; Infection Prevention & Control in Dental Settings". www.cdc.gov; Division of Oral Health (en inglés). 2020-08-10. Consultado o 2023-08-09. 
  2. "sanitizante". bUSCatermos; aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-08-09. 
  3. Cleaning and disinfecting Arquivado 09 de xullo de 2011 en Wayback Machine., (2009), Mid Sussex District Council, Reino Unido
  4. Lester, William; Dunklin, Edward; Robertson, O. H. (1952-04-04). "Bactericidal Effects of Propylene and Triethylene Glycol Vapors on Airborne Escherichia coli". Science (en inglés) 115 (2988): 379–382. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.115.2988.379. 
  5. FDA/CFSAN - Food Safety A to Z Reference, "Bacteria" http://vm.cfsan.fda.gov/~dms/a2z-b.html Arquivado 03 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.
  6. Funke, Adrian P.; Schiller, Roman; Motzkus, Hans W.; Günther, Clemens; Müller, Rainer H.; Lipp, Ralph (2002-05-01). "Transdermal Delivery of Highly Lipophilic Drugs: In Vitro Fluxes of Antiestrogens, Permeation Enhancers, and Solvents from Liquid Formulations". Pharmaceutical Research (en inglés) 19 (5): 661–668. ISSN 1573-904X. doi:10.1023/A:1015314314796. 
  7. Hormann, Annette M.; Saal, Frederick S. vom; Nagel, Susan C.; Stahlhut, Richard W.; Moyer, Carol L.; Ellersieck, Mark R.; Welshons, Wade V.; Toutain, Pierre-Louis; Taylor, Julia A. (22 de out. de 2014). "Holding Thermal Receipt Paper and Eating Food after Using Hand Sanitizer Results in High Serum Bioactive and Urine Total Levels of Bisphenol A (BPA)". PLoS ONE (en inglés) 9 (10): e110509. ISSN 1932-6203. PMC 4206219. PMID 25337790. doi:10.1371/journal.pone.0110509. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Desinfectante

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy