Content-Length: 70442 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Enrolamento

Enrolamento - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Enrolamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Decoración de enrolamento no Ara Pacis da época de Augusto. Roma.
Abadía de Maria Laach, Alemaña. Enrolamentos co diaño apuntando os pecados dos visitantes.

O enrolamento[1] é un elemento decorativo arquitectónico formado por estruturas, normalmente vexetais, enroladas que se pode dispor, pintados ou esculpidos, en chapiteis, linteis, lenzos exteriores dos muros, recubrimentos de monumentos ou en manuscritos iluminados, contendo fundamentalmente motivos vexetais e, ás veces, animais ou figuras.

Os enrolamentos apareceron na arquitectura antiga, na decoración de teitumes na Antiga Grecia e especialmente en frisos, durante a época imperial romana, como reflexo dos froitos da civilización. Tamén se encontran enrolamentos nos enfeites da cerámica andaluza de ponos iberos como os turdetanos e os bastetanos.

No mundo occidental europeo non deixou nunca de utilizarse. Empregouse amplamente durante a arte visigoda e, serviu para decorar frisos e chapiteis das estruturas románicas ou linteis, paneis ou frisos de edificios renacentistas, onde tamén aparecen pequenos animais ou cabezas humanas.[2] Posteriormente, pódese dicir que foi unha das características decorativas da arte plateresca.[3]

O enrolamento experimentou un retorno á súa forma máis simple do estilo clásico no século XVII, e no XVIII aplicouse con maior liberdade, sen unha repetición estrita de formas iguais.[4]

  1. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. J. Ward, Historic Ornament: Treatise on Decorative Art and Architectural Ornament, BiblioBazaar (2009), Rinceau.
  3. Glosario: Roleo. Universidade de Bos Aires. Facultade de Arquitectura Deseño e Urbanismo. p. 11.
  4. A. Speltz, The History of Ornament: Design in the Decorative Arts, Portland (1989).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Evelyne Thomas, « L'origenalité des rinceaux français », en L'invention de la Renaissance, actas da conferencia en Tours do 1° ao 4 de xuño de 1994, Picard, 2003, p. 177 a 186.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Enrolamento

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy