Erik Satie
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Éric Alfred Leslie Satie 17 de maio de 1866 Honfleur (Francia) |
Morte | 1 de xullo de 1925 (59 anos) París (Francia) |
Causa da morte | cirrose hepática |
Lugar de sepultura | Cemetery of Arcueil (en) |
Residencia | Arcueil (1898–1925) |
Educación | Schola Cantorum de Paris (en) (1905–) Conservatorio de París (1879–1882) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, pianista |
Membro de | |
Xénero artístico | Romanticismo musical e Impresionismo |
Movemento | Vangardas |
Profesores | Vincent d'Indy |
Instrumento | Piano |
Participou en | |
Tabakalera | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Suzanne Valadon |
Descrito pola fonte | UbuWeb Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Sitio web | erik-satie.com |
|
Eric Alfred Leslie Satie, nado en Honfleur (departamento de Calvados) o 17 de maio de 1866 e finado en París o 1 de xullo de 1925, foi un compositor e pianista francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A xuventude de Erik Satie transcorreu entre Honfleur, na baixa Normandía, e París. Cando tiña catro anos, a súa familia mudouse a París, onde ó seu pai Alfred lle ofreceran un traballo de tradutor. Trala morte da súa nai, Jane Leslie Anton, en 1872, foi enviado canda seu irmán máis novo Conrad de volta a Honfleur, onde viviron cos avós paternos. Alí recibiu as primeiras leccións de música por parte dun organista local. Cando a avoa morreu en 1878, os irmáns reuníronse de volta en París co pai, quen volveu casar cunha mestra de piano. Dende comezos da década de 1880, Alfred Satie comezou a publicar as súas composicións de salón, compostas pola súa nova esposa e el mesmo, entre outros.
En 1879, Satie entrou no conservatorio de París, mais os seus mestres axiña o etiquetaron como "falto de talento". Tras ser enviado á casa durante dous anos e medio, foi readmitido a finais de 1885, mais non mellorou a impresión dos mestres. O ano seguinte decidiu facer o servizo militar. Porén, ás poucas semanas tratou de saír do exército.
En 1887 marchou da casa para instalarse en Montmartre. Neste tempo comezou unha grande amizade co poeta romántico Patrice Contamine e, coa axuda do pai deste, publicou as primeiras composicións. Axiña se integrou no café-cabaret Le Chat Noir e relacionouse coa clientela artística deste. Por esta época comezou a publicar as súas Gimnopedias, ás que seguiron as Ogives e as Gnossiennes, entre outras. Neste período coñeceu a Debussy. En 1891 converteuse no compositor oficial e mestre de capela da Ordre de la Rose-Croix Catholique, du Temple et du Graal, liderada por Joséphin Péladan. Para ela compuxo pezas de inspiración mística, coma Salut Dapreau!, Le Fils des étoiles e Sonneries de la Rose Croix.
Satie e Suzanne Valadon, pintora impresionista e nai de Miguel Utrillo, comezaron unha relación sentimental en 1893. Axiña Valadon se mudou a unha vivenda próxima á de Satie, na Rue Cortot. Satie obsesiounouse con ela, chamábaa a súa Biqui e escribía apaixonadas notas sobre o seu ser completo, ollos encantadores, mans xentís e pés pequenos. Valadon pintou o retrato de Satie e deullo, mais ós seis meses ela mudouse, o que deixou devastado ó compositor. Durante a súa relación, Satie compuxo as súas Danses Gothiques, a modo de oración para facer regresar a paz á súa mente. Aparentemente, esta foi a única relación que tivo.
No mesmo ano coñeceu o mozo Maurice Ravel, quen exerceu unha notable influencia nas súas primeiras composicións. Unha das composicións de Satie neste período, as Vexations, permaneceu descoñecida ata a súa morte. A finais do ano fundou a Eglise Métropolitaine d'Art de Jésus Conducteur (Igrexa Metropolitana da Arte de Cristo o Guía). Como o seu único membro, o papel de "Parcier et Maître de Chapelle" comezou unha composición dunha Grande Messe (despois coñecida como a Messe des Pauvres), e escribiu un caudal de cartas, artigos e panfletos mostrando a súa convición en temas relixiosos e artísticos.
Datos de interese sobre o compositor
[editar | editar a fonte]- Presentábase a si mesmo como "ximnopedista" en 1887, pouco antes de escribir as súas composicións máis famosas, as Gimnopedias.
- Colaborou con artigos en varios xornais.
- Chamábase a si mesmo "fonometrógrafo" (alguén que mide e escribe sons). De feito, prefiría definirse así antes que coma "músico".
- Pode ser considerado un precursor do serialismo, moito antes do século XX.
- Foi unha das primeiras persoas en aparecer no cine, en 1924, nunha película de René Clair.
- Trala súa primeira composición en 1884, cambiou o 'c' final do seu nome por un 'k' (Erik Satie).
- Parece que houbo un curto período ó final da década de 1880 no que publicou as súas obras baixo o pseudónimo de 'Virginie Lebeau'. Con todo, posteriormente sentiríase orgulloso de publicar os seus traballos co seu nome real.
Obra
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de composicións de Erik Satie.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Erik Satie |
- Lista completa das composicións de Satie.
- Satie Home page — sitio web enteiramente dedicado a Erik Satie, inclúe pezas musicais.
- Partituras de Erik Satie Arquivado 18 de setembro de 2020 en Wayback Machine..