Content-Length: 95745 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Giulio_Cesare_(%C3%B3pera)

Giulio Cesare (ópera) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Giulio Cesare (ópera)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Giulio Cesare in Egitto
Xulio César en Exipto
Manuscrito da primeira edición (1724).
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaNicola Francesco Haym
Fontes literariasAdaptado dun libreto de G. F. Bussani
Estrea20 de febreiro de 1724
Teatro da estreaDorset Garden Theatre
Lugar da estreaLondres
Duración3 horas 15 minutos[1]
Música
CompositorGeorg Friedrich Händel
Personaxes

Giulio Cesare (mezzosoprano ou contralto)[2]
Sesto (mezzosoprano)[3]
Tolomeo (contralto)[4]
Achilla (Aquiles) (baixo)
Cleopatra (soprano lírico-spinto)
Cornelia (contralto ou mezzosoprano)
Curio(barítono)[5]
Nireno (contratenor)[4][6]

Giulio Cesare in Egitto (en galego Xulio César en Exipto), tamén denominada simplemente como Giulio Cesare (en galego, Xulio César), é unha ópera en tres actos con música de Georg Friedrich Händel e libreto en italiano de Nicola Francesco Haym quen empregou un libreto anterior de Giacomo Francesco Bussani musicado por Antonio Sartorio (1676). O libreto baséase dun xeito moi libre a chegada de Xulio César a Alexandría logo da batalla de Actium, e a súa relación con Cleopatra. Foi composta para a Royal Academy of Music.

A ópera foi estreada o 20 de febreiro no Dorset Garden Theatre de Haymarket (Londres) coa famosa soprano Francesca Cuzzoni e o castrato Francesco Bernardi Senesino e foi un éxito inmediato, un dos máis grandes de Händel. En vida do compositor volveuse representar en 1725, 1730 e 1732; tamén se representou en París, Hamburgo e Brunswick. Como a meirande parte das óperas de Händel, Giulio Cesare caeu no esquecemento no século XIX, e non foi ata 1922 cando se volveu representar en Göttingen. Coa recuperación da música barroca a partir dos anos '50, converteuse nunha das óperas máis populares de Händel.

Os papeis principais de Giulio Cesare, Sesto e Tolomeo foron escritos para castrati. Actualmente estes papeis adoitan ser interpretados por contraltos ou contratenores, aínda que ás veces Giulio Cesare transpórtase a barítono. Está considera unha das mellores óperas de Händel e de todo o repertorio clásico, que destaca polas súas partes vogais, de grande profundidade. É o exemplo máis significativo do ideal heroico e de demostración efectiva de toda a arte e a experiencia que Händel acumulara ata aquela.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 20 de febreiro de 1724
(Director: - )
Cleopatra soprano Francesca Cuzzoni
Sesto soprano Margherita Durastanti
Giulio Cesare alto castrato Senesino
Tolomeo alto castrato Gaetano Berenstadt
Nireno alto castrato Giuseppe Bigonzi
Cornelia contralto Anastasia Robinson
Achilla baixo Giuseppe Maria Boschi
Curio baixo John Lagarde
  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 88–89. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. La Guía visual de la Ópera, Espasa, señala alto (castrato).
  3. La Guía visual de la Ópera, Espasa, señala soprano.
  4. 4,0 4,1 La Guía visual de la Ópera, Espasa, señala alto / castrato.
  5. La Guía visual de la Ópera, Espasa, señala bajo.
  6. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Giulio_Cesare_(%C3%B3pera)

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy