Content-Length: 117427 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Harlem

Harlem - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Harlem

Modelo:Xeografía políticaHarlem
Imaxe

EpónimoHaarlem Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°48′33″N 73°56′54″O / 40.809033333333, -73.948372222222
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York
CidadeNova York
BoroughManhattan Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación363.633 (2010) Editar o valor en Wikidata (36.269 hab./km²)
Xeografía
Superficie10,026 km² Editar o valor en Wikidata
Creación1653 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10026 e 10039 Editar o valor en Wikidata

O Teatro Apollo sobre da rúa 125, en novembro de 2006.

Harlem é un barrio da sección norte da cidade de Nova York, no distrito de Manhattan. Dende a década de 1920, Harlem foi o centro residencial, cultural e de negocios dunha maioría afroamericana. Orixinalmente unha vila neerlandesa fundada en 1658,[1] o seu nome provén da cidade de Haarlem, nos Países Baixos. A historia de Harlem definiuse por ciclos de bonanza e crise, con significativas variacións de poboación con cada ciclo.[2]

Os residentes afroamericanos comezaron a chegar en masa en 1905, con números incrementados pola Gran Migración. Nas décadas de 1920 e 1930, Harlem Central e Occidental foron o berce do "Renacemento de Harlem", un florecemento da creación artística sen precedentes na comunidade negra. Porén, o aumento do paro na época da Gran Depresión e a desindustrialización de Nova York despois da segunda guerra mundial, incrementou os índices de criminalidade e pobreza.[3]

Coa revitalización da cidade de Nova York a finais do século XX, Harlem experimentou un proceso de xentrificación. Malia este fluxo de nova riqueza, moita poboación sobrevive das axudas sociais, cun 34,9% na zona Occidental, un 43,3% na Central, e un 46,5% na Oriental.[4]

  1. Pierce, Carl Horton, et al. New Harlem Past and Present: the Story of an Amazing Civic Wrong, Now at Last to be Righted. New York: New Harlem Pub. Co., 1903.
  2. "Harlem History |". Harlemworldmag.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  4. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Harlem

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy