Content-Length: 224787 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Imperio_Italiano

Imperio Italiano - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Imperio Italiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaImperio Italiano

Lema«FERT (pt) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 13°00′28″N 42°44′28″L / 13.0078, 42.7411
CapitalRoma Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1882 Editar o valor en Wikidata
Disolución1960 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de

O colonialismo italiano iniciouse en 1882 coa posesión do porto de Assab, na futura Colonia eritrea e alcanzou a súa máxima expansión na época fascista, nos primeiros meses de 1940, cando as posesións coloniais italianas incluían catro territorios de África (Libia, Somalia, Etiopía e Eritrea), as illas do Dodecaneso (grupo de illas gregas no extremo leste do mar Exeo, xunto á costa suroeste de Turquía), Albania e a pequena concesión chinesa na cidade de Tianjin.

Tras a conquista italiana de Etiopía, o 9 de maio de 1936, cuñouse a expresión Imperio colonial italiano ou, simplemente Imperio Italiano, cando se declarou a soberanía plena do Reino de Italia sobre o imperio de Eiopía e a asunción por parte do rei de Italia Vítor Manuel III do título de emperador de Etiopía.[1]

Este imperio colonial caeu como consecuencia dos fracasos de Italia durante a segunda guerra mundial.

Na posguerra, soamente a Somalia italiana permaneceu baixo administración fiduciaria de Italia até o ano de 1960, cando se declarou a independencia deste país e a súa unión coa Somalia británica.

Inmediatamente despois da unificación de Italia, o Reino de Italia comezou a ambicionar posesións coloniais.

O territorio de Assab, adquirido en 1882.
Colonias italianas en 1914.
O imperio Italiano en 1939.

O colonialismo italiano iniciouse coa toma de posesión dos portos de Assab e Massaua na costa africana do mar Vermello no último decenio do século XIX e terminou coa derrota do Eixe na segunda guerra mundial, que comportou a perda de todas as colonias italianas (excepto a Somalia italiana, que permaneceu como Administración fiduciaria da ONU.

Porén, sendo Somalia de facto un protectorado italiano até 1960, algúns consideran esta data como o fin do colonialismo Italiano.

As colonias italianas foron:

En África: Eritrea, a Somalia italiana, Libia (conquistada ao imperio Otomán en 1912) e a Etiopía italiana (conquistada e anexionada en 1936);

En Europa: o Dodecaneso e Albania (ocupada polas tropas italianas en 1939).

Os territorios baixo a soberanía de Italia no continente africano alcanzaron a súa máxima extensión no verán de 1940, cando foi ocupada tamén a Somalia británica (do 3 ao 19 de agosto), zonas nos arredores de cidades sudanesas (como Carey) e Kenya (Moyale) e algunhas localidades exipcias cerca da fronteira con Libia (setembro): o imperio alcanzou en África, a principios de 1941, máis de 4,1 millóns de km².

A diferenza das outras potencias coloniais europeas, Italia non tivo posesións coloniais estábeis noutros continentes fóra de África e Europa, se excluímos a pequena concesión italiana de Tianjin, na China (e a ocupación italiana da Anatolia suroccidental).

O imperio Italiano entre 1940 e 1943, anos en que ocupou parte de Exipto, Tunisia, os Balcáns, Grecia, Córsega, algúns territorios franceses, a Somalia británica e as zonas dos límites entre Sudán e Kenya.

Italia pretendía establecer o seu dominio sobre a veciña Tunisia, país mediterráneo na costa oposta, onde se establecera desde había algúns anos unha gran comunidade de compatriotas.

Porén, Francia alegou, no Schiaffo di Tunisi en 1881,[2] provocando unha áspera reacción do goberno italiano e un punto de inflexión na política exterior italiana. Pola acción repentina de Francia, Italia emprendeu contactos diplomáticos con Alemaña e Austria-Hungría que levaron á sinatura da Tripla Alianza en 1882; porén, esta alianza tiña un punto feble: a hostilidade de Italia contra Austria-Hungría, debida á interrupción do proceso de reunificación nacional cos territorios irredentos de Trentino-Tirol do Sur, e a Venecia Xulia (cos terrritorios reclamados de Gorizia, Trieste, Istria e Dalmacia), aínda en poder do Imperio austríaco.

Outras friccións con Francia foron, durante o mesmo período, tamén en Alxeria, onde en Bona (actual Annaba) había unha comunidade italiana moi activa na pesca de corais.

Coa vista posta en Asia, e a concesión en Sabah (Borneo)

[editar | editar a fonte]

Nas dúas décadas posteriores á súa unificación, Italia ambicionaba a posesión dos poucos territorios asiáticos que permanecían aínda libres doutras potencias coloniais, en particular Tailandia, Birmania, o Sultanato de Aceh e as illas de Andaman e Nicobar. En 1880, o barón von Overbeck, cónsul do Imperio Austrohúngaro en Hong Kong, dada a negativa do goberno de Viena a axudalo na súa pretensión de establecer unha concesión no norte de Borneo, no actual estado de Sabah (Malaisia), preguntoulle ao goberno italiano se estaba interesado na adquisición da súa concesión, e crear así a primeira colonia italiana en Asia (Borneo), pero o proxecto fracasou pola negativa de Roma a intervir, deixando as mans libres á Gran Bretaña, que foi ocupando pouco a pouco a concesión, incorporándoa á Malaisia británica.

Por outra parte, a finais de 1869, o explorador Emilio Cerruti foi enviado a Nova Guinea para establecer relacións coa poboación local, obtendo bos resultados para a creación dunha eventual colonia comercial e/ou unha colonia penal, pero o temor do goberno italiano a provocar a inimizade de Inglaterra e Holanda fixo que fracasase o proxecto.[3] Cerruti volveu en 1870 a Florencia con borradores de tratados asinados polos sultáns das illlas de Aru e Kai, entre outros, en Nova Guinea, onde foi aceptada a soberanía italiana (Cerruti tomara posesión dalgunhas zonas do norte e o oeste da costa de Nova Guinea en nome de Italia).[4]

Primeiras tentativas en África

[editar | editar a fonte]

En África, a finais de 1861, co goberno de Cavour, houbo un pouco coñecido intento —abortado axiña polos británicos e os franceses— de crear unha pequena colonia, inicialmente comercial, na costa de Nixeria e na illa portuguesa do Príncipe. Porén, os primeiros intentos de adquirir posesións coloniais reais remóntanse á época dos gobernos de esquerda de Agostino Depretis e Francesco Crispi, aínda que algúns gobernos anteriores apoiaran, se ben non explicitamente, algunhas iniciativas privadas, tales como a adquisición da baía de Assab pola compañía de navegación de Rubattino. Durante os anos oitenta do século XIX foron enviados polo goberno italiano polo menos tres oficiais para intentar ocupar un porto no mar Vermello que podería servir de apoio a un futuro imperio colonial en Asia ou en África.

No Corno de África: Eritrea e Somalia

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Eritrea italiana e Somalia italiana.
Posesións italianas en África en 1896.

Os primeiros pasos de Italia en Assab leváronse a cabo en 1869, inmediatamente despois da apertura do canal de Suez, coa compra de terras polo misioneiro Giuseppe Sapeto, o que estimulou a compañía navieira de Raffaele Rubattino.[5] A empresa italiana de navegación comprou a baía de Assab a uns sultáns para construír un porto para os servizos da súa frota comercial.

O 10 de marzo de 1882, o goberno italiano adquiriu a terra de Assab da empresa italiana.[6]

Ademais de comprar Assab á compañía Rubattino (en 1882), o Estado italiano intentou adquirir e ocupar o porto de Zeila (no golfo de Adén, hoxe en Somalilandia), nese momento controlado polos exipcios, pero sen resultado ningún. Cando os exipcios tiveron que retirarse do corno de África en 1884, os diplomáticos italianos acordaron con Gran Bretaña a ocupación do porto de Massaua que, xunto co de Assab, formaron as primeiras posesións italianas no mar Vermello (desde 1890 coñecidas co nome de Colonia eritrea).

Para os gobernos Crispini, a cidade de Massaua converteuse no punto de partida para un proxecto que debía servir para o control de todo o Corno de África. Ao inicio da década de 1880 esta zona estaba habitada por tribos afar, etíopes, somalís e oromo, autónomas ou sometidas a diversos gobernos: os exipcios (ao longo das costas do mar Vermello), varios sultanatos (Harar, Hobyo e Zanzíbar, os máis importantes), emires ou líderes tribais. A diferenza do caso de Etiopía, gobernada daquela polo Negus Neghesti ("rei de Reis") Xoán IV, pero coa presenza dun segundo Negus (rei) nos territorios do sur: Menelik II.

A China e a concesión de Tianjin

[editar | editar a fonte]

A conquista de Libia

[editar | editar a fonte]

Os anos 20 (Anatolia) e 30 (Abisinia)

[editar | editar a fonte]

Outra miras do goberno italiano

[editar | editar a fonte]

A conquista de Etiopía e o nacemento do imperio

[editar | editar a fonte]

Ambicións do réxime fascista

[editar | editar a fonte]

Fin do imperio

[editar | editar a fonte]

Colonias italianas

[editar | editar a fonte]

Eritrea (1882-1947)

[editar | editar a fonte]

Somalia italiana (1890-1960)

[editar | editar a fonte]

Libia (1911-1943)

[editar | editar a fonte]

Abisinia (1936-1941)

[editar | editar a fonte]

Albania (1939-1943)

[editar | editar a fonte]

O Dodecaneso (1912-1943)

[editar | editar a fonte]

Anatolia (1919-1922)

[editar | editar a fonte]

Tianjin (China) (1901-1947)

[editar | editar a fonte]

Máxima extensión

[editar | editar a fonte]

Proxecto fascista de ampliación do imperio

[editar | editar a fonte]

O fin do imperio

[editar | editar a fonte]

As cancións do colonialismo italiano

[editar | editar a fonte]

Galería de símbolos do colonialismo

[editar | editar a fonte]
  1. Real Decreto-Lei de 9 de maio de 1936 (en italiano).
  2. O Schiaffo di Tunisi é unha expresión xornalística usada na prensa e na historiografía italiana de finais do século XIX para describir un episodio da crise politica na época entre o Reino de Italia e Terceira República Francesa. O goberno francés en 1881, nunha acción de forza estableceu o protectorado sobre Tunisia, xa obxecto de intencións coloniais do Reino de Italia.
  3. Franchini, Vittorio (1941): Storia economica coloniale: lezioni di storia economica. Bologna: G.U.F., p. 526.
  4. "L'esploratore Cerruti in Nuova Guinea" en L'esploratore: giornale di viaggi e geografia commerciale, da Società italiana di esplorazioni geografiche e commerciali (1883).
  5. Lazzarini, Vincenzo (1981): "P. Giuseppe Sapeto e la ripresa cattolica in Abissinia", Quaderni di studi etiopici, Asmara, n° 2.
  6. Ciglio, Carlo (1958-1959): "Etiopía - Mar Rosso (1857-1885)", en L'Italia en África, Roma serie storica, volume 1º (t. 1: texto; t. 2: documentos), Istituto della Stato.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Andall, Jacqueline & Derek Duncan, dir. (2005): Italian colonialism: legacy and memory. Oxford / Nova York: Peter Lang. ISBN 3-0391-0326-1.
  • Antonicelli, Franco(1961): Trent'anni di storia italiana 1915 - 1945. Torino: Mondadori.
  • Aruffo, Alessandro (2003): Storia del colonialismo italiano: da Crispi a Mussolini. Roma: Datanews. ISBN 978-8-8798-1315-0.
  • Avenel, Jean-David & Ciro Paoletti (2014): L'Empire italien (1885-1945). París: Economica. ISBN 978-2-7178-6757-2.
  • Chapin Metz, Hellen (1987): Libya: A Country Study. Washington: GPO for the Library of Congress.
  • Del Boca, Angelo (1985): Italiani in Africa Orientale: La conquista dell'Impero. Bari: Laterza. ISBN 88-420-2715-4.
  • Del Boca, Angelo (1986): Italiani in Africa Orientale: La caduta dell'Impero. Bari: Laterza. ISBN 88-420-2810-X.
  • Maravigna, Pietro (1949): Come abbiamo perduto la guerra in Africa. Le nostre prime colonie in Africa. Il conflitto mondiale e le operazioni in Africa Orientale e in Libia. Testimonianze e ricordi. Roma: Tipografía L'Airone.
  • Miège, Jean-Louis (1968): L'Impérialisme colonial italien de 1870 à nos jours. París: Société d'édition d'enseignement supérieur (SEDES).
  • Rodogno, Davide (2006): Fascism's European Empire. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-5218-4515-7.
  • Sarti, Roland (1974): The Ax Within: Italian Fascism in Action. Nova York: Modern Viewpoints. ISBN 978-0-5310-6367-5.
  • Smeaton Munro, Ion (1971): Trough Fascism to World Power: A History of the Revolution in Italy. Manchester: Ayer Publishing. ISBN 0-8369-5912-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  • Ascari: I Leoni di Eritrea Eritrea colonial. Historia, imaxes, películas, mapas. Guerra de Libia, Guerra en Etiopía.
  • Ascari d'Eritrea Cerca de 200 imaxes subdivididas en ategorías. Postais, fotos, medallas, gravados.
  • Silvana Palma, L'Africa nella collezione fotografica dell'Isiao. Il fondo Eritrea-Etiopia, Roma, Isiao-Università di Napoli "l'Orientale", 2005.










ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Imperio_Italiano

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy