Content-Length: 121017 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Interleucina_16

Interleucina 16 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Interleucina 16

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PDB 1i16
Interleucina 16
Identificadores
Símbolo IL16
Símbolos alt. LCF; NIL16; PRIL16; prIL-16
Entrez 3603
OMIM

603035

RefSeq NP_001165599
UniProt Q14005
Outros datos
Locus Cr. 15 :(81.45 – 81.61 Mb)

A interleucina 16 (IL-16 ou IL16) é unha proteína citocina que nos humanos está codificada no xene IL16 do cromosoma 15 (o xene codifica dúas proteínas por splicing alternativo).[1][2][3] Esta citocina é producida en forma dun péptido precursor, chamado pro-interleucina 16 (pro-IL-16).

A proteína codificada por este xene é unha citocina pleiotrópica que funciona como quimioatractora, moduladora da activación de células T, e inhibidora da replicación do VIH. O proceso de sinalización desta citocina está mediado polo CD4, que funciona como receptor para a IL-16 madura. O produto deste xene sofre un procesamento proteolítico, do que se orixinan dúas proteínas funcionais. A función de citocina atribúese exclusivamente ao péptido C-terminal segregado, mentres que o produto N-terminal parece que desempeña un papel no control do ciclo celular. A caspase-3 está implicada no procesamento proteolítico desta proteína. Dous transcritos orixinados por splicing alternativo codifican as disttintas isoformas atopadas.[2]

A interleucina 16 é unha citocina que liberan varios tipos celulares, entre eles os linfocitos e algunhas células epiteliais.

A IL-16 foi descrita orixinalmente como un factor que podía atraer células T activadas en humanos, e foi chamada inicialmente factor quimioatractor dos linfocitos (LCF).[3] Desde entón, viuse que esta interleucina actúa recrutando e activando moitas outras células que expresen a molécula de superficie CD4, como monocitos, eosinófilos, e células dendríticas.[4]

A estrutura da IL-16 foi determinada despois da súa clonación en 1994.[5]

Interaccións

[editar | editar a fonte]

A interleucina 16 presenta interaccións proteína-proteína con:

  1. Baier M, Bannert N, Werner A, Lang K, Kurth R (Jun 1997). "Molecular cloning, sequence, expression, and processing of the interleukin 16 precursor". Proc Natl Acad Sci U S A 94 (10): 5273–7. PMC 24668. PMID 9144227. doi:10.1073/pnas.94.10.5273. 
  2. 2,0 2,1 "Entrez Gene: IL16 interleukin 16 (lymphocyte chemoattractant factor)". 
  3. 3,0 3,1 Cruikshank W, Center DM (1982). "Modulation of lymphocyte migration by human lymphokines. II. Purification of a lymphotactic factor (LCF)". J. Immunol. 128 (6): 2569–74. PMID 7042841. 
  4. Cruikshank WW, Kornfeld H, Center DM (2000). "Interleukin-16". J. Leukoc. Biol. 67 (6): 757–66. PMID 10857846. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2008. Consultado o 05 de febreiro de 2015. 
  5. Cruikshank WW, Center DM, Nisar N, Wu M, Natke B, Theodore AC, Kornfeld H (1994). "Molecular and functional analysis of a lymphocyte chemoattractant factor: association of biologic function with CD4 expression". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 91 (11): 5109–13. PMC 43941. PMID 7910967. doi:10.1073/pnas.91.11.5109. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Kurschner C, Yuzaki M (1999). "Neuronal interleukin-16 (NIL-16): a dual function PDZ domain protein". J. Neurosci. 19 (18): 7770–80. PMID 10479680. 
  7. 7,0 7,1 Bannert N, Vollhardt K, Asomuddinov B, Haag M, König H, Norley S, Kurth R (2003). "PDZ Domain-mediated interaction of interleukin-16 precursor proteins with myosin phosphatase targeting subunits". J. Biol. Chem. 278 (43): 42190–9. PMID 12923170. doi:10.1074/jbc.M306669200. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Interleucina_16

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy