Content-Length: 109548 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Jedi

Jedi - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Jedi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dentro do universo de Star Wars, un Jedi é un personaxe de gran poder e sabedoría pertencente a unha orde mística e guerreira que ten o seu cuartel xeral e templo no planeta Coruscant.

Filosofía Jedi

[editar | editar a fonte]
Espadas ou sabres de Luz usadas polos Jedi

Aínda que con frecuencia se confunde, a sensibilidade dos Jedi á Forza e o seu control sobre ela non é o que lles proporciona a súa singular filosofía, que foi desenvolvida con posterioridade ao descubrimento do inmenso poder que outorga ao coñecedor dos seus camiños.

O obxectivo da filosofía Jedi non é só obter o máximo poder da Forza, senón dotar os sensibles a ela das ferramentas interiores suficientes para non sucumbir á sensual influencia do Lado Escuro, deixando de lado todo odio, ira, medo, tristeza etc. De feito, a Filosofía Jedi baséase no control do pensamento e das emocións, coma sentir antes de pensar, e céntrase máis en obter a sabedoría mediante profundas meditacións (e o seu obxectivo non é o poder, que é o que buscan os Sith mediante o uso dos sentimentos). E céntrase tamén na absoluta devoción e obediencia á vontade da Forza. Ademais, un Jedi só é leal á Forza, ao Alto Consello Jedi e a si mesmo, por esta orde. Dende novos instrúese aos padawans en ter coidado coas lealdades externas. Tamén se lles ensina que ata os sentimentos positivos como o amor poden obstaculizar en gran medida as súas obrigacións coma Jedi.

Estrutura da Orde Jedi

[editar | editar a fonte]

Os Jedi formaron a súa Orde para ensinar e usar a Forza. Os Jedi seguen o Lado Luminoso da Forza (tamén coñecido coma Corrente luminosa). A Orde Jedi foi fundada 25.000 anos antes da Batalla de Yavin. Ao principio, os Jedi só se dedicaban á vida contemplativa, pero, ao cabo do tempo, a Orde foi tendo un papel máis importante dentro da República galáctica.

A vida dun Jedi era de sacrificio. Todos aqueles seres que se vía que tiñan aptitudes na Forza, dentro da Galaxia, eran seleccionados antes do seu primeiro ano de vida. Estes eran levados a Coruscant, no Templo Jedi. Todos os Jedi teñen que seguir o Código Jedi. Un punto básico, por exemplo, que este establece é a prohibición das posesións materiais.

A arma máis tradicional e preferida pola que se coñecía aos Jedi, era a espada de luz ou sabre láser, unha arma mortal fabricada por eles mesmos con certos cristais; a cor da luz láser de dita arma dependía dos cristais que se utilizasen na súa fabricación: xeralmente azuis ou verdes (os vermellos pertencen ás espadas dos Sith ou os Jedi escuros). Curiosamente, a do Mestre Windu era dunha única cor violeta.

Tamén había, aínda que en menor medida, espadas laranxas, rosas ou amarelas (esta última cor foi usada, por exemplo, por Plo Koon). Con todo, na batalla de Genosis, pódese ver unha vermella en mans dun Jedi.

Con todo, nos videoxogos de Star Wars Cabaleiros da Antiga República cóntase acerca de cristais prateados, viridianos (unha combinación da cor verde e prateado), verde-azulados e amarelos (nomeados arriba) para os Jedi Consulares.

As espadas de luz levan en uso dende o comezo da mesma orde Jedi, aínda que o seu deseño evolucionou a través dos anos. Os primeiros modelos eran aparatosos e víanse máis frecuentemente en actos cerimoniais que en combates. Cerca do ano 7000 antes da batalla de Yavin, descubriuse unha nova tecnoloxía que corrixiu certos problemas de inestabilidade e permitiu deseños de espada máis compactos. As espadas de luz chegaron as mans dos Sith a través dos primeiros jedi escuros que chegaron a Korriban.

Estrutura da Orde Jedi

[editar | editar a fonte]

A continuación preséntanse as diferentes xerarquías que había entre os Jedi e logo os diferentes tipos destes.

Xerarquía

[editar | editar a fonte]

Os Jedi van aumentando a súa xerarquía, segundo van aprendendo os camiños da Forza. Hai catro rangos:

  • O primeiro é o de Iniciado ou Youngling Jedi.
  • O segundo rango é o de Padawan.
  • O terceiro é o de Cabaleiro Jedi.
  • O cuarto e último nivel é o de Mestre Jedi.
  • Durante un breve período de tempo nas novas guerras Sith, houbo un quinto nivel, o de Lord Jedi (xerarquicamente similar ao nivel de Lord Sith). Decidiuse eliminar este nivel despois do masacre de Ruusan e a Gran Resincronización.
Iniciado Jedi
[editar | editar a fonte]

A aprendizaxe dos Iniciados comeza aos poucos meses de vida. En canto se descobre que son poderosos na Forza, sepáranse dos seus pais e comezan a súa aprendizaxe. Primeiro son adestrados en común cos outros Iniciados (como se pode ver no Episodio II aleccionados por Yoda). O seu titor é sempre un Jedi con categoría de Mestre (os máis importantes foron Yoda, Yaddle e Depa Billaba). Os Iniciados Jedi adestran con espadas de luz de pouca potencia, parando raios de escasa enerxía e aprendendo a usar a espada láser mediante katas ou combates imaxinarios.

Tras alcanzar certo nivel de progreso son asignados a un mestre persoal (que posúa o rango de Cabaleiro) e convértese en Padawan.

O nivel de Padawan é o segundo, e adquírese cando o futuro Jedi é escollido por un Cabaleiro Jedi, quen será o seu mestre. Antes o Padawan ten que ser Iniciado Jedi.

Un Padawan é un "aprendiz no adestramento práctico" e adoita viaxar co seu mestre resolvendo conflitos ao longo da Galaxia. Este ten que ser escollido antes de que o Iniciado que ascende ao nivel de Padawan alcance os 13 anos, xa que de non ser así, non se alcanzaría nunca o nivel de Jedi, pasando a traballar para a República Galáctica con traballos menores (pero sempre relacionados coa Forza).

Unha das características diferenciadoras dos Padawan, á parte da súa curta idade, o corte de cabelo Squicciarini, ao rape e cunha trenza longa na parte dereita, que nace detrás da orella. Cando pasan ao nivel de cabaleiro, esta é cortada (exemplo: Obi-Wan Kenobi, e Anakin Skywalker, este último como se pode ver nas Guerras Clónicas).

Moitos foron os Padawan que existiron ao longo da historia da Orde Jedi. Algúns levaron a cabo importantes empresas antes de converterse en cabaleiros, outros non superaron as tentacións do Lado Escuro e moitos morreron polo camiño.

Estes son algúns deles:

Cabaleiro Jedi
[editar | editar a fonte]

Cando o Padawan é nomeado Cabaleiro Jedi, deixa de ser aprendiz de Jedi e pasa a ser un Jedi profesional. Pode ser mestre dalgún Padawan, cumprir con misións ou ben estudar a Forza en calquera Templo Jedi. A maioría dos Jedi durante os últimos anos da República Galáctica ostentaban dito título, reservándoselle a poucos o de Mestre Jedi. Moitas veces usábase o título de Cabaleiro Jedi para xeneralizar os membros de toda a Orde Jedi, cousa que é incorrecta.

Mestre Jedi
[editar | editar a fonte]

É o grao máis alto da xerarquía. Mace Windu e Yoda pertencen a este rango, e tamén Obi-Wan Kenobi a partir da batalla de Honorgr nas guerras Clon. Todos os Jedi están rexidos por un Alto Consello Jedi, que á súa vez coordina outros consellos de menor poder, un deles, o consello encargado do adestramento Jedi, atópase en Alderaan. Nestes consellos, ningún Jedi ten máis autoridade que outro, todos toman decisións en conxunto. Nin había ningún Mestre Jedi que non fose membro do Alto Consello Jedi desde a creación deste, nin Cabaleiro que o fose (aínda que por unha única vez na historia da Orde houbo un Cabaleiro Jedi que o foi: Anakin Skywalker). Polo xeral, os Mestres Jedi están tan ocupados, que non poden ser mestres de ningún Padawan. Con todo, o tempo se lles alcanza para ser titores dun grupo de Iniciados Jedi, se é que o Mestre Jedi se ofrece a selo.

Segundo o coñecemento popular hai catro diferentes tipos de Jedi, segundo o seu desempeño na orde:

Á parte doutras responsabilidades dentro da República Galáctica, as súas principais responsabilidades son facer seguir a lei e manter a paz dentro da República. Son máis considerados como policía máis que como un exército. Os membros da Orde Jedi tamén son coñecidos coma "Os gardiáns da xustiza". Pero á parte diso, fan uso dos coñecementos provenientes da Forza e nas tácticas na batalla. Unha das partes máis importantes no camiño de ser un Jedi, é a construción da súa propia espada de luz. Cada Jedi debe portar a súa arma en todo momento.

Xeneralizando, os Jedi teñen un deber: terminar co mal cando apareza (o Lado Escuro da Forza).

Consellos Jedi

[editar | editar a fonte]

Na orde estaba o Alto Consello Jedi, un ente encargado de dirixir os demais consellos Jedi e o resto da orde. No Templo Jedi de Coruscant, había catro Consellos: o Consello de Primeiro Coñecemento, o Consello de Reasignación, o Consello de Reconciliación e o Alto Consello Jedi, que é o único que se explora na saga. Noutros planetas comao Kamparas, se sabe que había outros Consellos Jedi de menor número de membros e influencia (ou o Consello de Armas, situado en Alderaan).

O Alto Consello estaba ocupado por doce membros de varias especies e ambos sexos. En todo os consellos dos Jedi, non había nunca nnguén que fose máis importante, a diferenza dos consellos dos Sith.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Jedi

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy