Jeremy Lin
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Jeremy Shu-How Lin 23 de agosto de 1988 (36 anos) Torrance, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Harvard - economía (2006–2010) Palo Alto High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 191 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América Taipé Chinês (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 23 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
10 de febreiro de 2021 | 2020–21 NBA G League season (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nai | Shirley Lin | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Joseph Lin | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | jlin7.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jeremy Shu-How Lin (en chinés: 林書豪, pinyin: Lín Shūháo), nado o 23 de agosto de 1988 en Palo Alto, California é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Beijing Ducks da Chinese Basketball Association (CBA). Cunha alzada de 1,91 metros xoga na posición de base.
Despois de non recibir ningunha bolsa deportiva para continuar os seus estudos despois do instituto, ingresou na Universidade Harvard onde se graduou en económicas con boas notas. Posteriormente chegou a un acordo parcialmente garantido cos Golden State Warriors ao non ser drafteado. Lin é o primeiro xogador de orixe chinesa (República da China) en xogar na NBA.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instituto
[editar | editar a fonte]No ano 2006, Lin guiou ao Instituto Palo Alto ao título estatal da División II da Federación Interescolar de California.[1] Foi incluído no mellor quinteto do estado e nomeado mellor xogador da División II do norte de California, finalizando o seu ano sénior con medias de 15,1 puntos, 7,1 asistencias, 6,2 rebotes e 5 roubos de balón por partido.
Universidade
[editar | editar a fonte]Lin completou o seu período universitario na Universidade Harvard xogando cos Crimson.[2] Na súa segunda tempada (2007-08) fixo unha media de 12,6 puntos e foi incluído no segundo quinteto da Ivy League. No seu terceiro ano universitario, Lin foi o único xogador da División I da NCAA en manterse entre o dez primeiros da súa conferencia en anotación (17,8), rebotes (5,5), asistencias (4,3), roubos (2,4), tapóns (0,6), porcentaxe en tiros de campo (50,2), porcentaxe de tiros libres (74,4) e porcentaxe de triplas (40,0), e foi incluído no mellor quinteto da Ivy League.
Xa na súa última campaña (2009-10),[3][4] Lin consegiu unha media de 16,4 puntos, 4,4 rebotes, 4,5 asistencias, 2,4 roubos e 1,1 tapóns por partido, e formou parte de novo do mellor quinteto da Ivy League. Lin foi un dos trinta candidatos a metade de tempada do Premio John R. Wooden e un dos once finalistas para o Premio Bob Cousy. Tamén foi convidado ao Portsmouth Invitational Tournament. Lin recibiu unha gran atencion nacional pola súa actuación ante os Connecticut Huskies, contra quen anotou 30 puntos e recolleu 9 rebotes. Tralo partido, o adestrador de Connecticut e membro do Hall of Fame Jim Calhoun dixo de Lin:
Vin a moitos equipos aquí e podería xogar en todos eles. Ten unha gran compostura na cancha. Sabe como xogar.
Profesional
[editar | editar a fonte]Tras graduarse na Universidade Harvard, Lin non foi seleccionado por ningún equipo no Draft da NBA de 2010;[5] porén, uniuse posteriormente aos Dallas Mavericks para un minicampus, formando parte do equipo dos Mavericks na Liga de Verán da NBA en Las Vegas. Donnie Nelson, dos Mavericks, foi o único director deportivo que lle ofreceu unha invitación para xogar a Liga de Verán, polo que Lin declarou:
Donnie coidou de min, ten un tipo de visión diferente á maioría da xente.
En cinco partidos na liga de Verán, xogando tanto de base como de escolta,[6] Lin fixo unha media de 9,8 puntos, 3,2 rebotes, 1,8 asistencias e 1,2 roubos en 18,6 minutos e liderou ao equipo en porcentaxe de tiros de campo cun 54,5%. Lin recibiu ofertas para fichar polos Mavericks, Los Angeles Lakers e un equipo da Conferencia Leste que non transcendeu publicamente. Os Golden State Warriors uníronse á poxa, fichando finalmente ao xogador por dous anos.
O 9 de decembro de 2011, os Warriors cortaron a Lin, e ao día seguinte fichou por Houston Rockets,[7] aínda que foi despedido antes de que comezase a tempada para facer un oco no seu cadro de xogadores para incorporar a Samuel Dalembert. O 27 de decembro de 2011, Lin asinou con New York Knicks.
Tras un comezo discreto en New York Knicks, comeza a destacar no equipo a comezos de 2012 tralas lesións de Carmelo Anthony e Amar'e Stoudemire, asinandotres bos partidos en tres vitorias consecutivas do seu equipo ante New Jersey Nets (25 puntos, 7 asistencias e 5 rebotes), Utah Jazz (28 puntos e 8 asistencias) e Washington Wizards (23 puntos, 10 asistencias e 4 rebotes) pasando a xogar de media 39 minutos por partido, fronte aos dous min que xogaba inicios de campaña. O 10 de febreiro de 2012, pon en pé ao Madison Square Garden tras unha exhibición ante Los Angeles Lakers de Kobe Bryant tras conseguir 38 puntos, 7 asistencias e 4 rebotes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jeremy Lin: GoCrimson.com". Harvard University. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2010. Consultado o 2010-03-14.
- ↑ O'Neil, Dana (10 de decembro de 2009). "Immigrant dream plays out through son: Harvard's do-it-all star learned the game from his father and a host of NBA legends". ESPN. Consultado o 16 de setembro de 2010.
- ↑ "Lin Named John R. Wooden Award Midseason Top 30 Candidate". GoCrimson.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2010. Consultado o 13 de agosto de 2010.
- ↑ "Jeremy Lin among 11 finalists for the Bob Cousy Award". Pau Alto Online. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2010.
- ↑ Sefko, Eddie (25 de xuño de 2010). "Mavericks to bring in Lin". mavsblog.dallasnews.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2010. Consultado o 26 de xuño de 2010.
- ↑ "WARRIORS: Warriors Sign Free Agent Guard Jeremy Lin". NBA.com. Consultado o 13 de agosto de 2010.
- ↑ "Rockets sign rookie forward Morris". NBA.com. Associated Press. 12 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2013. Consultado o 08 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 05 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1988
- Nados en Palo Alto, California
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Bases de baloncesto
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Charlotte Hornets
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Toronto Raptors