Kerplunk
Kerplunk | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Green Day | ||||
Publicado | 1991 e 17 de decembro de 1991 | |||
Gravación | maio - setembro de 1991 | |||
Estudio(s) | Art of Ears Studio, San Francisco, California | |||
Duración | 33:58 (vinilo) 42:09 (CD) | |||
Xénero(s) | punk rock | |||
Selo(s) | Lookout!, Reprise, Epitaph | |||
Produtor | Andy Ernst, Green Day | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Kerplunk é o segundo álbum da banda estadounidense de punk rock Green Day, editado o 17 de xaneiro de 1992 polo selo Lookout! Records. Kerplunk foi o seu derradeiro lanzamento nun selo independente e foi tamén o primeiro álbum coa súa formación actual, con Tré Cool na batería. Trátase dun dos álbums editados a través dun selo independente máis vendido de todos os tempos. Moitas grandes discográficas tomaron nota da popularidade de Kerplunk e achegáronse á banda. Green Day decatouse de que chegaran ao máximo da capacidade de distribución de Lookout! e entón asinaron un contrato con Reprise Records, selo co que gravarían e editarían o seu terceiro traballo no ano 1994, Dookie.
O álbum oficialmente inclúe só 12 temas, pero as versións lanzadas en CD e casete teñen as 4 cancións do EP Sweet Children. Un deses temas é unha versión da canción de The Who "My Generation". Outra canción que destaca do álbum é "Welcome to Paradise", que a banda regravaría para o seu seguinte traballo Dookie.
En agosto do ano 2010 Kerplunk levaba vendidas 753.000 copias nos Estados Unidos e 1 millón en todo o mundo.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas foron compostos por Billie Joe Armstrong agás onde se indique.
- "2,000 Light Years Away" - 2:24
- "One for the Razorbacks" - 2:30
- "Welcome to Paradise" - 3:30
- "Christie Road" - 3:33
- "Private Ale" - 2:26
- "Dominated Love Slave" (Tré Cool) - 1:42
- "One of My Lies" - 2:19
- "80" - 3:39
- "Android" - 3:00
- "No One Knows" - 3:39
- "Who Wrote Holden Caulfield?" - 2:44
- "Words I Might Have Ate" - 2:32
Cancións extra (só no CD)
[editar | editar a fonte]- "Sweet Children" - 1:41
- "Best Thing in Town" (Armstrong, Mike Dirnt) - 2:03
- "Strangeland" - 2:08
- "My Generation" (The Who) - 2:19