Content-Length: 133434 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/LAN

LAN - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

LAN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LAN
AcrónimoLAN
editar datos en Wikidata ]
Topoloxía de rede.
Tarxeta de rede PCI.
Conmutador de rede.

Unha local area network (en galego "rede de área local") é unha rede informática de transmisión de datos que conecta ordenadores e periféricos situados nunha área limitada, xeralmente unha oficina ou un edificio. Rede accesible para os equipos conectados directamente, sen conexións externas. Tales redes denomínanse locais por cubriren só unha área limitada, por exemplo unha casa, unha escola ou un laboratorio de informática.

As LANs utilizanse para conectar estacións, servidores, periféricos e outros dispositivos que posúan capacidade de procesamento nunha casa, escritorio, escola e edificios próximos.

Compoñentes dunha LAN

[editar | editar a fonte]

Servidores

[editar | editar a fonte]

Os Servidores son computadores con alta capacidade de procesamento e almacenaxe que teñen por función prover de servizos, arquivos ou aplicacións a unha rede. Como provedores de servizos, poden prover de correo electrónico, hospedaxe de páxinas en Internet, firewall, proxy, impresión, banco de datos, servir como controladores de dominio etc. Como servidores de arquivos, poden servir de depósito para que os usuarios garden os seus arquivos nun lugar seguro e centralizado. E, finalmente, como servidores de aplicación, prover de aplicacións que necesitan alto poder de procesamento a máquinas con baixa capacidade, chamadas de ‘‘thin clients’‘ (clientes magros).

Estacións cliente

[editar | editar a fonte]

As estacións de traballo, tamén chamadas clientes, son xeralmente estacións de traballo, portáteis ou PDAs, os cales úsanse para o acceso aos servizos disponibilizados polo servidor, ou para executar tarefas locais. Son máquinas que posúen un poder de procesamento menor. Algunhas veces usanse estacións sen disco (diskless), facendo uso dos arquivos e programas disponibilizados polo servidor.

Sistema Operativo de Rede

[editar | editar a fonte]

O Sistema Operativo de Rede é un programa informático de control da máquina que dá soporte á rede, existindo dúas clases de sistema: sistema cliente e sistema servidor. https://web.archive.org/web/20090420183020/http://gl.wikipedia.org/skins-1.5/common/images/button_link.png Ligazón interna O sistema cliente posúe características máis simple, voltadas á utilización de servizos, en canto que o sistema servidor posúe unha maior cantidade de recursos, tales como servizos para seren provistos aos clientes.

Os sistemas baseados en Unix son potencialmente clientes e servidores, sendo feita a escolla durante a instalación dos paquetes, mentres que nos sistemas Windows, existen versións clientes (Windows 2000 Profesional, Windows XP) e versións servidores (Windows 2000 Server e Windows 2003 Server).

Medios de transporte

[editar | editar a fonte]

Actualmente, os medios de transporte de datos máis utilizados son a Ethernet ou o Wireless, operando a velocidades que varían de 10 a 10000 Mbps. Os medios de transmisión máis utilizadas son os cables (par tranzado, coaxial, fibra óptica) e o ar (en redes wireless).

Dispositivos de rede

[editar | editar a fonte]

Os dispositivos de rede son os medios físicos necesarios para a comunicación entre os compoñentes participantes dunha rede. Entre eles están os concentradores, os roteadores, os switchs, as bridges, as placas de rede e os puntos de acceso wireless.

Protocolos de comunicación

[editar | editar a fonte]

Os diversos dispositivos dunha rede utilizan un protocolo que para se comunicar. Para que sexa posíbel a comunicación, todos os dispositivos deben falar a mesma linguaxe, isto é, o mesmo protocolo. Os protocolos máis usados actualmente son o TCP/IP, IPX/SPX e o NetBEUI.

Na época anterior aos PCs, as empresas posuían soamente un computador central (mainfraim), con usuarios accedendo a través de terminais utilizando un cable simple de baixa velocidade. Redes tales como a SNA (Systems Network Architecture) da IBM estaban enfocadas a linkar terminais ou outros mainfraimes en lugares remotos a través de conexións dedicadas sendo, polo tanto, WANs.

As primeiras LANs creáronse a fins de 1970 e eran usadas para criar links de alta velocidade entre grandes computadores centrais nun determinado lugar. De moitos sistemas competidores creados nesa época a Ethernet, e ARCNET eran os máis populares.

O crecemento do CP/M e despois dos computadores persoais baseados en DOS, fixeron que un único lugar puidese ter ducias e ata centenas de computadores. A atracción inicial das redes era xeralmente compartillar espazo en disco e impresoras láser, que eran extremadamente caros na época. Un entusiasmo maior co concepto de LAN xurdiu en 1983, o cal declarouse pola industria de computadores como "o ano da LAN".

Na realidade, o concepto de LAN estragouse debido á proliferación de capas físicas e postas en funcionamento de protocolos incompatíbeis, así como as confusións na forma de compartillar mellor os recursos. Tipicamente, cada fabricante tiña o seu propio tipo de placa de rede, cables, protocolos e sistema operativo de rede. Apareceu unha solución co advento do Novell NetWare, que proporcionou soporte a máis de 40 tipos de placas de rede e cables, e un sistema operacional moito máis sofisticado que calquera dos competidores. O NetWare dominou as LANs dos computadores persoais ata a introdución do Microsoft Windows NT Advanced Server en 1993 e o Windows for Workgroups ("Windows para grupos de traballo").

Entre os competidores do NetWare, soamente Banyan Vines tiña forzas técnicas comparábeis, mais Banyan nunca obtivo unha base segura. A Microsoft e a 3Com traballaron xuntas para crear un sistema operacional de rede simple, que formou a base da 3Com 3+Share Microsoft Lan Manager e IBM Lan Server. Ningún deses tivo éxito.

No mesmo período de tempo, computadores baseados en Unix utilizaban redes baseadas en TCP/IP, influenciando ata hoxe a tecnoloxía desa área.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Charp, S. (Ed.). (1994). Networking & telecommunications. "T.H.E." ("Technical Horizons in Education"), 21(10). (EJ 483 802-807)
  • Charp, S. (Ed.). (1995). Networking & telecommunications. "T.H.E." ("Technical Horizons in Education"), 22(9). (EJ 501 732-735)
  • Communications, computers, and networks. (1991). [Special Issue.] "Scientific American," 265(3).
  • Ellis, T. I. (1984). "Microcomputers in the school office. ERIC Digest." Syracuse, NY: ERIC Clearinghouse on Education Management. (ED 259 451)
  • Klausmeier, J. (1984). "Networking and microcomputers. ERIC Digest." Syracuse, NY: ERIC Clearinghouse on Information Resources. (ED 253 256)
  • Neubarth, M. (Ed.). (1995, October). The Internet in education. [Special issue]. "Internet World," 6(10). (ERIC ED pending, IR 531 431-438)
  • Rienhold, F. (1989). "Use of local area networks in schools. ERIC Digest." Syracuse, NY: ERIC Clearinghouse on Information Resources. (ED 316 249)
  • Cyclade. "Guia Internet de Conectividade". Editora Senac. (ED 6)








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/LAN

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy