Lapu-Lapu
Nome orixinal | (ceb) Lapulapu |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1492 Mactan, Filipinas |
Morte | 1542 (Gregoriano) (49/50 anos) Mactan, Filipinas |
Xefe | |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal |
Lapu-Lapu (en Baybayin: ᜎᜉᜓᜎᜉᜓ, Lápú-Lápú) (fl. 1521) foi un gobernante de Mactan en Visayas. A sociedade filipina moderna considérao o primeiro heroe nacional xa que foi o primeiro nativo en resistirse á colonización española. É coñecido pola batalla de Mactan que ocorreu o 27 de abril de 1521, onde el e os seus soldados derrotaron a Fernão de Magalhães. A loita rematou coa morte de Magalhães[1] e o remate da súa expedición, o que supuxo a demora da ocupación española na illa durante cuarenta ano, até a expedición de Miguel López de Legazpi en 1564. Construíronse monumentos a Lapu-Lapu en Manila e Cebú, e os corpos de policía nacional de Filipinas e o servizo de protección de lumes empregan a súa imaxe.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lapu-Lapu |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agoncillo, Teodoro A. "Magellan and Lapu-Lapu". Fookien Times Yearbook, 1965, p. 634
- Alcina, Francisco, Historia de las Islas e Indios de Bisaya, MS 1668
- Correa, Gaspar, Lendas de India, Vol. 2, p. 630
- Cruz, Gemma, "Making Little Hero of Maktan"
- Estabaya, D. M., "445 Years of Lapu-lapu", Weekly nation 1: 26-27, April 25, 1966
- Pigafetta, Antonio, Primo Viaje en Torno al Globo Terraqueo, Corredato di Notte de Carlo Amoteti, Milano, 1800