Content-Length: 268516 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_bengal%C3%AD

Lingua bengalí - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua bengalí

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bengalí
বাঙলা
Pronuncia:Baņla
Falado en: Bangladesh, India (rexión de Bengala Occidental) e outros países
Total de falantes: 300 millóns como lingua materna (censos de 2011 e 2017)[1][2] e 37 millóns de falantes como segunda lingua[1]
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Zona leste
    Apabhransa avahattha
     Bengalí
Escrita:
Status oficial
Lingua oficial de: Bangladesh, India, estados de Bengala Occidental e Tripura na India
Regulado por: Academia Bangla (Bangladesh)
Academia Bangla Paschimbanga (Bengala Occidental)
Códigos de lingua
ISO 639-1: bn
ISO 639-2: ben
SIL: BNG
Mapa
Status

O bengalí está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

O bengalí[4] é unha lingua indoeuropea falada polo pobo bengalí que habita en Bangladesh e no estado indio veciño de Bengala Occidental. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en Assam (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e Bangladesh), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no Oriente Medio.

En bengalí a lingua chámase bangla (বাঙলা). A tradicional área habitada polas poboacións bengalís chámase Bengala (Bongo en bengalí). A rexión está agora dividida en dúas partes: a parte occidental, Bengala Occidental (ou Poshchim-Bongo), que é un estado indio, e a parte oriental, Bangladesh, un país independente.

O bengalí caracterízase por unha gran simplificación morfolóxica.[5] Posúe un sistema de escritura propio, o alfabeto bengalí, de tipo abugida, emparentado co devanágari e derivado do antigo brahmi, que ten as súas orixes arredor do 1100 a.C. (protobengalí). A dirección da escritura é de esquerda a dereita. Ten numerosos dialectos e dous rexistros extremos, o sādhu-bhāsā, para a literatura, e o calit-Bhāsā, propio da fala popular.

Dende finais do século XI a.C., algunhas inscricións en nagari da India oriental amosan unha evolución que anuncia a moderna escritura engalí. Pódese falar dunha escritura protobengalí, caracterizada en particular pola presenza de pequenos triángulos á esquerda dalgunhas letras. Evolucionou do sánscrito e do prácrito. No século XIX e XX, a literatura desta lingua gozou dun rexurdimento que a situou entre as mellores do sueste de Asia. Deste renacemento xurdiron personalidades como Rabindranath Tagore, o primeiro asiático candidato a un premio Nobel.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]
Extensión xeográfica do bengalí.

O bengalí é o idioma nativo da rexión oriental de Asia Meridional coñecida como Bengala, que comprende Bangladesh, o estado indio de Bengala Occidental e partes de Assam e Tripura. Ademais de nesta rexión, tamén é falado pola maioría da poboación no territorio de Andaman e Nicobar. Hai comunidades de falantes bengalís en:

Status oficial

[editar | editar a fonte]

O bengalí é a lingua nacional e oficial de Bangladesh, e unha das 23 linguas oficiais recoñecidas pola República da India.[6] É a lingua oficial dos estados de Bengala Occidental e Tripura.[7] Tamén é unha lingua importante no territorio de Andaman e Nicobar.[8][9] Ademais, é a lingua cooficial de Assam, que ten tres distritos do sur onde predominantemente se fala a lingua sylheti: Cachar, Karimganj e Hailakandi[10]

O bengalí é unha segunda lingua oficial do estado indio de Jharkhand dende setembro de 2011. Tamén se converteu na lingua oficial secundaria de Karnakata dende de maio de 2013. Na cidade paquistaní de Karachi acadou recoñecemento de lingua cooficial.[11][12][13] O departamento de bengalí na Universidade de Karachi tamén ofrece programas de estudos de xeito regular nos niveis de Licenciatura e máster en literatura bengalí.[14] En decembro de 2002, o presidente de Serra Leoa, Ahmad Tejan Kabbah, tamén denominou o bengalí como lingua oficial para recoñecer o traballo de 5 300 tropas de Bangladesh na Misión das Nacións Unidas en Serra Leoa (tamén coñecida como UNAMSIL) por manter a paz.[15][16]

Os himnos nacionais da India (Jana Gana Mana) e Bangladesh (Amar Sonar Bangla) foron escritos en bengalí polo poeta Rabindranath Tagore.[17] En 2009, os representantes escollidos tanto en Bangladesh como en Bengala Occidental pediron que o bengalí se convertese unha lingua oficial das Nacións Unidas.[18]

A loita polo bengalí en Bangladesh

[editar | editar a fonte]
Extensión do bengalí dentro de Bangladesh.

Entre 1947-1971, cando Bengala Oriental (actualmente Bangladesh) era parte do Paquistán, a lingua bengalí tornouse o foco e a base da identidade nacional do pobo de Bengala Oriental, levando creación do estado de Bangladesh. O bengalí é a lingua oficial de Bangladesh e o traballo administrativo e oficial desempéñase en bengalí.

Entre 1950-52, a clase media emerxente de Bengala Oriental levou a cabo un levantamento, coñecido máis tarde como o "Movemento da Lingua", sendo o día 21 de febreiro celebrado como o Día dos Mártires da Lingua, en memoria dos estudantes e activistas que no día 21 de febreiro de 1952 se manifestaron desafiando os disparos dos militares, reivindicando que a lingua bengalí fose a lingua nacional ancestral do Paquistán. O bengalí é así, indiscutibelmente, unha das poucas linguas pola cal os seus falantes sacrificaron as súas vidas.

A UNESCO decidiu celebrar no 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna. A Conferencia Xeral da UNESCO tomou decisión para ese efecto o 17 de novembro de 1999 cando unanimemente adoptou o deseño dunha resolución sometida por Bangladesh, co-patrocinada e apoiada por 28 outros países.

O día 19 de maio de 1961, Silchar, pequena cidade do sur de Assam, no nordeste da India, testemuñou tamén outra batalla pola lingua bengalí. Once persoas morreron por disparos da policía na protesta contra a imposición forzada do assamés aos nativos da lingua bengalí, como política do estado. O goberno tivo que retroceder.

A literatura en bengalí

[editar | editar a fonte]
A lingua bengalí no mundo.

Coñecido por moitos como o Shakespeare da India, posibelmente o maior e máis prolífico escritor en bengalí é o Premio Nobel Rabindranath Tagore. Influído fundamentalmente pola filosofía universalista hindú no Upanishads, Tagore dominou durante décadas a escena filosófica e literaria tanto bengalí como india. As súas 2.000 Rabindrasangeets teñen un papel importantísimo na definición da cultura bengalí, tanto en Bengala Occidental canto en Bangladesh. Outros traballos notábeis del en bengalí son Gitanjali, un libro de poemas polo cal recibiu o Premio Nobel de Literatura, e moitos dos seus contos e algúns romances.

Nunha categoría similar está Kazi Nazrul Islam, musulmán que permaneceu en Bangladesh despois da independencia e cuxo traballo, como o de Tagore, transcende límites sectarios.

Michael Madhusudan Dutta converteuse ao cristianismo, mais fíxose famoso polo seu traballo baseado no poema épico hindú Ramayana, creando unha obra-prima coñecida como "O asasinato de Meghnadh," (en bengalí "Meghnadh Bodh Kabbo" (মেঘনাদ বধ কাব্য)) que esencialmente segue a tradición épica poética de Paradise Lost de Milton.

Sharat Chandra Chattopadhyay foi autor extremadamente respectado e estilista complexo en bengalí e Bankim Chandra Chattopadhyay, considerado o inicidador da novela bengalí. Jibanananda Das foi un poeta soberbo, notábel por tentar crear literatura que ficase fóra do estilo Tagore.

Traballos relixiosos seminais hindús en bengalí inclúen as moitas cancións de Ramprasad Sen. Os seus traballos do século XVII (cantados aínda hoxe en Bengala Occidental) cobren unha miríade de respostas emocionais á Mai Kali, detallando afirmacións filosóficas complexas baseadas nos ensinos Vedanta e pronunciamentos máis viscerais do seu amor por Devi. Usando alegorías creativas, Ramprasad tiña 'diálogos' coa Nai-Deusa permeando toda súa poesía, ás veces repreendéndoa, adorándoa, celebrándoa como a Divindade Nai, descoidada consorte de Shiva e Shakti caprichosa do cosmos. Tamén hai as laudatorias da vida e ensinos do Vaishnava santo Shri Chaitanya Mahaprabhu (o Chaitanya Charitamrit) e Devi Advaitist Shri Ramakrishna (o Ramakrishna Charitamrit, traducido aproximadamente como Evanxeo de Ramakrishna).

O místico Baul do interior de Bengala, que pregaba a verdade espiritual sen fronteiras do Sahaj Path (o camiño simple, natural), e Maner Manush (O Home do Corazón) deseñou a filosofía vedántica para propor verdades transcendentais en forma de música, viaxando de vila en vila proclamando que non existían nada hindú, musulmán ou cristián, soamente maner manush.

O bengalí é xeralmente escrito coa escrita bengalí. Esa é unha escrita bráhmica, moito similar ao devanágari usado polo hindi e polo sánscrito. Cada símbolo-base representa unha sílaba, e outros símbolos poden adicionarse para mudar (ou suprimir) a vogal daquela sílaba. Aglomeracións de consoantes son frecuentemente indicadas pola ligazón de dous símbolos.

O sistema de soletrear baséase nunha versión antiga da lingua sen certas fusións de vogais que aconteceron na lingua falada, non podendo ser así definida como completa ortografía fonémica.

Variacións dialectais

[editar | editar a fonte]
Orixe das palabras do bengalí moderno      Tôdbhôbo (nativa)     Tôtshômo (préstamos do sánscrito)     Deshi (prestámos indíxenas) e Bideshi (préstamos estranxeiros)

En Bangladesh, hai o que se coñece como sadhu bhaasha (literalmente "lingua de sabios") e cholti bhaashaa (literalmente "lingua que corre ou que vai"; esencialmente discurso coloquial). A principal diferenza é claramente unha adherencia máis firme ás normas gramaticais e un vocabulario sánscrito moito máis pesado. Músicas como o himno nacional indio "Jana Gana Mana" (por Rabindranath Tagore) e a música nacional da India (por Bankim Chatterjee) "Vande Mataron" foron na verdade compostas en bengalí sadhu bhaashaa altamente refinado. Non se fala realmente por bengalís e está máis confinado a foros formais e literarios.

Cholti bhaashaa é en si cheo de variacións rexionais. Cholti bhaashaa é a lingua menos ríxida e máis diluída que toma emprestado de varias fontes o seu vocabulario (en canto esmagadoramente derivada do sánscrito, hai tamén moitas palabras tomadas de fontes no inglés, hindi, árabe e persa ou farsi). Tamén a pronuncia de certas palabras e un maior descoido nas expresións gramaticais son claramente un factor distintivo entre cholti bhaashaa e sadhu bhaasha.

Hai unha división entre a maneira de falar dos bengalís occidentais e dos bengaleses. Unha pronuncia menos estandarizada do bengalí, que prevalece especialmente en vilas e en Bangladesh, tende a presentar sons claros de 'ch' e 'sh' e o 'ph' (un p inspirado como en inglés pillow) soa a, respectivamente, sons máis susurrados de ('s'-cheo) e 'fh. Ese modo de pronuncia ten relación próxima co dialecto 'Sylleti' de Bengala Occidental que ten unha influencia árabe-persa maior é mais distinto da gramática padrón do bengalí. En Kolkata, Bengala Occidental, o cholti bhaashaa achégase a formas máis estandarizadas e 'propias' do bengalí, retendo as estruturas de son tradicionais e desviando un pouco máis para preto do sadhu bhaashaa.

As maiores diferenzas, entrementres , entre o bengalí de Bengala Occidental e o bengalí falado en Bangladesh (o bengalí escrito literalmente permanecendo practicamente o mesmo) é difícil no son, desa forma, de certas variacións gramaticais rexionais e caracteres. Hai, no entanto, algunhas diferenzas que moitos atribuirían á separación entre a poboación maioritariamente musulmá de Bangladesh e a gran poboación hindú de Bengala Occidental. Por exemplo, moitas palabras derivadas do sánscrito son padrón sadhu e cholti bhaashaa, noutras palabras, o padrón bengalí funcionou no bengalí falado en Bangladesh (ás veces chamado de Dhaka).

Algúns exemplos de troco do bengalí padrón (aínda falado en Kolkata) falado en Bangladesh son os seguintes:

auga: jal (S) substituído por paani (U) convite: nimontonno (S) substituído por dawaat (U) vinte: koorie (S) substituído por bis (U)

  • S=Sánscrito; U=Urdú (forma de hindi árabe/persa)

Fonética

[editar | editar a fonte]

A fonética bengalí ten 45 fonemas esenciais e 5 non esenciais. O inventario fonémico consiste en 29 consoantes e 14 vogais, incluíndo sete nasais. Un esquema fonético aproximado é o que se amosa abaixo co Alfabeto Fonético Internacional.

Vogais
  Frontais Centrais Posteriores
Pechadas i   u
Semipechadas e   o
Semiabertas æ   ɔ
Aberta   a  
Consoantes
  Bilabiais Dentais Alveolares Retroflexas
Postalveolares
Postalveolares Velares Glotais
Nasais m   n     ŋ  
Oclusivas xordas p
¹

t̪ʰ
  ʈ
ʈʰ

tʂʰ
k
 
sonoras b

d̪ʱ
  ɖ
ɖʱ

dʐʱ
ɡ
ɡʱ
 
Fricativas f
 
 
 
s
z
 
 
ʃ
 
 
 
ɦ
 
Líquidas     l, r ɽ      
  1. 1,0 1,1 Ethnologue (ed.). "Lingua bengalí". Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  2. Registrar General and Census Commissioner of India (ed.). "Scheduled Languages in descending order of speaker's strength - 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de novembro de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bengalí.
  5. "bengalí". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  6. "Languages of India". Ethnologue Report. Consultado o 4 de novembro de 2006. 
  7. Bhattacharjee, Kishalay (30 de abril de 2008). "It's Indian language vs Indian language". ndtv.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2013. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  8. National Informatics Center (ed.). "Profile: A&N Islands at a Glance". Andaman District. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2011. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  9. National Informatics Center (ed.). "Andaman District". Andaman & Nicobar Police. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2014. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  10. NIC, Assam State Centre, Guwahati, Assam. Government of Assam, ed. "Language". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2006. Consultado o 20 de xuño de 2006. 
  11. Syed Yasir Kazmi (16 de outubro de 2009). "Pakistani Bengalis". DEMOTIX. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2013. Consultado o 2 de abril de 2013. 
  12. "کراچی کے 'بنگالی پاکستانی'(Urdu)". محمد عثمان جامعی. 17 de novembro de 2003. Consultado o 2 de abril de 2013. 
  13. "The Language Movement : An Outline". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 2 de abril de 2013. 
  14. "Karachi Department of Bengali". Consultado o 2 de abril de 2013. 
  15. "Sierra Leone makes Bengali official language". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 29 de decembro de 2002. 
  16. Zahurul Alam (27 de decembro de 2002). "Bengali Made One of The Official Languages of Sierra Leone". 
  17. Ministry of Foreign Affairs, Government of Bangladesh (ed.). "Statement by Hon'ble Foreign Minister on Second Bangladesh-India Track II dialogue at BRAC Centre on 07 August, 2005". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  18. Bhaumik, Subir (22 de decembro de 2009). "Bengali 'should be UN language'". BBC News. Consultado o 25 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_bengal%C3%AD

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy