Content-Length: 122081 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Markos_Vafiadis

Markos Vafiadis - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Markos Vafiadis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarkos Vafiadis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Tosya, Turquía (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 1992 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento Helénico

Circunscrición electoral: national constituency of Greece (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, membro da resistencia Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoMovemento Socialista Panhelénico
Partido Comunista da Grécia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial
Guerra Civil da Grécia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Βαφειάδης-2

Markos Vafhiadis (en grego: Μάρκος Βαφειάδης), nado en Erzurum en 1906 e finado en Atenas o 23 de febreiro de 1992, foi un político e militar grego. Membro das Mocidades Comunistas (1929), foi encarcerado, en numerosas ocasións, durante a ditadura de Metaxas. En 1941 na illa de Creta, integrouse na resistencia grega e contribuíu á organización do exército guerrilleiro de resistencia (ELAS). Desde 1947 foi primeiro ministro do goberno rebelde da Grecia libre (Goberno Democrático Provisional), pero en 1949 perdeu o apoio soviético, e o seu partido fíxolle abandonar as súas actividades.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Os seus ascendentes e familia proviñan da illa de Quíos. Tras o intercambio de poboación entre Grecia e Turquía de 1922, Vafiadis tivo que irse de Erzurum a Tesalónica e Kavala, como refuxiado. Atopou traballo como obreiro tabacaleiro. A partir de 1924 foi membro da Unión de Mozos Comunista de Grecia (OKNE). En 1932, foi encarcerado e enviado ao exilio interno pola súa acción política. Despois da súa liberación en outubro de 1933, traballou como educador comunista en moitas zonas de Grecia.

A comezos da ditadura de Ioannis Metaxas, en 1936, é desterrado de novo á illa de Agios Efstratios, pero logrou escapar en menos dun mes. Posteriormente traballou na organización clandestina do Partido Comunista de Grecia en Creta e foi un dos líderes do levantamento de Chania, contra a ditadura (28 de xullo de 1938). Despois da represión do levantamento, viaxou a Atenas, onde foi detido. Encarcerado en Akronafplia, foi desterrado á illa de Gavdos.

Resistencia antinazi

[editar | editar a fonte]

En maio de 1941, ao comezo da ocupación nazi de Grecia, a Vafiadis, xunto con outros presos comunistas, permitíuselle saír de Gavdos. Comezou o que se convertería no traballo clandestino contra a ocupación alemá, nun principio en Creta, máis tarde en Atenas, Tesalónica e finalmente toda Macedonia. En 1942, foi elixido como integrante do Comité Central do Partido Comunista de Grecia e foi nomeado supervisor da fronte de Macedonia do Exército Popular de Liberación Nacional (ELAS). En maio de 1944, foi elixido como representante de Tesalónica ao Congreso Nacional que tivo lugar en Koryschades, en Euritania, pero non puido chegar. En outubro de 1944, despois da retirada do exército alemán, entrou en Tesalónica cos seus homes.[1]

Guerra civil

[editar | editar a fonte]

En novembro de 1944, as súas forzas liberaron Macedonia Central. En febreiro de 1946, Markos Vafiadis estivo en desacordo con Nikos Zachariadis, secretario xeral do Partido Comunista recentemente liberado do campo de concentración de Dachau, quen, apoiado por Stalin, quería crear un exército comunista regular e soster unha guerra de posicións. Vafiadis cría que as forzas do goberno grego eran demasiado fortes e que a mellor opción para as forzas revolucionarias era unha guerra de guerrillas. A pesar do desacordo, en xullo de 1946, Zachariadis designouno como líder das formacións guerrilleiras comunistas. En outubro de 1946, cando se fundou a Comandancia Xeral do Exército Democrático Grego (DSE), Vafiadis asumiu o seu liderado, e en decembro de 1947 foi nomeado primeiro ministro e ministro do Goberno Provisional Democrático.[2]

Durante as últimas etapas da guerra civil, as críticas a Zachariadis en cuestións de doutrina militar e en particular a esixencia de Vafiadis, de dar prioridade á guerra de guerrillas, para evitar a derrota do DSE, conduciu á súa destitución do liderado (agosto de 1948) e despois de todos os seus cargos (xaneiro de 1949). Vafiadis, foi sinalado como "seguidor de Tito" e en outubro de 1950 foi expulsado do Partido Comunista, mentres estaba no exilio na Unión Soviética, despois da derrota do DSE. Permaneceu alí durante 33 anos, durante os cales traballou como obreiro reloxeiro na cidade de Penza.[3] Casou cunha obreira rusa, Zina, con quen tivo un fillo, Vladimir.[4]

Posguerra

[editar | editar a fonte]

Tras o final da era de Stalin, Markos Vafiadis foi readmitido no Partido Comunista e elixido como membro do Buró Político do Comité Central do partido.[5] Con todo, novos desacordos coa dirección do partido levárono á súa separación do cargo en xaneiro de 1958 e á súa segunda expulsión en xuño de 1964. Despois de que o partido se dividise en 1968, fixo parte da fracción do "interior" (eurocomunista). En marzo de 1983, pondo fin ao seu longo exilio na Unión Soviética, regresou a Grecia, á illa de Quíos, onde máis tarde publicou as súas Memorias. En abril de 1990, foi elixido honorificamente membro do Parlamento grego pola lista nacional do Movemento Socialista Panhelénico (PASOK).

Na súa última entrevista, a Argyris Dinopoulou, despois da disolución da Unión Soviética e pouco antes da súa morte, Vafeiadis respondeu que o comunismo non é unha quimera e dixo que a pesar da súa cooperación co PASOK, continuaba definíndose como un comunista.

  1. "Συνέντευξη του Μάρκου Βαφειάδη στην εκπομπή"; «Ρεπορτάζ Χωρίς Σύνορα», 9/10/06.
  2. Βασίλης Ραφαηλίδης Ιστορία (κωμικοτραγική) του Νεοελληνικού Κράτους 1830-1974: 223-224. Εκδόσεις του Εικοστού.
  3. Σχέσεις ΚΚΕ και ΚΚΣΕ: 316.
  4. Κωστής Παπακόγκος Καπετάν Μάρκος, Ο Εμφύλιος Πόλεμος στην Ελλάδα 1945-1949 Β: 830. Εκδόσεις Παπαζήση.
  5. Οι Σχέσεις ΚΚΕ και ΚΚ Σοβιετικής Ένωσης στο Διάστημα 1953-1977: 305.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Markos_Vafiadis

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy