Oito
Aparencia
8 | ||||
Cardinal | Oito | |||
Ordinal | oitavo | |||
Propiedades matemáticas | ||||
Factorización | 23 | |||
Función totiente | φ(8) = 4 | |||
Número de divisores | τ(8) = 4 | |||
Suma dos divisores | σ(8) = 15 | |||
Conta de primos | π(8) = 4 | |||
Función de Möbius | μ(8) = 0 | |||
Función de Mertens | ‘‘M’‘(8) = -2 | |||
Outros sistemas de numeración | ||||
Sistema binario |
1000 | |||
Sistema octal | 10 | |||
Sistema duodecimal | 8 | |||
Sistema hexadecimal | 8 | |||
Numeración romana | VIII | |||
Numeración exipcia |
| |||
Numeración grega | ΠIII | |||
Numeración xónica | η' | |||
Numeración chinesa | 八 | |||
Numeración hebraica | 'ח | |||
Numeración armenia | Ը | |||
Numeración Āryabhaṭa | ज | |||
Numeración maia | ||||
Lista de números | ||||
O oito (8) é o cardinal posterior ao sete e anterior ao nove. É o quinto número par, sendo o anterior o seis e o seguinte o dez. Trátase do primeiro número cúbico.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Procede do latín octo.
- A forma neolóxica dá lugar a numerosas palabras como octaédrico, octaedro, octanaxe, octano, octante, octaviano, octeto, octocoraliarios, octogonal, octógono, octópodos, octosilábico, octosílabo, octoxenario, octoxésimo e óctuplo.
- A forma patrimonial dá lugar a numerosas palabras como oitava, oitavado, oitavar, oitavino, oitavo, oitenta, oitentón, oitocentista e oitocentos.
Evolución da grafía
[editar | editar a fonte]- O oito é 8 en algarismo arábico e VIII en algarismo romano.
Familia léxica
[editar | editar a fonte]- Octoxenario: persoa de oitenta a oitenta e nove anos.
- Octoxésimo: ordinal e partitivo de oitenta (80º e 1/80).
- Óctuplo: múltiplo de oito, oito veces maior.
- Oitavo: ordinal e partitivo de oito (8º e 1/8).
- Oitenta: dez veces oito (80).
- Oitentón: persoa de idade aproximada de oitenta a oitenta e nove anos.
- Oitocentos: cen veces oito (800).
Unidades de medida
[editar | editar a fonte]No sistema anglosaxón de medicións:
- hai 8 onzas nunha cunca
- 8 pintas nun galón
- 8 furlongs nunha milla
- aproximadamente 8 chiscos nunha culleriña
Xeometría
[editar | editar a fonte]- O octaedro é un volume de oito faces planas.
- O octógono é unha figura plana de oito bordos e oito vértices.
- Un obxecto oitavado ten oito bordos ou faces.
Literatura
[editar | editar a fonte]- Jenaro Marinhas del Valle (1952) A serpe: conto de monifates en oito diálogos, acotacións e coros.
- Jorge de Sena (1979) Sobre esta praia: oito meditações á beira do Pacífico.
- Katherine Neville (1990) The Eight.
- Manuel Curros Enríquez (1888) O divino sainete: poema en oito cantos.
Maxia
[editar | editar a fonte]- O cadro máxico de Mercurio ten oito casas.
- Empréganse oito candeas brancas para os rituais de protección xeral.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Andalucía está formada por oito provincias: Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Málaga, Sevilla e Xaén.
- O Grupo dos Oito (G8) agrupa aos sete países máis industrializados do mundo e máis a Rusia.
- O portugués é lingua oficial de oito países: Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste.
Literatura
[editar | editar a fonte]- Un verso de arte menor é aquel con oito ou menos sílabas.
- Un verso de arte maior é aquel máis de oito sílabas.
- Unha oitava ou unha copla de arte maior teñen oito versos.
- Un verso de oito sílabas é un octosílabo.
Música
[editar | editar a fonte]- Número de notas dunha oitava.
- A ocarina é un pequeno instrumento de vento, feito de cerámica, sen chaves e xeralmente con oito orificios para os dedos.
- Un grupo de oito músicos é un octeto.
- Un oitavino é unha frautiña coa escala nunha oitava para cima dos sons correspondentes á frauta.
Historia
[editar | editar a fonte]- Compartiron o refuxio con outras catro persoas, en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás” con Anne Frank.
- Oito reis de Inglaterra chamáronse Henrique.
- Xoán IV Láscaris tiña só oito anos cando foi nomeado emperador do Imperio de Nicea en 1258, á morte do seu pai Teodoro II Láscaris.
- Oitocentista é o relativo ao anos mil oitocentos (século XIX).
Deporte
[editar | editar a fonte]- No xadrez, cada lado ten oito casas.
- Oito son os equipos que chegan aos cuartos de final dunha competición. 16 os que chegan aos oitavos de final.
Relixión
[editar | editar a fonte]Unha roda con oito radios é o símbolo do Budismo.
Son oito as festividades solares anuais:
- Samhain: 1 de novembro
- Yule (Solsticio de inverno): 23 de decembro
- Ymbolg: 1 de febreiro
- Ostara (Equinoccio de primavera): 21 de marzo
- Beltayne: 1 de maio
- Randaghâdh (Solsticio de verán): 21 de xuño
- Lughnassâdh: 1 de agosto
- Mabon (Equinoccio de outono): 22 de setembro
- O oito é amentado 80 veces na Biblia.
- Cando a terra foi cuberta polo Diluvio, Noé foi o "oitavo" en baixar a terra co fin de iniciar unha nova orde de cousas.
- O oito representa o primeiro dun novo período, a resurrección.
- A Biblia contén o rexistro de oito resurreccións individuais, ademais de Cristo e dos santos.
- Oito papas con nome de Alexandre.
- Oito santos Simión.
- Oito son os pasos da disciplina do ioga Pantajali.
Oito principios fundamentais da masonería regular.
- Aos oito días de nacer, realízase a circuncisión aos nenos xudeus.
- Tradicionalmente sostense que a gran menorá (candelabro) do Templo de Xerusalén estivo aceso durante oito días, a pesar de que non había aceite dabondo para que isto sucedese.
Os oito trigramas do I-Ching son:
- Ch'ien: o creativo: o ceo.
- Chen: o sucitativo: o trono.
- K'an: o abismal: a auga.
- Ken: o aquietamento: a montaña.
- K'un: o receptivo: a terra.
- Sun: o suave: o vento.
- Li: o adherente: a chama.
- Tui: o sereno: o lago.
Natureza
[editar | editar a fonte]- Os polbos son moluscos mariños da clase Cephalopoda e da orde Octopoda, que significa oito pés.
- É o número atómico do osíxeno.
- É o número de patas dos arácnidos.
- Un gas nobre ten oito electróns no seu último nivel de enerxía.
- Hidrocarburo saturado, molécula de oito átomos de carbono, que forma parte da mestura constituínte das gasolinas.
- A octanaxe é a escala que mide a resistencia que presenta un combustible para detonar prematuramente cando se comprime dentro do cilindro dun motor.
- Un octante é un instrumento astronómico de medida cun sector que comprende a oitava parte do círculo (45°).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oito |