Orde xónica
Aparencia
A orde xónica é un termo arquitectónico que se refire ás normas canónicas creadas na Grecia antiga para rexer a construción dos edificios e en particular os templos. Forma coa Orde dórica as dúas ordes arquitectónicas clásicas, ás cales se engadiu no século V a orde corintia. A orde xónica, máis esvelta cá dórica, é orixinaria das cidades da costa de Asia Menor[1] e das illas gregas do Exeo influídas culturalmente por elas.[2]
Exemplos de edificios de orde xónica son:
- Templo de Atena Niké ou Nikè Àptera (421 a.C.), atribuído a Calícrates, na Acrópole de Atenas.
- Erecteion (421 a.C.-406 a.C.) de Mnesicles o Fílocles.
- Altar de Zeus (sobre o 188 a.C.) en Pérgamo, de autor descoñecido.
Definición
[editar | editar a fonte]Lenda dos elementos :
- 1 - entaboamento.
- 2 - columna.
- 3 - cornixa.
- 4 - friso.
- 5 - arquitrabe.
- 6 - capitel.
- 7 - fuste.
- 8 - base.
- 9 - estilóbata.
- 10 - estereóbata.
O carácter da orde xónica vese:
- a columna apóiase nunha base circular formada, xeralmente, pola combinación de dous toros e unha escocia.
- o fuste esta xeralmente acanalado por arestas mortas (en lugar das estrías do dórico) separadas por pequenos listelos estreitos e finos (24, xeralmente).[1]
- o capitel, presenta as típicas volutas (do latín volvere).[3]
Exemplos da orde xónica
[editar | editar a fonte]Asia Menor
[editar | editar a fonte]-
Fachada frontal do templo xónico de Atenea Niké (Atenas).
-
O Erecteion, templo grego típico da orde xónica.
-
Fragmento de capitel do Templo de Atenea en Paestum.
Influencias posteriores
[editar | editar a fonte]-
Judd Jouse, en Ithaca (Nova York)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Orde xónica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Honour, Hugh; Fleming, John (1987). Historia del arte. Reverté. ISBN 84-291-1441-6.
- Lajo, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-493-1.