Pobo luba
Pobo luba | |
---|---|
Grupo de lubas | |
Poboación | |
Poboación total: | |
Rexións principais: | |
República Democrática do Congo | 500 000 hab |
Aspectos culturais | |
Lingua | chiluba, kiluba |
Relixión | Catolicismo |
Grupos relacionados | Pobos bantús |
Os luba son un pobo da familia lingüística bantú que habita no sueste da República Democrática do Congo. Os luba están divididos en diversas tribos, que superan en conxunto o medio millón de individuos.
A mediados do século XVI constituíron un reino de tipo feudal en cuxa corte desenvolveuse unha arte singularmente refinada que chegou até os nosos días: figuras para o culto aos antepasados, máscaras, banquetas sostidas por cariátides (mulleres axeonlladas), copas etc.
Polo que respecta á economía, na actualidade a rexión é case autosuficiente grazas ás súas ricas minas de diamantes. Cómpre sinalar que a súa economía non padeceu a hiperinflación desenfreada do resto do país, cousa que significa que sexa a vantaxe principal desta rexión.
O antigo Imperio luba caracterizábase pola existencia dunha autoridade central, á que se denominaba mulopwe (rei), que, copiando dos colonizadores europeos, revestiuse dun carácter sagrado.
A súa relixión tradicionalmente baseábase no culto aos antepasados, pero coa exploración e colonización europea (1870-1960), coa chegada dos belgas e a dominación política destes, gran parte dos luba convertéronse ao catolicismo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo luba |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Davidson, Basil: Africa in History: Themes and Outlines, Revised & Expanded Edition. Simon & Schuster, NY (1991).
- Fage, J.D. e Oliver, Roland, general editors: The Cambridge History of Africa. Vol V e VI., Cambridge University Press, Cambridge, Reino Unido (1976).
- Kabongo, Kanundowi e Bilolo, Mubabinge, Conception Bantu de l'Autorité. Suivie de Baluba: Bumfumu ne Bulongolodi", African University Studies, Múnic - Kinshasa (1994).
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|