Pobo mohawk
Pobo mohawk | |
---|---|
Thayendanegea ou Joseph Brant, por Gilbert Stuart, 1786 | |
Poboación | |
Poboación total: 29 314 | |
Rexións principais: | |
(Quebec, Ontario) Canadá | 23 682[1] |
(Estado de Nova York) Estados Unidos | 5 632[1] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Mohawk, inglés, francés, mohawk holandés, outros dialectos iroqueses |
Relixión | Karihwiio, Kanoh'hon'io, Kahni'kwi'io, Cristianismo, Longhouse, Handsome Lake, Outras relixións indíxenas |
Grupos relacionados | Pobo seneca, oneida, cayuga, onondaga, tuscarora, outros pobos iroqueses |
Os mohawk[2] (nome tomado do Narraganset 'mohowaùuck',[3]) son a tribo americana máis oriental da Confederación iroquesa. O seu autónimo é Kanien'gehaga, a xente do lugar da pedra. O seu territorio abranguía o que hoxe en día é o sur do Quebec e o leste de Ontario. Os seus asentamentos actuais inclúe as áreas arredor do Lago Ontario e o río St Lawrence no Canadá. O seu territorio tradicional estendíase cara ao sur do río Mohawk, cara ao leste das Green Mountains de Vermont, cara ao oeste ata a fronteira cos oneida, e ó norte co río St Lawrence. Como membros orixinais da Confederación iroquesa, ou Haudenosaunee, os Mohawk eran coñecidos como os "Gardiáns da Porta Leste". A relixión mohawk predominante é animista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 George-Kanentiio, Doug. "Iroquois Population in 1995". ratical.org. Consultado o 27 de maio de 2016.
- ↑ Definición de mohawk* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Native Americans Tribes Northeast Region: Tribal History". McGary. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 5 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo mohawk |