Content-Length: 77673 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Pobo_slave

Pobo slave - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pobo slave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mozas slave, no río Mackenzie, Territorios do Noroeste.

Os slave (os ingleses chámanlle Slavey e os franceses Esclaves) ou Etchaottine son unha tribo india do grupo de linguas na-dené, cuxo nome significaba “xente das rocas”. Tamén eran coñecidos como Awokanak ou Slaves. Dividíanse en seis grupos: Desnedeyarelottine, Eleidlinottine, Etchaottine, Etcheridiegottine, Etchesottine e Klodesseottine.

Localización

[editar | editar a fonte]

Vivían nas ribeiras do Gran Lago do Escravo, nas chairas do río Mackenzie e do Liard e noutras terras limítrofes. Bistchonigottine e Krayiragottin eran dúas divisións.

Demografía

[editar | editar a fonte]

En 1980 eran uns 10.000 habitantes cos chipewyan e yellowknife. Segundo o censo canadense do 2000, estaba repartidos en reservas do seguinte modo:

  • En Alberta, na reserva Dene Tha’ Tribe (2.480 habitantes).
  • Na Columbia Británica, nas de Fort Nelson (740 habitantes) e Prophet River (208 habitantes)
  • Nos Territorios do Noroeste, nas reservas de Acho Dene Koe (583 habitantes), Deh Cho (1.001 habitantes), Liidlii Kue (1.176 habitantes), Pehdzeh Ki (319 habitantes), Katlodeeche (525 habitantes), Sambaa K'e (178 habitantes) e Tulita o Ft Norman (578 habitantes).

O nome de Slave (escravo) puxéranllo os cree, posto que escravizaron a moitos, e tamén foi empregado polos ingleses e franceses porque os consideraban unha tribo tímida e pacífica, aínda que non fose así. Como moitas tribos atapascanas, estaban separadas en numerosas bandas independentes pouco organizadas e con xefes nominais, asociados a certos territorios de caza. Un informal Consello de Cazadores resolvía as disputas. As mulleres eran tratadas cun respecto e estimación atípicos entre os na-dené, e os vellos e desvalidos eran ben tratados, e non abandonados como facían os chipewyan.

Moraban nos bosques e nas ribeiras dos ríos, cazaban caribús e outros mamíferos, e ademais pescaban. A pel dos animais empregábase para fabricar mantos, faldras, polainas, mocasíns e outras pezas. Os flocos e outros accesorios facíanse con cornamenta de cervo, espiñas de porco espiño e outros materiais naturais. No verán habitaban en tipis cubertos de estopa e no inverno, en casas de paus e ramaxe de abeto, de forma rectangular. Non tiñan unha relixión ou cerimonias definidas. Só se sabe que crían en espíritos gardiáns, no poder dos bruxos e na outra vida. Unha práctica común era a confesión de faltas no leito de morte, para tentar dese xeito adialo pasamento.

Alexander Mackenzie visitou o territorio en 1789 e fundou Fort Providence, pero cara ao 1820 os británicos abandonaron o territorio. O pastor Grandin estabeleceu unha misión católica en 1861, ao tempo que a Compañía da Baía de Hudson construía un campamento comercial. En 1899, asinaron o tratado Ocho co goberno canadense. Nos anos sesenta do século XX, cando se construíu a autoestrada en Yellowknife, non tiveron case ningunha relación co goberno do Canadá.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Pobo_slave

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy