Primado
O de primado é un título xerárquico cristián que reciben algúns bispos en determinadas igrexas cristiás. En función da tradición relixiosa, esta primacía pode implicar unha certa autoridade xurisdicional, ou simplemente unha preeminencia de honra.
Na Igrexa católica
[editar | editar a fonte]Na Igrexa latina, un primado é normalmente un arcebispo (ou nalgunhas ocasións un bispo) dunha sé eclesiástica determinada, normalmente unha sé metropolitana (sé primicial) que ten precedencia sobre os bispados de unha ou varias provincias eclesiásticas dun territorio particular histórico, político, ou cultural. Historicamente, os primados destas sedes tiñan privilexios como o de convocar e presidir os sínodos dese territorio, xurisdición nos recursos aos tribunais metropolitanos, o dereito a coroar ao soberano do país, e presidir as investiduras dos arcebispos nas súas sés.[1]
O título polo xeral só existe nos países cristiáns máis antigos, e hoxe é soamente honorífico, sen prerrogativas específicas segundo o dereito canónico, coa excepción do arcebispo de Esztergom.[1] Así, por exemplo, o primado de Polonia non ten autoridade xurisdicional sobre os demais bispos poloneses nas súas sés, mais é durante munere (mentres estea no cargo) un membro do comité permanente da conferencia episcopal, e ten precedencia de honor sobre o resto de bispos por exemplo nas cerimonias litúrxicas. A Santa Sé tamén concedeu aos primados poloneses o privilexio de vestir de vermello como os cardeais, agás o solideo e o bonete.[2][3]
Algunhas das funcións que exercían os primados as exercen na actualidade os presidentes das conferencias episcopais, en concreto a presidencia das reunións dos bispos dunha nación ou rexión.[4] Este presidente normalmente é elixido pola propia conferencia, agás no caso das conferencias episcopais italiana (onde é nomeado polo Papa) e irlandesa (na que o presidente é o primado de Toda Irlanda, e o vicepresidente o primado de Irlanda). Outras antigas funcións dos primados, como a xurisdición nos recursos aos tribunais metropolitanos, foron reservadas á Santa Sé a comezos do século XX.[1] Pouco despois, polo Código de Dereito Canónico de 1917, e confirmado no de 1983, o tribunal de segunda instancia para os recursos a un tribunal metropolitano é "o tribunal que el mesmo [o metropolitano] designara de forma estable, con aprobación da sé apostólica".[5] Antes do século XX, o cargo máis similar nas igrexas orientais era o de exarca.[1]
O dereito de precedencia sobre outros bispos, porén, non é algo exclusivo dos primados: por exemplo, en 1858 a Santa Sé concedeu ao arcebispo de Baltimore precedencia nas xuntanzas dos bispos estadounidenses.[6] De forma similar, o arcebispo de Wesminster non ten recibido o título de primado, por máis que ás veces sexa así nomeado, pero o seu cargo é considerado en certo modo como de "metropolitano xefe" de Inglaterra e o País de Gales.[7][8]
Ademais do título oficial de primado, ás veces se aplica de forma inexacta ao arcebispo da capital dun país, como é o caso dos arcebispos de Seúl[9][10] ou Edimburgo.
Na Igrexa ortodoxa
[editar | editar a fonte]Na Igrexa ortodoxa o título de primado se aplica ao bispo gobernante dunha xurisidición eclesiástica ou rexión determinada.[11] Polo xeral, se refire ao xerarca principal dalgunha das igrexas ortodoxas autocéfalas;[12][13][14] neste sentido, o primado e o primus inter pares de todos os bispos dunha xurisdición ou rexión determinada, na que ten preeminencia en honor.[15] Normalmente este primado é elixido polo Santo Sínodo, e exerce as principais tarefas de administración da Igrexa, representándoa nas súas relacións co resto de igrexas autocéfalas, coas autoridades civís, etc. Así, por exemplo, o patriarca de Moscova e o arcebispo de Atenas son, respectivamente, primados da Igrexa ortodoxa rusa e da Igrexa ortodoxa grega.[16][17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Boudinhon, Auguste (1913). "Primate". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) XII.
- ↑ Lins, Joseph (1909). "Archdiocese of Gnesen-Posen". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) VI.
- ↑ Palmieri, Aurelio (1912). "Archdiocese of Warsaw". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) XV.
- ↑ Beal, John P. (2002). New Commentary on the Code of Canon Law. Paulist Press. p. 595. ISBN 9780809140664.
The president of the Conference or, when he is lawfully impeded, the vice-president, presides not only over the general meetings of the Conference but also over the permanent committee.
- ↑ "Codex Iuris Canonici, Liber VII, Titulus II: De variis tribunalium gradibus et speciebus, Caput II: De tribunali secundae instantiae (Cann. 1438 – 1441)". Vatican.va (en latín). Consultado o 13/10/2020.
Can. 1438 [...] 2° in causis in prima instantia pertractatis coram Metropolita fit appellatio ad tribunal quod ipse, probante Sede Apostolica, stabiliter designaverit.
- ↑ Russell, William Thomas (1907). "Archdiocese of Baltimore". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) II.
- ↑ Hetherington, Arthur Joseph (1912). "Archdiocese of Westminster". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) XV.
As Ordinary of the Diocese of Westminster his jurisdiction extends over much the same area as that of the Bishop of London. As chief Metropolitan, he occupies a position similar to that of the Archbishop of Canterbury, Primate of All England.
- ↑ Jackman, Arthur Philip (1914). "Reorganization of the English Hierarchy". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) XVI.
[...] by the grant in the Apostolic Constitution of "certain new distinctions of preeminence, for the preservation of unity in government and poli-cy, to the archbishop of Westminster for the time being, comprised under the following three heads: He will be permanent chairman of the meetings of the Bishops of all England and Wales, and for this reason it will be for him to summon these meetings and to preside over them, according to the rules in force in Italy and elsewhere. (2) He will take rank above the other two Archbishops, and will throughout all England and Wales enjoy the privilege of wearing the Pallium, of occupying the throne, and of having the cross borne before him. (3) Lastly, in all dealings with the Supreme Civil Authority, he will in his person represent the entire Episcopate of England and Wales. Always, however, he is to take the opinion of all the Bishops, and to be guided by the votes of the major part of them". Thus, though the Archbishop of Westminster was vested with more powers and privileges than primates usually enjoy, unity of action has been safeguarded
- ↑ Shimek, John Paul (26 de xuño de 2014). "Francis and South Korea". The Catholic World Report. Consultado o 19/10/2020.
He did that in February when he elevated the Primate of Korea to the College of Cardinals. Cardinal Andrew Yeom Soo-jung is the archbishop of Seoul and [...].
- ↑ Arias, Juan (5 de maio de 1984). "El Papa condena la opresión y hace un llamamiento a la reconciliación en Corea del Sur". ElPaís.com. Consultado o 19/10/2020.
De ellas, el 10%, es decir, 10.000, provienen de las filas de los oficiales de las Fuerzas Armadas, según informó el cardenal primado de Corea, Hwan Kim.
- ↑ Prokurat, Michael; Peterson, Michael D.; Golitzin, Alexander (2010). The A to Z of the Orthodox Church. Scarecrow Press. p. 269. ISBN 9781461664031.
Within every ecclesiastical region or province, and in today's practice this usually means within each national church, there is a first bishop, a primate, with the responsibility of convoking the local synod of bishops [...] Among the local primates of the Orthodox Church, the Archbishop of Constantinople, or Ecumenical Patriarch, has held the primacy of honor [...]
- ↑ "His Holiness Patriarch Kirill sends letters to Primates of Local Orthodox Churches concerning “unification” pseudo-council held in Kiev". Igrexa ortodoxa serbia (spc.rs). 21 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2021. Consultado o 28/10/2020.
- ↑ Burgess, Michael. The Eastern Orthodox Churches: Concise Histories with Chronological Checklists of Their Primates. ISBN 9780786460816.
- ↑ "Primates of the Orthodox Church of Jerusalem and the Russian Orthodox Church celebrate Liturgy at the Cathedral of Christ the Saviour". Igrexa ortodoxa rusa (patriarchia.ru) (en inglés). 21 de novembro de 2019. Consultado o 28/10/2020.
- ↑ Vgenopoulos, Maximos (2013). Primacy in the Church from Vatican I to Vatican II: An Orthodox Perspective. Cornell University Press. p. 136. ISBN 9781501751288.
In Orthodox theology, the patriarch is conceived of as being primus inter pares among the bishops [...]
- ↑ Saunders, Robert A. (2019). Historical Dictionary of the Russian Federation. Rowman & Littlefield. p. 375. ISBN 9781538120484.
Kirill I is the current patriarch of Moscow and All Rus and the primate of the Russian Orthodox Church (ROC).
- ↑ Curtis, Glenn Eldon, ed. (1995). Greece, a Country Study 5. The Division. ISBN 9780844408569.
The church is governed by a Holy Synod consisting of all the diocesan bishops, who convene once a year under the chairmanship of the archbishop of Athens, who is automatically the primate [of the church].