Content-Length: 162627 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Real_Salt_Lake

Real Salt Lake - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Real Salt Lake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Salt Lake
NomeReal Salt Lake
Alcume(s)Claret and Cobalt, Royals, RSL
Fundación2004
EstadioRio Tinto Stadium,
Sandy, Utah, Estados Unidos
Inauguración2008
Capacidade20,213 [1]
Propietario Dell Loy Hansen
Presidente Craig Waibel
Adestrador Mike Petke
LigaMajor League Soccer
2016Oeste: 6º
Global: 9º
Playoffs: Primeira rolda
Na rede
https://www.rsl.com/
Facebook: RealSaltLake Twitter: RealSaltLake Instagram: realsaltlake Youtube: UCGYzqSVKpc7svCtDbb-uEgw Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Real Salt Lake é un club de fútbol estadounidense que xoga na Major League Soccer. É o equipo de fútbol de Salt Lake City, no estado de Utah, polo que xoga na conferencia Oeste. A franquía foi fundada en 2004 coincidindo coa expansión da Major League Soccer. Xoga os seus partidos no Rio Tinto Stadium en Sandy, Utah ás aforas da cidade de Salt Lake City. O nome de Real provén da admiración do fundador do club polo Real Madrid [2].

O equipo, na súa curta historia, conta na súa vitrina cun título, unha MLS Cup.

O 14 de xullo de 2004 fundouse o Real Salt Lake que xogaría provisionalmente no Rice-Eccles Stadium na Universidade de Utah. A primerira fichaxe do equipo foi o dianteiro Jason Kreis. O primeiro partido oficial xogouse contra os New York MetroStars en New Jersey.

As dúas primeiras tempadas foron moi irregulares para a franquía e non conseguiron clasificarse para as roldas eliminatorias. A boa noticia foi que o dianteiro Jeff Cunningham conseguiu gañar a bota de ouro da MLS [3]. Ese mesmo ano o Real Salt Lake e o Real Madrid asinaron un acordo de colaboración para a construción dunha academia para mozos e a disputa de dous amigábeis, aínda que o trato finalmente rompeuse e só xogouse un dos partidos [4]. Se as dúas primeiras tempadas non foran boas a do ano 2007 foi aínda peor. Realizouse unha reconstrución completa do club. Jason Kreis foi nomeado adestrador e retirouse como xogador, houbo cambio de presidente, Jeff Cunningham abandonou o equipo e con el tamén varios xogadores importantes.[5]

No ano 2008 e coincidindo cá apertura do Rio Tinto Stadium, o equipo clasificouse por primeira vez para os playoffs. Onde eliminou na primeira rolda ó Chivas USA pero non foi quén de gañar ó NY Red Bulls. A seguinte tempada o Real Salt Lake clasificouse na última xornada para as roldas eliminatorias. Na primeira rolda enfrontaríanse ó Columbus Crew, que gañou a edición do ano anterior e ademais foi o mellor equipo na fase regular. Pero aínda así o equipo de Utah conseguiu pasar de rolda. Na final de conferencia xogaron fronte o Chicago Fire e pasaron a final da MLS Cup tras vencer nos penaltis. O Royals tiña que xogar a final contra o Los Angeles Galaxy de David Beckham. A final rematou cun empate a un gol, polo que o título decidiríase na rolda de penales, e non foi ata a sétima rolda de lanzamentos cando o gol de Robbie Russell deulles o título ós de Utah, co porteiro Nick Rimando como mellor xogador da final.

Tras a vitoria do ano anterior o RSL seguiu co seu bo estado de forma, conseguindo o récord de máis partidos imbatidos na casa, cun total de 25 partidos [6]. Gañar o título da MLS Cup proporciona unha praza na fase de grupos da Liga de Campións da CONCACAF, polo que sería a primeira participación nun torneo continental. Na fase de grupos o Real Salt Lake pasou como primeiro por diante do Cruz Azul mexicano. Nos cuartos de final venceron ó Columbus Crew e nas semifinais ó Saprissa costarriqueño. Na final tiñan que enfrontarse ó FC Monterrey, o primeiro partido disputouse en México cun resultado de 2-2 e o segundo en Utah onde os mexicanos gañaron 0-1 e conseguiron o título.

Nos anos 2011 e 2012 o Claret and Cobalt clasificáronse para as roldas eliminatorias pero non acadaron a fazaña de chegar á final. No ano 2012 volveu xogar a Liga de Campións da CONCACAF, pero desta vez non foron quen de superar a fase de grupos.

Novo propietario

[editar | editar a fonte]

En 2013 o propietario da franquía Dave Checketts, vendeu o Real Salt Lake a Dell Loy Hansen. Ese mesmo ano o club chegou a dúas finais, primeiro a da U.S. Open Cup e perdeuna fronte ó DC United. E despois xogou por segunda vez na súa historia a final da MLS Cup contra o Sporting Kansas City onde de novo chegaron os penales, pero desta vez o trinfou foi para os de Kansas. Tamén se confirmou este ano a saída da lenda do club, Jason Kreis.[7] A presenza dos Royals nos playoffs era unha constante ata o ano 2015, nos que por primeira vez en oito anos non lograron clasificarse as roldas eliminatorias. Na terceira participación na Liga de Campións da CONCACAF, na tempada 2015-2016, a franquía caeu fronte ó Tigres UANL mexicano nos cuartos de final.

Para a tempada do ano 2017, Jeff Cassar o sucesor de Jason Kreis foi relevado do posto de adestrador e no seu lugar foi contratado Mike Petke.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 2 de outubro de 2017[8][9]

Posto País Xogador
2 DEF Tony Beltran
3 DEF Reagan Dunk
4 DEF David Horst
5 MED Kyle Beckerman
6 DEF Justin Schmidt
7 DEF Jefferson Savarino (Cedido polo Zulia FC)
8 MED Nixeria Sunday Stephen
10 DIA Joao Plata
11 MED Eslovaquia Albert Rusnák
12 MED Omar Holness
13 DIA Chad Barrett
14 DIA Yura Movsisyan
15 DEF Justen Glad
16 DEF Chris Wingert
17 DEF Demar Phillips
Posto País Xogador
18 POR Nick Rimando
19 MED Inglaterra Luke Mulholland
20 MED Luis Silva
21 DEF Aaron Maund
22 DIA Ricardo Velazco
23 MED Sebastian Saucedo
24 POR Matt Van Oekel
25 MED Danilo Acosta
27 MED Brooks Lennon (Cedido polo Liverpool FC)
28 DEF Chris Schuler
29 MED Jose Hernandez
30 DEF Uruguai Marcelo Silva
43 MED Nick Besler
50 POR Connor Sparrow
70 DIA Jordan Allen
  1. "Rio Tinto Stadium". 2 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  2. "Nome do Real Salt Lake". The New York Times. 2 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  3. "Cunningham bota de ouro da MLS". 2 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  4. "RSL vs Real Madrid". USA Today. 2 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  5. "Cunningham firma polo Toronto". 2 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  6. "Récord de imbatibilidade". 2 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  7. "Kreis asina polo New York City". The Guardian. 2 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  8. "Xogadores". 2 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  9. "Xogadores". 2 de outubro de 2017. Consultado o 2 de outubro de 2017. 








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Real_Salt_Lake

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy