Content-Length: 148686 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Reloxo_de_sol

Reloxo de sol - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Reloxo de sol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reloxo gravado na igrexa de S. Bieito de Fefiñáns, Cambados.
Reloxo no pazo da Braña, Cerdedo-Cotobade.

Un reloxo de sol é un dispositivo que permite medir o paso do tempo a partir do movemento aparente do Sol. Expresa a posición diúrna do Sol a través da sombra guindada por un gnomon ou estilo sobre unha superficie escalada.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo reloxo provén do latín horologium, relogium (de onde reloxo en galego), que provén á súa vez dos nomes do deus solar exipcio Horus (o sol dende o amencer ao mediodía) e Ra (o sol dende o mediodía ao solpor), significa a lóxica ou razón do sol, polo que as divisións da escala da sombra son por necesidade as horas (medíase a viaxe da barca solar de día e de noite). Os exipcios déronlle nomes de deusas ás 24 horas. Dende a conquista por Alexandre o Grande, prodúcese unha mestura entre a cultura exipcia e a grecorromana na materia.

O feito era que ao mediodía solar -o sol tópase na vertical do lugar- tense que cambiar a orientación da escala horaria solar nos reloxos horizontais primitivos de sombra, nos obeliscos a sombra pasa do lado oeste ao leste. Por iso falar de reloxo de sol pódese considerar redundante pois de certo o reloxo de sol é o reloxo por excelencia.

Os reloxos de sombra horizontais exipcios (nos que se mide a lonxitude da sombra para calcular a hora) máis coñecidos son os que se atopan descritos no cenotafio de Seti I (viviu do 1294 ao 1279 a. C.), en Abidos, e no Papiro de Tanis [1]. Tamén se conservan varios exemplares físicos no Museo exipcio de Berlín, dos cales o máis coñecido é o que ten o número de inventario 19744, trátase dun reloxo de sombra datado na época de Thutmose III (1501-1447 a.C.)[2] polo exiptólogo Ludwig Borchardt, no ano 1910.

O chamado Horologium Augusti foi o maior reloxo de sol do mundo antigo. Situado en Roma, foi mandado construír por Augusto no ano 10 a.C. O arquitecto encargado do deseño e da obra foi Facundus Novius.

Características

[editar | editar a fonte]
Proxección do reloxo de sol vertical.

Segundo a disposición do gnomon e da forma da escala pódense medir diferentes tipos de tempo, dos cales o máis habitual é o tempo solar aparente. A disciplina que se encarga de elaborar teorías e reunir coñecemento sobre os reloxos de sol denomínase gnomónica.[3]

Na súa configuración clásica xa era coñecido na astronomía exipcia e na mesopotámica. É un reloxo parcial, pois só funciona con luz solar e polo tanto era necesario complementar o seu uso con outros reloxos, en particular, con reloxos estelares (planisferios e astrolabios), e de auga (clépsidras).[Cómpre referencia]

O cómputo do tempo mediante reloxos, hoxe tan aparentemente afastado da astronomía, era e segue a ser un instrumento básico da mesma. De feito, os reloxos son simuladores da rotación terrestre, isto é que dividen unha rotación (que comunmente chamamos día) en vinte e catro horas; o concepto de tempo ten evolucionado dende esta apreciación primaria ata os modernos reloxos atómicos, mais o que se fai decote é reaxustar o computo do ano mantendo a convención das vinte e catro horas. Na actualidade son computadores do espazo-tempo.[Cómpre referencia]

Facer un reloxo de sol

[editar | editar a fonte]

Existen numerosos programas de ordenador para o deseño de reloxos de sol, tanto de pagamento como gratuítos que permiten a elaboración de reloxos de sol de cuadrante polar na súa versión gratuíta e outros modelos de reloxos de sol e astrolabios na súa versión comercial.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. José Lull. "La astronomía en el antiguo Egipto", PUV, Universitat de Valencia, 2004, páx. 145 a 157.
  2. http://members.aon.at/sundials/berlin-egypte.htm
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gnomónico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Reloxo_de_sol

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy