Content-Length: 90886 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Revolucionario

Revolucionario - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Revolucionario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Liberdade guiando o pobo de Eugène Delacroix

Un revolucionario é unha persoa que participa activamente ou avoga por unha revolución.[1]

Tamén, cando se usa como un adxectivo, o termo revolucionario refírese a algo que ten un impacto importante e repentino na sociedade ou nalgún aspecto do esforzo humano.

Definición

[editar | editar a fonte]

O termo, tanto en modo substantivo como adxectivo, aplícase normalmente no campo da política, e ocasionalmente nos da ciencia, a invención ou a arte. En política, un revolucionario é alguén que apoia un cambio drástico, rápido e abrupto, mentres un reformista é alguén que apoia un cambio máis gradual e incremental. Un conservador é alguén que xeralmente se opón a tales cambios. Un reaccionario é alguén que quere que as cousas volvan ser do xeito que eran antes de que o cambio sucedese.

Revolución e ideoloxía

[editar | editar a fonte]

Segundo sociólogo James Chowning Davies, os revolucionarios políticos poden ser clasificados de dous xeitos:

  1. Segundo os obxectivos da revolución que propoñen. Normalmente, estes obxectivos son parte dunha certa ideoloxía. En teoría, cada ideoloxía podería xerar a súa propia marca de revolucionarios. Na práctica, a maioría de revolucionarios políticos foron anarquistas, comunistas ou socialistas.
  2. Segundo os métodos que propoñen utilizar. Isto divide os revolucionarios en dous grandes grupos: Os que defenden unha revolución violenta, e os que son pacifistas.

O anarquista revolucionario Serguéi Necháyev argumentou en Catecismo dun Revolucionario:

"O revolucionario é un home condenado. Non ten intereses privados, asuntos, sentimentos, lazos, propiedades nin mesmo un nome de seu. O seu ser enteiro é devorado por un propósito, un pensamento, unha paixón: a revolución. Corazón e alma, non soamente de palabra senón de feitos, romperon toda ligazón co orde social e co mundo civilizado enteiro; coas leis, boas maneiras, convencións, e moralidade daquel mundo. El é o seu inimigo desapiadado e continúa a habitalo cun único un propósito: destruílo."[2][3]

Segundo o Che Guevara: "Déixeme dicirlle, a risco de parecer ridículo, que o verdadeiro revolucionario está guiado por grandes sentimentos de amor.[4] É imposíbel pensar nun verdadeiro revolucionario sen esta cualidade".[5][6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. ""ARD". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  2. Nechayev, Spartacus Educational website by John Simkin
  3. Sergey Nechayev (1869). The Revolutionary Catechism.
  4. Killer Images: Documentary Film, Memory and the Performance of Violence by Joram ten Brink, Joshua Oppenheimer, Columbia University Press, 2012, page 84
  5. "Socialism and Man in Cuba" A letter to Carlos Quijano, editor of Marcha, a weekly newspaper published in Montevideo, Uruguay; published as "From Algiers, for Marcha: The Cuban Revolution Today" by Che Guevara o 12 de marzo de 1965
  6. "Socialism and man in Cuba". 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Revolucionario

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy