Content-Length: 117582 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Rocha_sedimentaria

Rocha sedimentaria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rocha sedimentaria

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mostra dunha rocha sedimentaria preparada para a súa observación.

As rochas sedimentarias son rochas que se forman por acumulación de sedimentos que, sometidos a procesos físicos e químicos, resultan nun material de certa consistencia. A toda esa serie de procesos de sedimentación e consolidación coñécese por diaxénese.

Formación

[editar | editar a fonte]

Na súa formación poderíanse diferenciar catro fases:

  • Meteorización. Destrución das rochas sólidas existentes por razón física, química ou biolóxica.
  • Transporte. O carrexar dos fragmentos por diversos medios de arrastre tales como auga (rochas hidratóxenas), vento (rochas eólicas) ou xeo (cantos estriados).
  • Sedimentación. Por diversas causas prodúcense cambios físico-químicos nos sedimentos a presión e temperaturas normais.
  • Consolidación. Formación de rochas totalmente novas.

Poden formarse ás beiras dos ríos, no fondo de cantís, vales, lagos e mares, e nas desembocaduras dos ríos. Áchanse formando capas ou estratos.

Representan máis do 75% das rochas que se atopan na codia terrestre, e moitas están formadas a partir de pequenos anacos doutras rochas. Están dispostas cubrindo unha sobase formada por rochas ígneas e, en menor cantidade, rochas metamórficas. Mais o seu volume total é pequeno comparándoo sobre todo coas ígneas, que non só forman a maior parte da codia terrestre, senón a totalidade.

As rochas sedimentarias caracterízanse por dous trazos relevantes:

  • Presentan unha estrutura estratificada, con capas producidas polo proceso de sedimentación, descontinuo e progresivo. Chámanse estratos esas capas.
  • Contén xeralmente fósiles, cando non están directamente formadas por fósiles. Os procesos magmáticos destrúen os restos dos seres vivos, o mesmo que os procesos metamórficos, agás os máis suaves.

En xeral, estas rochas son estratificadas, integradas por elementos que se dispoñen desordenadamente, sen estar ben unidos entre si, dando lugar a rochas pouco coherente e friábeis. Ademais as rochas sedimentarias adoitan ser máis ou menos permeábeis, sobre todo as detríticas, o que favorece as circulación ou depósito de auga subterránea e outro fluídos, como os hidrocarburos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
  • Rochas detríticas ou fragmentarias, compóñense de partículas minerais producidas pola desintegración mecánica doutras rochas e transportadas, sen deterioración química, grazas á auga. Son carrexadas até masas maiores de auga, onde se van depositando en capas. Debido á presión exercida polo seu propio peso, os estratos inferiores van ficando compactados. As súas partículas poden estar disgregadas, semidisgregadas, compactadas por simple presión ou aglomeradas por cementos naturais. Estas rochas, chamadas tamén rochas clásticas ou de sedimentación mecánica, poden clasificarse polo tamaño dos seus compoñentes, distinguindo entre:
    • Conglomerados: as súas partículas vense a simple vista, de máis de 2 mm.
    • Arenitos: os seus compoñentes teñen un tamaño menor de 2 mm.
    • Rochas arxilosas: formadas por partículas diminutas, menores de 0.002 mm.
  • Rochas organóxenas, as formadas con restos de seres vivos. As máis abundantes formáronse con esqueletos baixo os procesos de biomineralización. Outras formáronse por evolución de restos orgánicos (da materia celular), e chámanse propiamente rochas orgánicas, como son o carbón e petróleo. O petróleo é a única rocha líquida.
  • Rochas de precipitación química, fórmanse por sedimentación química de materiais que estiveron en disolución durante a súa fase de transporte. Nestes procesos de sedimentación tamén podería influír a actividade de organismos vivos, en cuxo caso pódese falar de orixe bioquímica ou orgánica. Exemplos de rochas químicas son: xeso, anhidrita, calcaria.

Composición

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Rocha_sedimentaria

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy