Século -XIV
Aparencia
século XV adC < século XIV adC > século XIII adC
O século XIV antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1400 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1301 a. C.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- Arredor do 1400 a.C.: en Creta a cultura micénica alcanza o seu auxe. Abandónase o palacio de Knossos.
- 1400 a.C.: o Palacio de Minos é destruído por un incendio.
- 1400 a.C.: os asirios vólvense moi poderosos ao expulsar aos hurrites.
- 1400 a.C.: en Hattusa "sobre a moderna vila de Boghazköy (distrito de Çorum) (Turquía) - constrúese a Porta do León.
- 1400 a.C.: na China a dinastía Shang está en expansión.
- 1397 a.C.: Pandión I, lendario rei de Atenas, morre despois de 40 anos de reinado e o sucede o seu fillo Erecteo II.
- 1385 a.C.: en Exipto, o faraón Amenhotep III casa con Tiy.
- 1380 a.C.: O faraón Amenhotep II conecta o río Nilo e o Mar Vermello a través dunha canle.
- 1375 a.C. (3 de maio): na China, rexístrase unha eclipse solar, "O Sol está avergoñado, estivo oculto durante o día." [1]
- 1372 a.C.: os hititas conquistan todo o reino de Mitani, ao oeste do Éufrates.
- 1365 a.C. (± 5 anos): en Ugarit (Siria) prodúcese un terremoto (datado polas ruíñas). O subsecuente tsunami e un incendio destrue toda a cidade.
- 1365 a.C.: en Asiria, Ashur-uballit I convértese en rei.
- 1357 a.C.: en Dinamarca enterrase a a nena de Egtved.
- 1347 a.C.: o lendario rei Erecteo II de Atenas é alcanzado por un lóstrego, morrendo, logo de reinar 50 anos. Sucédelle o seu irmán máis novo Cécrops II.
- 1346 a.C.: o faraón Amenhotep IV comeza o seu culto a Atón e comeza a construír o súa nova capital: Ajetatón.
- 1345 a.C.: o faraón Amenhotep IV pasa a denominarse Akhenatón.
- 1346 a.C.: en Exipto nace Tutankhamon
- 1336 a.C.: o faraón Akhenatón nomea a Smenejkara como o seu correxente.
- 1336 a.C.: en Exipto, Tutankhamon convértese en rei con só 10 anos de idade.
- 1334 a.C.: en Exipto morre Akhenatón.
- 1334-1333 a.C.: Tutankhamon convértese en faraón e casa con Ankhesenamon, filla de Akhenatón e de Nefertiti.
- 1331 a.C.: o faraón Tut-anj-Aton pasa a denominarse Tut-anj-Amun e abandona Ajetatón, devolvendo a capital a Tebas.
- 1330 a.C.: en Asiria, Enlil-nirari convértese en rei.
- 1327 a.C.: en Exipto morre Tutankhamon.
- 1323 a.C.: en Exipto, Horemheb convértese en faraón.
- 1319 a.C.: en Asiria, Arik-den-ili convértese en rei.
- 1312 a.C. (24 de xuño): en Asia Menor, durante o reinado do rei hitita Mursili II hai un "mal presaxio do Sol" (un eclipse solar). [1]
- 1310 a.C.: en Fríxia o rei Tungot sobe ao trono
- 1307 a.C.: en Asiria sobe ao trono Adad-nirari I.
- 1305 a.C. (5 de xuño): Na China existe un fenómeno astronómico ("tres lapas comeron o Sol") que podería ser un eclipse solar.[1]
- 1303 a.C.: Seti I convértese en faraón de Exipto.
- Cécrope II, lendario rei de Atenas, morre despois de reinar 40 anos. Sucédelle o seu fillo Pandión II. Este foi desterrado polos fillos de Metión (irmán ou sobriño de Cécrope II). Pandión fuxiu a Megara, onde casou coa filla do rei e finalmente herdou o trono. Despois da súa morte, os fillos de Pandión II volveron a Atenas e botaron aos fillos de Metion.
- Arredor do 1300 a.C.: en Europa desenvólvese a Cultura dos Campos de Urnas.
- 1300 a.C. (data máis probable): Batalla de Kadesh en Siria entre hititas e exipcios.
- 1300 a.C.: os frixos destruen aos hititas.
- 1300 a.C.: os amoritas conquistan aos hititas de Canaán.
- 1300 a.C.: aparecen os ilirios.
- 1300 a.C.: en Xordania establécense os amonitas.
- 1300 a.C.: no Mar Morto fúndase Edom.
- 1300 a.C.: na China, Pangeng trasladou a capital da dinastía Shang a Yin.
- Arredor do 1300 a.C.: algúns pobos dos bosques orientais (nos Estados Unidos actuais) comezan a construír enormes obras de terra, montes de terra e pedra. En Poverty Point (estado de Luisiana) atópase o máis antigo.
- Arredor do 1300 ao 1200 a.C.: en Micenas ( Grecia) constrúese o tesouro de Atreo. Escavado por Christos Stamatakis en 1878.
- Arredor do 1300 ao 1200 a.C.: constrúese o palacio de Pilos.
- Arredor do 1300 ao 1100 a.C.: en Micenas (Grecia) un artesán realiza o Vaso do Guerreiro. Actualmente atópase no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas.
Caracteres
[editar | editar a fonte]- Akhenatón, faraón de Exipto
- 1398 a.C.: nacemento de Tiy filla do nobre exipcio Iuia e a súa esposa Tuou. Despois pasou a ser a raíña xefa do faraón Amenofis III do Exipto e do matriarca da familia Amarna (data aproximada).
- 1391 a.C.: o faraón Amenhotep III comezou a gobernar.
- 1368 a.C.: Morte de Erichthonius, mítico rei de Dardania.
- 1366 a.C.: nacemento da princesa Tadukhipa a Tusratta, rei de Mitani e a súa raíña Juni. Despois casará con Amenhotep III e logo da súa morte co seu fillo e herdeiro Amenhotep IV Akhenaton. Está diversamente identificada coas raíñas de Akhenaton Nefertiti e Kiya.
- 1365 a.C.: Ashur-uballit I sobe ao trono en Asiria.
- 1362 a.C.: nacemento do posterior faraón Amenhotep IV Akhenaten fillo de Amenofis III e da súa raíña Tiy.
- 1350 a.C.: o faraón Amenhotep IV Akhenaten sobe ao trono de Exipto.
- 1341-1340 a.C.: nacemento de Tutankhaten, despois faraón de Exipto como Tutankhamon (data aproximada).
- 1338 a.C.: a raíña Tiy de Exipto, a raíña principal de Amenofis III e a matriarca da familia Amarna, desaparece do rexistro histórico. Presunta morte.
- 1337 a.C.: a raíña Nefertiti de Exipto desaparece do rexistro histórico. Presunta morte.
- 1334-1333 a.C.: Morte de Semenkhkare, faraón de Exipto e co-gobernante con Akhenatón.
- 1334-1333 a.C.: Morte de Akhenatón, faraón de Exipto.
- 1323 a.C.: Morte do faraón Tutankhamon de Exipto.
- [[1320 a.C.]: nacemento do posterior faraón Ramsés II de Exipto (data aproximada).
- 1300 a.C.: Seti I de Exipto.
- 1300 a.C.: Pangeng da China.
- Suppiliulima, rei dos hititas.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 «The Ancient World, B.C.», listado no sitio web Phenomena.org.uk (Landmarks of World History. A Chronology of Remarkable Natural Phenomena).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XIV |