Content-Length: 118612 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Seth_Low

Seth Low - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Seth Low

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSeth Low

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1850 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1916 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Bedford Hills, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Green-Wood 40°39′17″N 73°59′28″O / 40.654672, -73.991099 Editar o valor en Wikidata
92º Alcalde de Nova York
1 de xaneiro de 1902 – 31 de decembro de 1903
← Robert Anderson Van Wyck (pt) TraducirGeorge B. McClellan Jr. →
11º President of Columbia University (en) Traducir
1890 – 1901
← Frederick Augustus Porter Barnard (pt) TraducirNicholas Murray Butler → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Columbia
Poly Prep Country Day School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnne Wroe Scollay Curtis Low Editar o valor en Wikidata
PaiAbiel Abbot Low Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Británica de 1922
Encyclopædia Britannica
Collier's New Encyclopedia Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Low-2226 Find a Grave: 3342 Editar o valor en Wikidata


Seth Low nado o 18 xaneiro de 1850 en Brooklyn e finado en Nova York o 17 de setembro de 1916 en Bedford Hills, Nova York, foi un educador e político estadounidense do Partido Republicano que contou tamén co apoio do Partido Demócrata. Foi o último alcalde da cidade independente de Brooklyn, presidente da Universidade de Columbia, representante diplomático dos Estados Unidos de América e alcalde da cidade de Nova York.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vida temperá

[editar | editar a fonte]

Low foi estudante no que entón era Polytechnic Preparatory High School, agora Poly Prep Country Day School, en Brooklyn e no Columbia College. Low, cuxo pai Abiel Low era un dos principais comerciantes con China, pasou varios anos na empresa familiar na década de 1870. En 1880 casou con Anne Wroe Scollay Curtis. Chegou a ser alcalde de Brooklyn en 1881; ao facelo, sucedeu ao seu avó, que tamén fora alcalde de Brooklyn. Serviu durante dous mandatos até 1885, pero o seu apoio a Grover Cleveland en 1884 enfureceu á poboación e non foi reelixido para un terceiro mandato.

Presidente da Universidade Columbia

[editar | editar a fonte]

Despois de servir como alcalde de Brooklyn, Low asumiu a presidencia do Columbia College en 1890, cargo que ocupou ata 1901. Durante este tempo, supervisou o traslado da institución de Midtown Manhattan a Morningside Heights e cambiou o seu nome a Columbia University. O novo campus estaba totalmente integrado na cidade e incluía unha biblioteca dun millón de dólares construída en 1895.

O 4 de xullo de 1899 foi un dos delegados estadounidenses para asistir á Conferencia Internacional de Paz na Haia.

Alcalde de Nova York

[editar | editar a fonte]

Low presentouse á alcaldía sendo presidente da universidade. Na súa campaña coa que gañou as eleccións, contou cos apoios do humorista Mark Twain, do seu partido e dos demócratas. Mellorou o sistema educativo da cidade, pero só exerceu como alcalde durante un ano, sendo sucedido en 1903 por George B. McClellan Jr., fillo do xeneral McClellan da Guerra civil.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Foi presidente do Instituto Tuskegee en Alabama desde 1907 até a súa morte en 1916. Desde 1907 foi tamén presidente da Federación Cívica Nacional. Low morreu na súa casa de Bedford Hills o 17 de setembro de 1916.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Biblioteca

[editar | editar a fonte]
  • Low, Seth. In: Encyclopædia Britannica. 11. Band 17: Lord Chamberlain – Mecklenburg. Londres 1911, S. 72  

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Seth_Low

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy