Steve MacLean
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1954 (70 anos) Otava, Canadá |
Educación | York University Merivale High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, físico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Toronto |
Tempo no espazo | 21 días, 16 horas e 2 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Steven Glenwood MacLean, nado en Otava o 14 de decembro de 1954, é un astronauta canadense que formou parte das misións STS-52 e STS-115.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]MacLean graduouse en física en 1977 e obtivo un doutoramento en 1983 pola mesma materia pola Universidade York en Toronto.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola Axencia Espacial Canadense (CSA) en decembro de 1983, participando nas misións STS-52 e STS-115 e pasando un total de 21,67 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "MacLean, Steven Glenwood" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 CSA, ed. (4 de febreiro de 2013). "Biography of Steve MacLean" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Steve MacLean |