Sufrimento
Aparencia
O sufrimento é a emoción motivada por calquera condición que someta ao noso sistema nervioso ao desgaste. O sufrimento, como calquera outra sensación, pode ser consciente ou inconsciente. Cando se manifesta de forma consciente faino en forma de dor e/ou infelicidade, cando é inconsciente tradúcese en esgotamento e/ou cansazo.