The Big Short
The Big Short | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Adam McKay |
Produtor | Dede Gardner Jeremy Kleiner Arnon Milchan Brad Pitt |
Guión | Adam McKay Charles Randolph |
Baseado en | The Big Short de Michael Lewis |
Intérpretes | Christian Bale Steve Carell Ryan Gosling Brad Pitt |
Música | Nicholas Britell |
Fotografía | Barry Ackroyd |
Estudio | Regency Enterprises Plan B Entertainment |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 12 de novembro de 2015 |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 28.000.000 $[1] |
Recadación | 133.400.000 $[2] |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20160303180208/http://www.thebigshortmovie.com | |
|
The Big Short é un filme estadounidense de 2015 do xénero de comedia dramática biográfica dirixida por Adam McKay e escrito por McKay e Charles Randolph, baseado no libro The Big Short: Inside the Doomsday Machine (2010) de Michael Lewis sobre a crise financeira de 2007-2008 , que se desencadeou pola burbulla inmobiliaria dos Estados Unidos[3]. Entre outros actuaron na produción Christian Bale, Steve Carell, Ryan Gosling, Brad Pitt, Melissa Leo e Marisa Tomei.
A película caracterízase polas súas técnicas pouco convencionais para explicar instrumentos financeiros complexos. Entre outros, dispón cameos con Margot Robbie, Anthony Bourdain, Selena Gomez e Richard Thaler que rompen a cuarta parede para explicar conceptos tales como hipotecas de alto risco e obrigacións garatizadas por débeda como unha metareferencia, outros actores diríxense ao público, en especial Gosling, que serve como narrador.
A primeira estrea foi nos Estados Unidos, en versión limitada, nalgúns cinemas escollidos o 11 de decembro de 2015. Paramount Pictures[4][5] estrou o filme para o resto dos cinemas o 23 de decembro . O filme foi un éxito económico e de crítica, recadando 133.000.000 $ cun orzamento de 50.000.000. Logrou candidaturas a cinco premios da Academia: mellor filme, mellor director, mellor actor secundario, mellor montaxe e mellor guión adaptado, gañando este último.
Argumento
[editar | editar a fonte]O filme describe diversos actores clave na creación da permuta de incumprimento crediticio no mercado que buscaba apostar en contra da obriga colateralizada por débeda (CDO), e que rematou aproveitando a crise financeira global. A película componse de tres historias separadas que se executan simultaneamente, sen trama ningunha superposta, só conectadas pola colapso do mercado hipotecario. Michael Burry (Christian Bale) é o xestor dun fondo de alto risco, que decide investir moito do diñeiro en apostar a que o sistema imobiliario dos Estados Unidos vai quebrar nun breve prazo. Esa decisión xéralle complicacións cos investidores, ao non apostar contra do sistema ninguén antes e tirar proveito. Ao saber destes investimentos, o corredor Jared Vennett (Ryan Gosling) percibe a oportunidade e ofrécella aos seus clientes. Un deles é Mark Baum (Steve Carell), o dono dunha corredoría que enfronta problemas persoais dende o suicidio do seu irmán. Paralelamente, dous principiantes na Bolsa de Valores pensan que poden gañar moitos cartos ao apostar na crise inmobiliaria e, para tanto, piden axuda a un gurú de Wall Street, Ben Rickert (Brad Pitt), que vive recluso.[6]
Elenco
[editar | editar a fonte]- Christian Bale - Michael Burry
- Steve Carell - Mark Baum
- Ryan Gosling - Jared Vennett
- John Magaro - Charlie Geller
- Finn Wittrock - Jamie Shipley
- Brad Pitt - Ben Rickert
- Hamish Linklater - Porter Collins
- Rafe Spall - Danny Moses
- Jeremy Strong - Vinny Daniel
- Marisa Tomei - Cynthia Baum
- Melissa Leo - Georgia Hale
- Stanley Wong - Ted Jiang
- Byron Mann - Wing Chau
- Tracy Letts - Lawrence Fields
- Karen Gillan - Evie
- Max Greenfield
- Margot Robbie - Ela mesma
- Selena Gomez - Ela mesma
- Richard Thaler - Ela mesma
- Anthony Bourdain - El mesmo
Produción
[editar | editar a fonte]Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]En 2013, Paramount adquiriu os dereitos do libro de non ficción The Big Short: Inside the Doomsday Machine de Michael Lewis para desenvolvelo nun filme, que a produtora de Brad Pitt, Plan B Entertrainment ía producir[7]. O 24 de marzo de 2014 contratouse a Adam McKay para escribir e dirixir a película, sobre a burbulla económica e hipotecaria.[3] o guionista Charles Randolph, escribiu a historia e un dos primeiros cambios foi atopar o ton correcto para a película[8]. Dous anos despois de Randolph escribir o seu proxecto, McKay, como director, reescribiu o guión. Foi de McKay a idea de incluír cameos de famosos no filme para explicar conceptos financeiros.
O elenco
[editar | editar a fonte]O 13 de xaneiro de 2015, Variety anunciou que Brad Pitt, Christian Bale, e Ryan Gosling ían protagonizar o filme, con Pitt producindo a película canda Dede Gardner e Jeremy Kleiner. Plan B Entertrainment ía financialo, e Paramount xestionaría os dereitos de distribución.[9] Pitt xa actuou na adaptación doutro libro de Lewis Moneyball, co que foi candidato aos Óscar. O 14 de xaneiro, anunciouse que Steve Carell tamén actuaría.[10] O 21 de abril de 2015 Deadline deu a coñer a máis membros da repartición, Melissa Leo, Marisa Tomei, Tracy Letts, Hamish Linklater, John Magaro, Byron Mann, Rafe Spall, Jeremy Strong, e Finn Wittrock.[11] Charles Randolph escribiu a versión inicial. Max Greenfield uniuse o elenco da película o 23 de abril de 2015.[12] Karen Gillan chiou sobre a súa implicación na película o 8 de maio de 2015.[13]
Rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe principal comezou o 18 de marzo de 2015 en Nova Orleáns (Luisiana)[14][15]. O 20 de maio de 2015 rodouse en Manhattan, Nova York[16]. O 22 de maio, o equipo de produción recreou as oficinas da empresa de investimento Lehman Brothers no ástrago do Departamento de Servizos Financeiros do Estado de Nova York, en Manhattan[17].
Estrea
[editar | editar a fonte]O 22 de setembro de 2015 Paramount anunciou que o filme coñecería unha estrea limitada o 11 de decembro de 2015, mentres a exhibición xeral comezaría o 23 de decembro de 2015[18]. O filme saíu en DVD e Blu-ray o 15 de marzo de 2016.
Recepción
[editar | editar a fonte]Recadación
[editar | editar a fonte]The Big Short recadou 70.300.000$ nos Estados Unidos e o Canadá e outros 63.200.000 no resto do mundo, facendo un total de 133.400.000 fronte a un orzamento de produción de 50.000.000.
A estrea foi en oito cines dos Ánxeles, Nova York, San Francisco e Chicago o 11 de decembro de 2015 e recadou 705.527$ (unha media de 88.191 por cine). A mellor posición dunha película de estrea en oito localidades, superando a anterior marca de Memorias dunha gueixa (85.313 por cine)[19] A estrea en todo o país foi o 23 de decembro de 2015 e recadou 2.300.000$ no seu primeiro día e na primeira fin de semana recadou 10.500.000, a 6º mellor recadación.[20]
Crítica
[editar | editar a fonte]En Rotten Tomatoes, a película ten unha taxa de aprobación do 88% baseada en 281 críticas, cunha media de 7.8/10. En Metacritic, a súa puntuación é de 81 sobre 100, baseada en 45 críticas, indicando "recoñecemento universal"[21]. En CinemaScore o público consultado deulle ao filme unha nota media de "A–" nunha escala de A+ a F. IGN deulle unha puntuación de 8.6/10, enxalzando a súa "enérxica dirección" e facer "un complicado conto comprensible para o leigo, mesmo cando desencadea indignación nos logreiros que axudaron a causalo"[22]. The New York Times afirmou que ofrece a mellor explicación que deu filme á crise financeira global[23].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ FilmL.A. (15 de xuño de 2016). "2015 Feature Film Study". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2016. Consultado o 11 de setembro de 2017.
- ↑ "The Big Short (2015)". Box Office Mojo. Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 "Paramount Taps ‘Anchorman’ Helmer Adam McKay To Adapt And Direct Michael Lewis’ ‘The Big Short’ About Economic Meltdown". deadline.com. 24 de marzo de 2014.
- ↑ "Paramount pushes 'The Big Short' into awards season". Associated Press. 25 de setembro de 2015.
- ↑ "The Big Short | Trailer & Movie Site | decembro de 2015". The Big Short. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ "A Grande Aposta". AdoroCinema. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
- ↑ McNary, Dave (24 de marzo de 2014). "‘Anchorman's’ Adam McKay Boards Financial Drama".
- ↑ Hogan, Brianne (20 de xaneiro de 2016). "Banking on The Big Short". Creative Screenwriting.
- ↑ "Brad Pitt, Christian Bale and Ryan Gosling to Star in Financial Drama ‘The Big Short’". Variety.
- ↑ "Steve Carell in Talks to Join Christian Bale, Ryan Gosling in 'The Big Short'". Hollywood Reporter.
- ↑ "‘The Big Short’ Solidifies With Christian Bale, Steve Carell, Ryan Gosling, Brad Pitt". Deadline.
- ↑ "Max Greenfield Joins Brad Pitt, Ryan Gosling in ‘The Big Short’".
- ↑ "Just had an amazingly fun day shooting on The Big Short film!". Twitter. 8 de maio de 2015.
- ↑ "Brad Pitt, Ryan Gosling, & Christian Bale are headed to Orleans for ‘The Big Short’". OLV=data=10 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2017.
- ↑ "‘The Big Short’, starring Brad Pitt, Ryan Gosling, & Christian Bale, begins filming in New Orleans". OLV. 23 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2017.
- ↑ "‘The Big Short’, starring Brad Pitt and Ryan Gosling, is filming in NYC this week!". OLV. 16 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2015. Consultado o 09 de setembro de 2017.
- ↑ "‘Big Short’ Recreates Lehman Bros. Offices in Regulator’s Building". The Wall Street Journal. 22 de maio de 2015.
- ↑ "Paramount pushes 'The Big Short' into awards season". CNS News. 22 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 09 de setembro de 2017.
- ↑ "Box Office: Ron Howard's 'Heart of the Sea' Capsizes With $11M U.S. Debut". The Hollywood Reporter. 13 de decembro de 2015.
- ↑ "‘Star Wars’ Flies To $540M In Second Best Box Office Weekend Of All Time". Deadline. 28 de decembro de 2015.
- ↑ "The Big Short". Metacritic.
- ↑ "The Big Short Review". IGN. 8 de decembro de 2015.
- ↑ "What ‘The Big Short’ Gets Right, and Wrong, About the Housing Bubble". The New York Times. 23 de decembro de 2015.
- Filmes de 2015
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Adam McKay
- Filmes producidos por Brad Pitt
- Filmes rodados en Nova Orleáns
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de Plan B Entertainment
- Filmes de Regency Enterprises
- Filmes ambientados en Colorado
- Filmes ambientados en Florida
- Filmes ambientados en Miami
- Filmes ambientados en 2005
- Filmes ambientados en 2006
- Filmes ambientados en 2007
- Filmes ambientados en 2008