Valerii Voronin
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1939 Moscova, Rusia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 19 de maio de 1984 (44 anos) Moscova, Rusia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Danilov Cemetery (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1958 - 1969 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Unión Soviética | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1968 | Eurocopa de Fútbol Italia 1968 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1966 | Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1964 | Eurocopa de Fútbol España 1964 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1962 | Mundial de Fútbol Chile 1962 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Valerii Ivanovich Voronin (en ruso: Валерий Иванович Воронин), nado en Moscova o 17 de xullo de 1939 e finado na mesma cidade o 22 de maio de 1984, foi un futbolista soviético. Considerado un dos centrocampistas máis completos da década de 1960, militou durante toda a súa carreira no Torpedo Moscova e foi 63 veces internacional coa selección soviética. En ocasións xogaba tamén como defensa central.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol en 1952, no equipo infantil no club da fábrica Kauchuk, e máis tarde entrou no FShM, equipo xuvenil do que saíron outros destacados futbolistas como Igor Chislenko ou Vladimir Fedotov.
Torpedo Moscova
[editar | editar a fonte]En 1958 debutou co Torpedo Moscova na Primeira División da Unión Soviética. Dous anos despois foi un dos artífices da conquista por parte do equipo tanto da liga como da Copa da URSS, tras derrotar na final desta última ao Dinamo Tbilisi. Repetiu título de liga na tempada 1965.
Militou no club moscovita ata 1969, sendo elixido futbolista soviético do ano en dúas ocasións, en 1964 e 1965. Neses dous anos foi tamén incluído pola revista France Football na súa lista dos 10 mellores futbolistas de Europa, no décimo e no oitavo lugar respectivamente.[1][2]
Selección soviética
[editar | editar a fonte]Foi 63 veces internacional coa selección soviética, coa que debutou en 1960, nun partido contra Hungría. Disputou co equipo da URSS as Copas do Mundo de 1962 e 1966, sendo elixido no Once Ideal do torneo en ámbalas ocasións. Disputou a Eurocopa de 1964 e foi titular na final, onde perdeu ante España.
Voronin estaba considerado un individualista que ás veces entraba en conflito coa ética da selección soviética.[3] Foi expulsado do equipo nacional en 1968 polo seleccionador Mikhail Yakushin, por ter violado o regulamento da selección.[3]
Últimos anos e asasinato
[editar | editar a fonte]En maio de 1968 viuse implicado nun grave accidente de tráfico, cando o Volga que conducía chocou contra un camión. Estivo á beira da morte, pero acabou recuperándose, aínda que precisou de varias cirurxías plásticas.[3] Con todo, o accidente deixouno marcado psicoloxicamente, e só disputou 8 partidos máis, tendo tempo aínda a marcarlle un gol de libre directo ao histórico gardameta do Dinamo de Moscova, Lev Iashin.[4]
Trala súa retirada definitiva abusou do alcohol e en maio de 1984 foi atopado asasinado á beira dunha estrada, cun golpe na cabeza. A investigación do seu asasinato nunca atopou culpables.[3]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Torpedo Moscova
- Primeira División da Unión Soviética (2): 1960, 1965.
- Copa da Unión Soviética (2): 1960, 1965.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Balón de Ouro 1964". lequipe.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2009. Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Balón de Ouro 1965". rsssf.com (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Нереальный" (en ruso). 17 de xullo de 2019. Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Чемпионаты Чемпионат СССР 1969 16 сентября 1969 (вт) Динамо (Москва) - Торпедо (Москва) 4:2" (en ruso). 2 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de maio de 2022.